Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel

A Confederación Intersindical Galega conmemora este 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, coa convocatoria de manifestacións en todas as comarcas do país, baixo o lema “Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel”.

Na actualidade, no momento histórico de maior capacidade tecnolóxica, produtiva e de avances científicos, da máis alta posibilidade para producir alimentos e da máis elevada creación de riqueza, xustamente agora é cando a humanidade está mais ameazada no seu desenvolvemento e reprodución. O modelo económico é destrutivo co medio ambiente e os recursos naturais, máis da metade da poboación do planeta está en situación de pobreza extrema e máis de 3 millóns de persoas morren ao ano por falla de alimentos. A riqueza que crea a clase obreira co seu traballo está concentrándose en menos mans, mentres os salarios perden valor e se precarizan as condicións de traballo.

Esta é a realidade que a clase traballadora podemos ver e experimentar dende o lado máis privilexiado do sistema, dende os países que acumularon maior riqueza nos últimos séculos e aínda hoxe, entre outras razóns, pola espoliación e sometemento colonial de nacións e continentes enteiros. Agora, a poboación indíxena destes países antes colonizados e a súa clase traballadora está a ser utilizada como man de obra barata, retribuída a menos dun dólar por hora polas grandes compañías transnacionais europeas, norteamericanas ou asiáticas. Son as nosas grandes empresas, que aquí nos ameazan con trasladarse a lugares con salarios máis baratos, mentres reciben constantemente por parte dos Estados millonarias subvencións e os seus beneficios acadan proporcións indecentes e contrarias a un reparto social, solidario e xusto da riqueza.

No informe do ano 2007 a OCDE recoñece que nos oito últimos anos as empresas no Estado español aumentaron os seus beneficios netos nun 73%, máis do dobre que a media da UE, que se incrementou nun 36.6%. Pola contra, os salarios aumentaron neste mesmo período o 3,7%, cinco veces menos que na UE, que rexistrou un incremento do 18,2%. Estes resultados obedecen á política de pactos que nestes anos están asinando CCOO e UGT coa Patronal en Madrid para a negociación dos convenios, na que de xeito recorrente acordan a contención no incremento dos salarios. Por tanto o noso traballo crea unha inmensa riqueza que está sendo expropiada para engordar as grandes fortunas, e todo isto coa colaboración voluntaria e agradecida do sindicalismo español.

Mentres as empresas soben os prezos das mercadorías para acelerar as súas ganancias, provocan unha inflación que pagamos a clase traballadora, e multiplican a nosa perda nas rendas do traballo pola contabilidade do IPC, xa que este indicador prexudica aos salarios máis baixos, que en Galiza son a inmensa maioría. Polo resultado destes salarios as nosas pensións son as máis baixas do Estado.

Neste 1º de Maio, día do Internacionalismo Proletario, como clase traballadora en Galiza, debemos mobilizarnos por un novo modelo socioeconómico en beneficio da maioría da humanidade e da propia natureza. A nosa inmensa forza no noso país e a nosa contribución ao mundo debe desenvolverse dende a normalidade dun país soberano, coa nosa cultura, coa nosa lingua e coa nosa forza de traballo como principais activos da nosa riqueza como pobo.

VIVA O 1º DE MAIO

MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS

VIGO. Ás 12:00 horas, con saída da Doblada.

PONTEVEDRA. Ás 12:30 horas, da Praza da Ferrería

OURENSE. Ás 12:00 horas do Pavillón dos Remedios.

A CORUÑA. Ás 12:00 horas da Praza de Vigo

FERROL. Ás 12:00 horas da Avda. de Esteiro (diante do local do sindicato)

SANTIAGO. Ás 12:30 con saída da Praza Roxa

LUGO. Ás 12:30 horas da Ronda da Muralla (diante do local do sindicato)

A MARIÑA. Ás 12:30 horas de Arcadio Pardiñas (diante do local da CIG)

A devolución de 400€ farase en nómina

A devolución dos 400€, farase a través das nóminas do mes de Xuño e das seguintes ate o mes de Decembro.

Neste sentido compre dicir que a primera parte do abono desta cantidade, farase coa nómina do mes de Xuño por un importe máximo de 200€, pero isto NON SIGNIFICA QUE TODOS/AS COBREMOS 200€ MÁIS, porque a cantidade que nos devolvan estará en función da cantidade de retención de IRPF que figure na nómina de cada un, xa que, por exemplo, si alguén lle reteñen por este concepto 100€/mes, no pode cobrar 200€, xa que a retención nunca pode ser negativa.

A partir do mes de Xuño e nas nóminas dos meses de Xullo, Agosto, Setembro, Outubro, Novembro e Decembro, haberá unha redución paulatina da cantidade de redución que non será igual para todos/os os/as traballadores/as. A través desta redución será a vía para percibir a cantidade que corresponda en cada caso ate chegar a un máximo total de 400€, pero repetimos, que non todo o persoal cobrará de Xuño a Decembro ese máximo de 400€. A cantidade máxima a percibir será sempre en función da cantidade de retención de IRPF que nos estean descontando da nómina mensual.

Comeza o tempo electoral en EMESA

Onte 28 de abril quedou constituída a mesa para as eleccións sindicais.

Nesta mesa se puxo como pazo para a presentación de candidaturas ate o 15 de maio.

As eleccións terán lugar en EMESA o dia 28 de Maio e os horarios de votación serán de 6:30 a 9:00 en horario de mañá e de 14:00 a 17:00 en horario de tarde , estes horarios foron escollidos en razón de que todas as quendas de traballo poidan exercer o seu dereito o voto.

Arrancou a maquinaria da CIG en EMESA

Nestas pasadas semanas escomezou a funcionar oficialmente en EMESA a andaina do noso sindicato coa elección do noso enlace sindical que non foi outro que o compañeiro Andrés Rodríguez.

Este compañeiro estase a encargar da representación dos afiliados e afiliadas da CIG en EMESA e xunto con outros do engraxe e preparación da presentación de candidatura para as xa inminentes eleccións sindicais.

E a nosa intención que o traballo de este compañeiro sirva para canalizar as inquedanzas e ideas dos traballadores de EMESA e desta forma nolas faga chegar. Para tal fin podedes poñervos en contacto con el para calquera consulta que estimedes oportuna tanto persoalmente como chamándoo o telefono 677 455 377.

Tanto Andrés como nós como sindicato vos queremos dar as grazas pola acollida que tivemos por parte dos traballadores e polo interese que mostrachedes en todo momento achegándovos tanto a el como a nos para darnos a benvida e expoñernos as vosas ideas.

Grande éxito da primeira asemblea de traballadores da CIG

En dias pasados tivo lugar a primeira asemblea de traballadores de EMESA no local que a CIG ten en Betanzos, esta reunión foi aberta a todos os traballadores e traballadoras tanto afiliados a CIG como non, nela se lles expuxo a todos os asistentes cales son os obxectivos primordiais da CIG de cara as próximas eleccións.
Despois de expoñerse diversos temas marcouse como prioridade a información a tod@s os traballadores e traballadoras de EMESA ante a falla continua da mesma que existe actualmente, a grande maioría dos traballadores e traballadoras de EMESA non se enteran ou se lles da información con contagotas das cousas que son faladas nas xuntanzas que os seus representantes teñen coa dirección da empresa.

Tamén tiveron oportunidade todos de expoñer diversos problemas que ven actualmente na empresa e de poñelos en común cos demais compañeiros, finalmente se falou do tema principal do dia que son a próxima elección de delegados e se escomezou a formar candidatura a mesma, para a cal se ofreceron moitos dos presentes e que se rematará en próximos dias con unha xuntanza de todos os compañeiros que se ofreceron para ir na lista de candidatos da CIG.

Dende a CIG temos que dar as grazas pola asistencia a esta asemblea, tanto pola cantidade de compañeiros que asistiron a mesma como pola vontade de todos tanto afiliados como non afiliados por axudar e colaborar co noso sindicato para poder mellorar as condicións de traballo en EMESA.

O proceso asembleario garante fundamental da CIG

A CIG como grupo de traballo ten para o seu funcionamento como sistema o asemblearismo, neste proceso todas as decisións son tomadas en asemblea polos seus afiliados, dende os nosos cargos de responsabilidade ata as liñas de traballo a seguir en cada centro de traballo para acadar os obxectivos que se marquen.
Este sistema fai que os nosos representantes nos comités de empresa leven adiante as propostas que previamente se toman en asemblea por parte dos nosos afiliados, acadando desta maneira que as inquedanzas dos traballadores sexan levadas directamente dende eles a os órganos de dirección das empresas.

A claridade e a transparencia son a nosa forma de traballo diario e esta se reflectirá tamén no traballo que os nosos representantes levan e levarán a cabo no seu traballo en EMESA, informando a tod@s en todo momento das propostas que levemos adiante.
Os delegados e enlaces da CIG en EMESA atenden e atenderán a calquera traballador sexa ou non afiliado a mesma pois nos traballamos non so para os nosos afiliados, senón para todos os traballadores.

Os nosos obxectivos fundamentais son a mellora progresiva xeral, individual e colectiva dos intereses dos traballadores e traballadoras e do conxunto da sociedade galega, mellora tanto das condicións laborais como da calidade de vida.

Loitamos contra toda forma de racismo, xenofobia, ou prexuízo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade, idade, lingua, relixión, opinión política, opción social, posición social ou económica, orixe étnica, nacional e cultural.

Entendemos que todas as decisións que tomemos devén ser democráticas e fomentamos a participación sindical así como nas asembleas de afiliad@s e traballador@s e que as decisións por estes tomadas son soberanas independentemente respecto de calquera organización ou institución, no que conviven distintas sensibilidades e xeitos de entender a sociedade, considerámonos unha organización transformadora.

A información, compromiso fundamental da CIG

A CIG marcouse como compromiso fundamental a información continua a os traballadores. Información de todas as cousas que afecten tanto ao traballo diario dos mesmos como as condicións nas que este se desenrola, para elo nos dotaremos de todos os medios que nos sexan posibles para que esta chegue a todos e cada un dos traballadores de EMESA.

Para elo e a maiores das xa clásicas informacións que se colgarán nos taboleiros da empresa, nos dotamos tanto de este boletín impreso como do noso sitio en internet que estivo xa funcionando en probas dende hai uns meses e que ten como enderezo: www.cigemesa.blogspot.com

A información precisa 1º boletín da CIG EMESA (abril)


Preme en cada unha das paxinas para agrandalas.

Descarga este voceiro en PDF premendo aquí