A CIG gaña as eleccións en EMESA na primeira ocasión que presenta candidatura


A CIG gañou as eleccións sindicais en EMESA, empresa especializada en estruturas metálicas radicada en Coirós, ao conseguir 6 delegados, fronte aos 4 obtidos por CCOO e aos 3 de UGT. Os presentes resultados adquiren unha especial relevancia para a central nacionalista ao tratarse da primeira ocasión en que presenta candidatura.

A CIG gaña as eleccións sindicais en EMESA

A CIG gañou as eleccións sindicais de EMESA obtendo mais do 56% dos votos da sección de operarios case que duplicando a segunda forza que obtivo un 29%.

No global de operarios e tecnicos obtivo case que o 47% dos votos obtendo a maioria dos delegados.

O reparto de votos e delegados quedou como amosan os cadros que podedes ver aquí:

Preme nos cadros para agrandalos

28 de Maio elección de delegados ao Comité de Empresa de EMESA

Este 28 de maio os traballadores e traballadoras de EMESA estamos chamados a votación dos que serán os nosos representantes no Comité de Empresa para os próximos 4 anos.

Votar os teus representantes no Comité non e so unha garantía de que os teus problemas como traballador na empresa serán atendidos e as túas propostas escoitadas senón que marcará un novo comezo para a forma de enfocar a representación sindical dentro da empresa votar unha candidatura como a CIG dentro destas eleccións non e so unha mostra de inconformismo coa forma que ate o de agora se veu facendo a túa representación senón que a asistencia a esta votación maracará a diferencia entre unha forma ou outra de levar este Comité de Empresa, como todos sabemos aínda que no pasado non se respetara as maiorías son as que marcan o camiño a seguir e a liña que levará o comité que saia das próximas elección, por esta razón o acudir a mesa de votación todos poderemos asegurar que esta liña cambie ou non .

Dende a Sección sindical da CIG en EMESA estamos certos da nosa entrada no Comité de Empresa, esta apreciación sabemos que e compartida por todos os traballadores de EMESA, pero esta entrada pasa por acadar o maior numero de votos para así acadar un numero de delegados suficientes para realizar este cambio de forma real e non so no feito de achegarvos información todos os meses, senón no de poder cambiar moitas cousas na forma de levar este comité, a CIG ten intención de poder refacer este creando un comité dialogante tanto cos traballadores como coa empresa, un comité que faga fincapé na solución de problemas e non no traslado dos mesmos os traballadores, o Comité non pode crear enfrontamentos ficticios entre os traballadores xa que os nosos problemas son os mesmos, sabemos que a unión de todos e o unico fin e o maior traballo que pode ter este.

O voto a CIG e un voto de cambio evidentemente, pero este cambio, sabemos que non vai ser instantáneo nin doado o cambio ten que ser progresivo e se acadará con moito traballo e esforzo persoal por parte dos delegados que formen o comité.


No anterior voceiro o que foi o numero 3 da CIG dende a súa constitución como sindicato dentro de EMESA vos expuxemos cales eran os nosos compromisos con vos , todos eles os levaremos adiante sexa cal sexa a composición do futuro Comité.

Un voto maioritario a CIG supoñerá que estes cambios se poidan facer de forma efectiva en un prazo de tempo relativamente curto, considerar que xa son suficientes os apoios que temos e caer en un erro pois cada voto conta e un voto pode supoñer un delegado menos.

Cada voto e importante individualmente, e este 28 de maio non podes esquecer exercer este dereito e fundamental para os teus intereses no futuro e a forma de representalos.

Nos como CIG somos e seremos a mera transmisión das túas inquedanzas ao comité e en consecuencia a empresa, seremos portavoces dos vosos intereses como representantes vosos que somos e respetaremos cada unha das vosas decisións.

Por ti, por todos, o 28 de maio acude a votar.

Sección Sindical da CIG en EMESA

A información precisa 4º voceiro da CIG de EMESA (maio)

Rectificación de erros: En este voceiro sae por tres veces "xoves 28 de maio" onde deberia poñer "mercores 28 de maio"

Preme en cada unha das paxinas para velas en grande.

Descargao en PDF premendo aquí.

O noso compromiso cos traballadores

A CIG presentase en EMESA por primeira vez as eleccións para os delegados no comité de empresa, este feito non pasa desapercibido a ninguén na empresa e fainos tomar conciencia da importancia de esta candidatura , que se presenta con novas forzas e nova xente para levar adiante, debater e na medida do posíbel solventar moitos dos problemas que os traballadores temos na empresa e como non para axudar a que o funcionamento da mesma sexa mais dinámico e acadar así que o noso entorno de traballo e os nosos traballos melloren dia a dia.

Este feito non e impedimento para o normal funcionamento da empresa, pretendemos aportar solucións non facer fincapé en problemas, pretendemos que o noso traballo diario camiñe cara o obxectivo de crear xunto coa dirección da mesma un mellor entorno de traballo, uns traballadores mais unidos e o incremento de melloras sociais no noso entorno laboral redundarán nunha maior productividade e un incremento da satisfacción dos traballadores tanto cos seus empregos como con todo o que o redor deles se move.

Sabemos que esta e unha tarefa difícil e longa pero asumímola con total normalidade e con gañas de traballo, non con queixas e desconfianzas, creemos que co noso traballo diario podemos acadar co tempo moitas melloras, sabemos que as horas sindicais que nela se nos dan non son moitas pero demostraremos que o incremento das mesmas non será mais que un incremento nas melloras que podemos aportar, ningún delegado que saque a CIG empregará esas horas sindicais para si, senón para o traballo por todos que debe de desenvolver, delo daremos conta nas nosas informacións xa habituais a dia de hoxe.

Informaremos puntualmente de todo canto traballo desenvolvemos dentro da empresa e fora dela, facendo así que as incertidumes que a dia de hoxe temos todos por causa dos bulos que pola mesma circulan habitualmente despois de reunións do comité deixen de ser bulos e se informe realmente de todas as cousas que nos afectan.

Axudaremos na medida do posíbel a todos os traballadores da empresa sen ter en conta rangos nin pertenza a unha ou outra central sindical así como a todos os que non estean afiliados a ningún sindicato, estamos abertos a que calquera traballador se achegue a calquera dos nosos delegados para plantexarlle os problemas ou inquedanzas que teña, e tentaremos informalo ou axudalo se está na nosa man.Estaremos abertos o dialogo con todas e todos os representantes dos traballadores para acadar melloras para os mesmos, a nosa función e unir a os traballadores para entre todos acadar melloras para nos e para a propia empresa.

Sabemos que aportando solucións podemos crear un mellor entorno de traballo, e para elo nos reuniremos habitualmente e faremos asembleas tanto para os nosos afiliados como para o conxunto dos traballadores da empresa, onde nos poderán plantexar problemas e solucións que poñéndoos en común farán que mellore o noso entorno de traballo.

Respetaremos fielmente os dictamens que os traballadores tomen en asemblea, sen manipulacións e con transparencia democrática esa e a nosa única forma de traballo, consideramos que as asembleas de traballadores son a mellor forma de vincular e inmplicar os mesmos nos seus empregos e melloralos.

Non entramos en EMESA para dar problemas senón para aportar solucións que melloren as condicións dos nosos empregos e da empresa.

O verdadeiro e único fin da CIG e a mellora social e laboral dos traballadores e traballadoras galegos e sabemos que co noso esforzo e a túa implicación poderemos acadalo, o camiño e longo pero xa escomezamos a andalo, axúdanos e implicate na mellora social e laboral de Galiza.

Un saúdo e grazas por confiar na CIG

A CIG acada maioría absoluta no departamento de distribución de Almacenes Casán

Temos que felicitar os nosos compañeiros da Comarca de Betanzos por teren acadado a maioria absoluta no comité de empresa de Almacenes Casán (grupo Gadisa) a CIG acadou alí 180 votos e polo tanto lle corresponden 8 delegados .

Felicidades por estes resultados que sabemos que a bo seguro supoñerán unha mellora na representación dos empregados desta empresa.

A información precisa 3º voceiros da CIG de EMESA (maio)


Preme en cada unha das paxinas para agrandalas.

Descargao en PDF premendo aquí

Candidatura CIG Metal ao Comité de Empresa de EMESA


  1. ANDRES RODRIGUEZ RODRIGUEZ
  2. ALBERTE MUIÑO NAVEIRA
  3. FRANCISCO LOUSA ANDRADE
  4. MARCOS VAZQUEZ FARIÑA
  5. JAVIER RODRIGUEZ CURRA
  6. JOSE ANTONIO PLATAS ESPIÑEIRA
  7. IVAN CASTRO RAMOS
  8. JOSE MANUEL SANTOS QUINTELA
  9. JOSE LOPEZ LAMAS
  10. JERONIMO QUINTANA CARBALLO
  11. JOSE LOPEZ FORNOS
  12. RAMON DIAZ MARTINEZ
  13. FRANCISCO J. MORANDEIRA BARCO
  14. DAVID OTERO SANCHEZ
  15. GERARDO VIQUEIRA ROJANO
  16. JOSE ANTONIO MENENDEZ DOMINGUEZ
  17. ROBERTO CARLOS JOVE LEMA
  18. SANTIAGO DOMINGUEZ PENEDO
  19. MIGUEL ANGEL VILLAVERDE GARCIA
  20. ANTONIO CRISTIAN LOPEZ FONTELA
  21. VICTOR ARES RODRIGUEZ

Fotos do 1º de maio


Preme nas imaxes para velas en grande

Cómpre máis análise crítica. ( Manuel Mera. Secretario confederal de Formación Sindical e Comunicación da Confederación Intersindical Galega ).

Cando se fala de natalidade, de manter a lingua, de desenvolver o país, mesmo de que estamos moi ben porque recibimos inmigración (esquecendo que hai un proceso de substitución, non de suma) cinicamente se agocha que a marcha de moita mocidade e as malas condicións de traballo en Galiza frean a natalidade

As cifras son dramáticas: máis de 73.600 persoas en idade laboral marchan fóra do país cada ano na procura de emprego! Son datos de 2007, cando a crise provocada pola burbulla inmobiliaria e a especulación financeira aínda non principiara. Estas cifras, frías e precisas, contrastan co optimismo que desborda a cotío unha parte do Goberno galego, en liña co que dita Zapatero. Isto tamén merece un comentario. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) rebaixa a porcentaxe de desemprego a menos do 9%, mentres que os parados anotados nas oficinas de colocación, que teñen nomes e apelidos, son máis de 160.000, ou sexa: por riba do 12% da poboación activa. Ninguén entende esta diferenza, máxime cando tradicionalmente a EPA ofreceu taxas de paro superiores ás do desemprego rexistrado. Uns datos que veñen moi ben como propaganda malia que non poden agochar a realidade.

Decote utilízase a entrada de inmigrantes como argumento engadido para demostrar que todo vai sobre rodas. Analicemos o feito migratorio. Entran uns 30.000 ao ano, tanto de retornados como de inmigrantes, e son máis que os que saen definitivamente con cambio de residencia. Porén, aínda sendo certo este dato, se lle sumamos a emigración temporal, saen máis do dobre de persoas das que entran. Destes últimos unha parte son galegos e galegas que retornan cando acadan a xubilación. Así mesmo, non se pode ignorar que marchan persoas plenamente integradas e unha parte dos que entran teñen outra cultura, polo que cómpre realizar un proceso de integración, e asemade en moitos casos sofren condicións laborais precarias e salarios miserentos... Continuar a ler.

A información precisa 2º boletin da CIG de EMESA (maio)


Peme en cada unha das paxinas para agrandalas.

Descargao en PDF premendo aquí.