IVAN CASTRO RAMOS elixido como Delegado Sindical da CIG en EMESA

Dende este venres 28 de xuño temos un novo delegado sindical dentro da Sección Sindical da CIG en EMESA, o compañeiro elixido na votación que se levou a cabo nos locais sindicais de EMESA non foi outro que IVAN CASTRO RAMOS que apartires de agora será o novo delegado sindical da CIG para calquera cousa podedes poñervos en contacto con el asi como cos outros seis compañeiros elixidos nas eleccións sindicais celebradas en maio e vos axudarán en todo aquelo que estea na sua man.
Dende a sección sindical queremos darlle a noraboa a Ivan e desexarlle que todo lle saia ben nesta nova responsabilidade que lle deron todos os compañeiros da CIG de EMESA.

Acta de constitución do Comité de Empresa 16 de xuño de 08


Preme en cada unha das páxinas para velas en grande.

Constituese o Comité de Empresa de EMESA no que a CIG levará a Presidencia e a Secretaria do mesmo

Onte as 15:30 se celebrou a primeira Asemblea do Comité de Empresa de EMESA na que se decidiron os cargos de presidente e secretario do mesmo, que quedaron nos nosos compañeiros Andrés Rodríguez como Presidente do Comité e Alberte Muíño como Secretario do mesmo.
Os cargos foron elixidos cos votos a favor dos delegados da CIG (6), votando en contra CCOO (4) e absténdose UGT (3).

Tamén se falou na mesma das diferentes comisións punto no que a CIG ofreceulles as diferentes centrais sindicais un reparto igualitario con un delegado para cada unha de elas , CCOO rexeitou a oferta aducido que os delegados da CIG eran suficientes para levar todas as comisións sós e que a única na que tiñan interese era a de seguridade na que estaban dispostos a estar.
UGT aceitou a proposta e se ofreceu a traballar en todas as comisións.
Por razón da negativa de CCOO quedou pendente a comisión de seguridade xa que a decisión que tomaran os afiliados da CIG fora un delegado para cada comisión e agora teremos que consultarlles se coa negativa de CCOO están dispostos a darlles o delegado en seguridade, nas demais comisións colaborarán CIG e UGT para o seu traballo nas mesmas quedando pendente para a próxima xuntanza neste mes de xuño a de seguridade.

Tamén se acordou levarlle a empresa unha serie de cuestións sobre a carga de traballo e os últimos despidos así como sobre o futuro da propia empresa, que se levarán na propia presentación do comité coa dirección da empresa.

A CIG aposta pola mobilización contra as pretensións da UE de ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas

A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para facer fronte a este ataque contra a clase traballadora.

A pretensión de aumentar até as 65 horas o tope da xornada semanal cuestiona o modelo da chamada “Europa social”, como definen e din defender determinados estados membros da UE, sindicatos pactistas e partidos socialdemócratas. A proposta dos ministros de Traballo é unha mostra máis do carácter neoliberal da Unión Europea, na liña do expresado no Tratado constitucional da UE e, agora, no Tratado de Lisboa.

Para a CIG resulta inadmisíbel que a Unión Europea pretenda suplantar a negociación colectiva, instrumento fundamental do que gozan os traballadores para a consecución de melloras salariais e laborais, por un modelo negociador bilateral entre o empresario e o traballador. Este pacto individual estenderíase por sectores con grandes índices de precariedade, nomeadamente, nos servizos.

O aumento da xornada semanal até as 65 horas flexibilizará e precarizará aínda máis as relacións laborais e xeneralizara as xornadas abusivas, aspecto que, ademais, aumentaría a sinistralidade, elevadísima xa de por si. Esta medida tamén dificultaría enormemente a conciliación da vida familiar e laboral. Por tanto, semella que esta é a receita da UE para paliar a crise económica e o desemprego: reducir os salarios dos traballadores e aumentar a súa xornada laboral. Por outra banda, a CIG entende que o Goberno español está a manter unha postura hipócrita nesta tema pois, mentres anuncia a súa “oposición”, se abstén na votación da reunión de ministros de Emprego da UE.

A reforma da directiva de Tempo de Traballo, que foi aprobada o pasado 9 de xuño polos ministros de Emprego da UE e que aínda ten que ser debatida no Parlamento europeo, é totalmente regresiva e excede con creces o límite de 48 horas semanais que marcara a Organización Internacional do Traballo na primeira metade do século XX e que foi mellorado nos diferentes estados grazas á negociación colectiva.

A CIG mobilizarase contra esta medida dentro da campaña que desenvolve a nivel nacional para denunciar o modelo económico capitalista neoliberal que padecen os traballadores. A campaña culminará en novembro coa organización de varias manifestacións ao longo do país.

O comité de empresa de Draka Cables encadéase durante dúas horas para reclamar unha "recolocación digna"

Os nove traballadores que conforman o comité de empresa de Draka Cables permaneceron encadeados durante dúas horas en dous silos de almacenamento de plástico situados nas instalacións da empresa, na localidade de Mos, para reclamar unha "recolocación digna" dos 100 empregados da planta, que ten previsto pechar este ano.

O presidente do comité e delegado da CIG, Alberto Míllara, cualificou de "tomadura de pelo" a última reunión mantida coa empresa, celebrada o mércores 4 de maio, na que a dirección mantivo a súa oferta de recolocación a través da empresa de recursos humanos BPI.

Neste sentido, Míllara considerou que esta proposta é "unha vergonza" xa que prevé reubicar ao persoal en postos por seis meses, co 80 por cento do salario base e en empresas ubicadas nun radio de até 50 quilómetros da actual nave de Draka. Por isto, o representante dos traballadores exixiu condicións "dignas" para os 100 traballadores, todos indefinidos, que actualmente traballan na planta.

Continuar a ler en Avantar.

Os traballadores de Rafer concéntrase para reclamar que se respecten os seus horarios

Os traballadores de Rafer, unha empresa do Metal de Vigo, comezaron a mobilizarse o venres 6 de xuño en contra do cambio de horario que lles impuxo a empresa, e que obriga a estes traballadores, que sempre tiveron dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, a realizar desde maio unha xornada partida.

Estes máis de vinte traballadores, que realizan traballos de chapa, pintura e mecánica, viron como se vulneraban os seus dereitos cando tivo lugar un cambio na xerencia, que decidiu mudar repentinamente os seus horarios e sen ningunha negociación cos traballadores.

Desde maio estes traballadores, que tiñan dúas quendas que realizaban en semanas alternas unha e outra, (de 7 a 15 h, e de 15 a 23h), pasaron a ter xornada partida (9 a 13.30 e de 15.30 a 19).

Este cambio provoca problemas de espazo tanto nos vestiarios, como nas cabinas para pintar, e é que pasaron a estar os vinte e dous traballadores ao mesmo tempo sen estar o centro de traballo habilitado para estas mudanzas.

Continuar a leren Avantar...

Convocatoria de Asemblea de afiliados da CIG de EMESA



Preme no cartaz ou no plano de situación para facelo mais grande.