Condicions de acceso a xubilación parcial dende o 1 de xaneiro do 2008

Nestes intres o conxunto dos traballadores tiñades unhas condicións para acceder á xubilación parcial que a partir do 1 de xaneiro do 2008 se modifican, por medio da lei 40/2007.

Como queda a xubilación parcial a partir de primeiro do ano?

Requisitos para acceder á xubilación parcial:

1 ° ter cumprido 61 anos de idade ou 60 anos se se tivese direito á xubilación anticipada, é dicer, ser cotizante antes do 1967.
A este requisito establecen un periodo transitorio:

Durante 2008: 60 anos
Durante 2009: 60 anos e 2 meses
Durante 2010: 60 anos e 4 meses
Durante 2011: 60 anos e 6 meses
Durante 2012: 60 anos e 8 meses
Durante 2013: 60 anos e 10 meses
A partir do 2014: aos 61 anos.

Nembargantes, se no momento de xubilar-se se acreditan 6 anos de antiguedade na empresa e 30 anos de cotización, se poderá acceder até o 2012 aos 60 anos sempre e cando o traballador que se contrate de relevo sexa indefinido.

2° Acreditar un periodo de antiguedade na empresa de ao menos 6 anos, co seguinte periodo
transitorio:

Durante o 2008: 2 anos
Durante o 2009: 3 anos
Durante o 2010: 4 anos
Durante o 2011: 5 anos
A partir do 2012: 6 anos

3° A redución de xomada sera entre un 25 e un 75%, sempre que non concurran as condicións descritas no ponto primeiro (6 anos de antiguedade e 30 anos cotizados e se contrate a un traballador de relevo con contrato indefinido) que será do 85%. Tamén neste ponto hai un periodo transitorio:

Durante o 2008: 85%
Durante o 2009: 82%
Durante o 2010: 80%
Durante o 2011: 78%
A partir do 2012: 75%

4 ° Acreditar un periodo de cotización de 30 anos, tendo en canta neste computo os periodos
correspondentes ás pagas extraordinari as, co seguinte periodo transitorio:

Durante o ano 2008: 18 anos
Durante o ano 2009: 21 anos
Durante o ano 2010: 24 anos.
Durante o ano 2011: 27 anos
A partir do ano 2012: 30 anos

5° Que o pasto de traballo que vaia cubrir o traballador relevista sexa o mesmo ou semellante ao do xubilado Oil ten que exista unha correspondencia entre as bases de cotización de ambos os dous traballadores (nunca menor do 65%)

6° Que o traballador relevista sexa contratado por un tempo igual que o que lle queda ao traballador xubilado para xubilar-se totalmente.

O traballo a quendas e o nocturno elevan o risco de sufrir un accidente ou unha enfermidade laboral

Os traballadores por quendas e os que traballan de noite teñen máis risco de sufrir un accidente ou unha enfermidade profesional, segundo os últimos estudos científicos do Instituto de Seguridade e Saúde Ocupacional (NIOSH) de Estados Unidos.

O traballo a quendas e o nocturno elevan o cansazo e multiplican os riscos de accidentes de traballo. «A miúdo, os traballadores por quendas e os traballadores de noite están cansados por causa do seu calendario de traballo. é difícil concentrarse cando unha persoa está demasiado canso e iso aumenta a posibilidade de erros ou accidentes. A tensión do traballo por quendas tamén pode agravar as afeccións de saúde, como as enfermidades do corazón e as afeccións dixestivas», segundo indica ese organismo estadounidense, un dos máis avanzados en materia de seguridade e saúde no traballo, que lamenta que un efecto negativo importante prodúcese pola mala distribución do calendario de traballo.

Entre os efectos inmediatos que provoca o traballo a quendas, atópase o sono. «Pouco despois de empezar co traballo de quendas, nótanse cambios no sono. Normalmente os traballadores de noite dormen menos; os que traballan pola tarde, máis e os que traballan de día dormen un número media de horas», segundo indica NIOSH. Neste senso, lembra que os ritmos vitais de cada persoa están precisamente espertos, xusto no momento en que os traballadores das quendas de noite teñen que durmir para descansar algo.

«O sono de día é máis lixeiro que o de noite, o que quere dicier que a persoa se esperta con máis frecuencia e non descansa en niveis adecuados», di o estudo. Os efectos directos indican que «coa perda de sono, o traballador pódese quedar durmido en momentos inapropiados, o que impide ao traballador facer a súa tarefa de forma segura e eficaz». Unha persoa que non descansa de forma adecuada sofre máis cansazo. Ese feito no posto de traballo é un problema engadido, «xa que afecta á capacidade de concentración. Non se presta a atención adecuada e, por tanto, pódese ter un accidente de traballo con maior facilidade». O estudo confirma, doutra banda, que tras unha perda de sono «é posible ter períodos breves de sono que duran varios segundos. Se pasa algo perigoso, o traballador pódese lesionar».

Ademais, algunhas investigacións que cita o NIOSH mostran que os traballadores por quendas teñen máis problemas de estómago, estreñimiento e úlceras estomacais que os traballadores que realizan o seu traballo durante o día. Por ese motivo, os estudos médicos aconsellan unha boa alimentación para conseguir que eses efectos negativos sobre o aparello dixestivo póidanse paliar.

Outro efecto negativo do traballo a quendas ten que ver cun notable incremento das enfermidades do corazón. «Notouse máis presencia de enfermidades cardiovasculares entre traballadores que realizan a xornada a quendas, que entre quen só o fan de día», constatan os estudos.

Melloras a desenvolver

O estudo considera que a principal medida para mellorar a saúde do traballador que o fai a quendas é «plantexar un calendario adecuado de traballo». Recoñece que «non é fácil», pero se pode chegar a acordos «para que o resultado do traballo sexa mellor, porque quen o realizan manteñen os ritmos vitais adecuados e non se atopan nin fatigados nin esnaquizados por ese cambio continuo dos ritmos de vida».

Os traballadores deben ter en conta que as condicións de traballo deben ser sempre seguras e é o empresario quen debe pór os medios adecuados.

CALENDARIO LABORAL 2010

Calendario Laboral 2011
CALENDARIO CIG EMESA
Calendario Laboral 2010

Guias Tecnicas do INSHT






Preme na portada de calquera das guias tecnicas do INSHT para acceder a mesma en PDF

A CIG responde

Aínda que algúns pretendan facernos crer que a CIG leva xa moito tempo a levar o Comité de Empresa, como todos sabedes estamos no mesmo dende o 16 de xuño de este ano o que veñen a ser 3 meses de traballo nos que a CIG deu contada información tanto nos seus voceiros como no seu espazo en internet do traballo que estaba e está a realizar .

Nestes tres meses se presentaron ante os traballadores tres actas de reunión do Comité de Empresa e unha de reunión coa Dirección da Empresa, resolveuse un conflito no que reclamabamos a readmisión dos compañeiros despedidos ate xuño de este ano por causa da baixa da produción na sección de estrutura, acadando que estes estean a ser chamados por parte da empresa para a posibilidade de reincorporarse a traballar na mesma así como unha desculpa por parte da dirección da empresa pola mala xestión do tema das vacacións e as quendas de traballo do mes de agosto.

No noso traballo diario pretendemos ter comprida información sobre todos os temas que afectan os traballadores de EMESA, para elo precisamos da colaboración de todos os traballadores e escoitamos a todos os traballadores para na medida do posíbel solventar as súas dúbidas sobre os temas que tratamos habitualmente así como as dubidas que poidan ter sobre os seus dereitos.

Apesares de este traballo que desenvolvamos estes meses hai determinados suxeitos que teñen como único obxectivo minar o criterio dos traballadores pretendendo que o ambiente de traballo da empresa se converta en irrespirable con metiras e bulos que o único que acadan e complicar este traballo que cada dia podemos facer por todos.

Os delegados de traballadores así como a representación sindical de estes tentan preparase da mellor forma posible para poder defender os vosos dereitos para elo tentamos asistir a cursos impartidos na CIG especialmente orientados a elo así como
en consultar no sindicato todas as dubidas que nos plantexades.
No que concirne a os cambios que na empresa se fixeron dende principios de ano evidentemente non estamos de acordo con grande parte deles, pero como sindicato a nosa labor se limita a defender que os dereitos dos traballadores sexan respetados e nese aspecto podemos dicir que determinados cambios na empresa viñeron a traer mais igualdade no que concirne ao trato que os traballadores reciben por parte da empresa eliminando parte dos privilexios que uns poucos tiñan sobre o xeral da plantilla de traballadores da empresa, isto causa que este insignificante grupo tente na medida do posible creando malestar entre a plantilla para tentar recuperar o seu anterior estatus de privilexio.

Nos próximos meses nos enfrontaremos a negociación de convenio para os próximos anos e esta ten que ser afrontada en un ambiente de tranquilidade e unidade para que as nosas reclamacións sexan escoitadas e respetadas pola empresa, as actuacións individuais serán a todas luces para desestabilizar e negarnos a todos a posibilidade de un convenio xusto e beneficioso para todos.

E o desexo a CIG que a unidade sindical non sexa dinamitada polos intereses particulares que nada teñen que ver co ben común para os traballadores.

A CIG avalía os novos datos de desemprego como a “consolidación da progresión da crise”

Logo de coñecer os novos datos sobre a situación do desemprego, nos que se reflicte que o paro subiu en Galiza no mes de agosto un 2,09 por cento, co que se superaron as 150 mil persoas desempregadas, a CIG realizou unha avaliación pública dos mesmos. Así, ao rematar o mes de agosto, segundo os datos do INEM, buscaban traballo no noso país 152.437 persoas, 3.119 máis ca no mes de xullo.
Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, analizaba que "estes datos amosan que se consolidan os datos de progresión da crise e que se comeza a notar como unha constante xa no desemprego, primeiro a caida do consumo, e a consecuencia diso a repercusión que ten no emprego".

Alcántara subliña que "na Galiza, aínda que a repercusión e a súa porcentaxe é menor, comparada co Estado, o certo é que o paro estrutural é maior, e a porcentaxe é algo superior ao 12%, o que nos sitúa en máis dun punto na media do Estado, sen contar tamén con que aquí moitos dos nosos traballadores e traballadoras están fora do país, e non están contabilizados como desempregados/as, porque senón estaríamos a falar dunha outra porcentaxe, moito máis escandalosa". SIGUE...Continuar a ler en Avantar (xornal dixital da CIG)

A CIG gaña por maioría absoluta na empresa de automoción Viza

O venres 27 de xuño tiveron lugar as eleccións sindicais en Viza, nas que a CIG gañou por maioría absoluta. Estes comicios eran eleccións parciais ao pasar de máis de 500 empregados nesta factoría.

Escollíanse en Viza, empresa auxiliar da automoción situada no Porriño, tres delegados a maiores polo aumento do persoal, e pasar de 500 traballadores e traballadoras. A CIG contaba xa nesta empresa coa maioría simple, mais foi a través destas eleccións parciais como conseguiría a maioría absoluta no comité.

Avaliación moi positiva

Desde a sección sindical da CIG neste centro de traballo valoran moi positivamente estes resultados e analizan que "se debe ao traballo feito desde o 2003 como forza maioritaria no comité, sempre loitando na defensa dos intereses dos traballadores".

Resultados

CIG 168 votos.................... 7 delegados

CCOO 119 votos................... 5 delegados

UGT 24 votos..................... 1 delegado

CUT 18 votos..................... sen representación

Brancos 8 votos

Nulos 1

Extraido de AVANTAR xornal dixita da CIG

Acta do Comité de Empresa do dia 10 de setembro de 2008


Preme en cada unha das páxinas para velas en grande.