A información precisa, voceiro numero7 da CIG (febreiro 09)



Páxina 1 ----------- Páxina 2 ------------- Páxina 3 ----------- Páxina 4



Páxina 5 ----------- Páxina 6 ------------- Páxina 7 ----------- Páxina 8

Fai clic en cada unha das imaxes para facelas máis grandes

Descargao en PDF premendo aquí.

Continúa con éxito a folga dos traballadores e traballadoras de Celsa Atlantic

O segundo día da folga dos traballadores e as traballadoras de Celsa Atlantic, en A Laracha, volveu ser un éxito cun seguimento do 100% do persoal. A través do paro, o conxunto dos operarios/as quere reivindicar o inicio dunha negociación co obxectivo de acadar un pacto de empresa que os achegue ao convenio vixente en Laminaciones Arregui, quen recentemente absorbeu a fábrica coruñesa de Celsa Atlantic.

Os traballadores en folga de Celsa Atlantic demandaron a negociación dun convenio xusto, ás portas da fábrica de A Laracha.

O Presidente do Comité e delegado da CIG, Antonio Rodríguez, reiterou que a dirección de Celsa non amosou ningunha vontade negociadora, a pesar dos intentos por parte do Comité, e logo de que o pacto de empresa finalizara en decembro do ano pasado, “mesmo sen negociarse cuestións que estaban programadas”.

“Existe un pacto de empresa que non se cumpre, o que pedimos é que se actualice conforme ao novo convenio vixente en Arregui, o problema é que non se chegou a acordos nin parece que haxa posibilidade de comezar nunha negociación para ir entrando neste convenio”, explica Rodríguez.

Pola súa banda, a dirección da empresa escusa a súa actitude asegurando aos traballadores/as que non ten a obriga de aplicar o convenio vixente na fábrica de Vitoria. “Un dos problemas é que economicamente falar dun calendario laboral suporía a necesidade de crear un número de postos de traballo moi importante, que a empresa non está disposta a asumir”, indica o Presidente do Comité.

Outro dos puntos no que puxo especial énfase o presidente do Comité, e co que a dirección da empresa pretende xogar ao seu favor para limitar as reivindicacións do persoal, refírese á porcentaxe de contratación indefinida que hai na fábrica de A Laracha. Se ben é certo que existe un número elevado de traballadores e traballadoras fixos, non o é menos que as condicións deste persoal foron herdadas da antiga Siderúrgica Añón e non son froito dunha política de estabilidade laboral elaborada por Celsa Atlantic.

Neste senso Antonio Rodríguez explicou que actualmente existe un taxa importante de contratación a través de ETTs, chegándose a rexistrar 1.500 horas mensuais de traballo desenvolto por este persoal.

Ruptura dos servizos mínimos

Na tarde de onte, 18 de febreiro, a dirección de Celsa comunicou aos folguistas que se atopaban na fábrica que unha empresa de mantemento ía entrar nas instalacións, rompendo deste xeito os servizos mínimos pactados e chegando a ameazar aos piquetes co despedimento se intentaban frear a entrada do servizo de mantemento.

A CIG gaña as eleccións sindicais nos talleres de Montajes Cruz, S.L. de Ferrol

A CIG-Metal vén de gañar as eleccións sindicais nos talleres que a empresa Montajes Cruz, S.L. ten no polígono da Gándara, en Ferrol, celebradas o pasado 19 de febreiro. Os representantes dos traballadores elixidos deberán agora abordar coa dirección da empresa unha proposta de modificación de horarios laborais.
logo CIG Metal

O proceso electoral, no que se escollían 3 delegados de persoal, rematou co seguinte resultado:

CIG-Metal: 2 representantes
USTG: 1 representante


Segundo explicou o secretario comarcal da Federación do Metal. Emilio Fernández, os recentemente elixidos representantes dos traballadores teñen enriba da mesa unha proposta da dirección da empresa para modificar os horarios de traballo.

Fernández sinala que esta decisión empresarial foi a que motivou aos traballadores a dotarse dos representantes legais que lle corresponden “e que deben defender os seus intereses colectivos”, xa que dende a dirección de Montajes Cruz indicaran que deixarían aparcado este conflito até que non se elixise a representación legal.

Comezan as negociacións do convenio colectivo

O pasado dia 9 de febreiro tivo lugar a presentación da plataforma de Convenio Colectivo coa dirección da empresa na que se acordou que as xuntanzas para a negociación terían lugar todos os mércores as 11:30 na sala de xuntas do Comité de Empresa, e de salientar que dita xuntanza xa debería de terse producido a finais do mes de xaneiro foi retardada pola Dirección da Empresa polo feito de que Lino Fojo, Director de xestión de Recursos Humanos de Isolux Corsán quería asistir a mesma.

Finalmente esa asistencia non se produciu, cousa que lle foi recriminada a Empresa xa que a xuntanza nos termos que se fixo o dia 9 podería ter sido dúas semanas antes e desa maneira xa se terían iniciado as negociacións, nesta xuntanza outro dos puntos que se mirou foi o de quen sería o secretario da mesa de negociación, propoñendo o Comité de Empresa a Juan Naveira e aceptando esta proposta a Dirección da Empresa.

A Dirección da Empresa desestimou xuntarse o mércores 11 xa que precisaba polo menos de unha semana para “estudar” a proposta do Comité de Empresa e solicitou que a xuntanza tivera lugar o seguinte mércores dia 18 ao que o Comité de Empresa accedeu.

Na xuntanza que tivo lugar o mércores dia 18 a Empresa a palabra mais salientable da mesma foi “non”, iso si dito este de moitas maneiras diferentes.
A proposta mais salientable por parte da empresa foi a da cuarta quenda de traballo o que foi respostado por parte de todos os representantes dos traballadores dicíndolle ó Director de Recursos Humanos que esa proposta non era admisible e que tal proposta nin se negociaría.

Despois de isto a parte Empresarial repetiu varias veces que na situación actual este Convenio non era admisible aseveración que foi respostada polo Comité explicándolle que a perda de poder adquisitivo que tiveran os traballadores o ano pasado non se vira compensada pois o IPC interanual que mostrou o goberno non era un IPC real y con elo os traballadores viran mermado o seu poder adquisitivo, dito isto se lle pediu que a empresa mostrara as súas propostas, empezando a mesma a comentalas artigo por artigo.

En liñas xerais son as seguintes:

Pediu un convenio por dous anos 2009-2010

Negouse a indemnización por eventualidade ante o despido de 16 dias por ano traballado.

Negouse a redución da xornada anual e propuxo os dous anos a mesma que temos ata agora.

Negouse ao plus de Asistencia e Puntualidade.

Negouse ao plus de locomoción.

Negouse os 21 mais tres dias de Nadal e a indemnización por non poder disfrutar as vacacións cando as tes pedidas e propuxo que as mesmas sexan disfrutadas 50% en verán e 50% en inverno.

Negouse o 5% de incremento salarial e propuxo un 2% sen revisión o 2009 e IPC previsto con revisión para o 2010.

Chegados o artigo 31 a empresa pediu poder continuar a xuntanza e as súas propostas o seguinte mércores dia 25 o que o Comité accedeu e deu por rematada a xuntanza de ese dia.

Noticias de Galicia faise eco do comunicado do Comité de Empresa

Noticias de Galicia se fixo eco das queixas dos traballadores de EMESA na sua edición dixital.

Accede dende aqui a publicación da nota do Comite en Empresa en Noticias de Galicia.

Visita dende o enlace esta publicación que nos achega a diario as novas do pais, que tiveron a deferencia de darnos o seu apoio con unha nota de contestación o correo que lles enviou o Comité de Empresa.

ESTIMADOS AMIGOS SUBIMOS A VOSA NOTA DE PROTESTA NA NOSA PÁXINA DE CORUÑA E PROVINCIA. NESTES DIFICILES TEMPOS VOS ENVIAMOS O NOSO APOIO E VOS DESEXAMOS SORTE.
UN SAÚDO CORDIAL

José Manuel Campelo Rosales
noticiasgalicia.com




Preme na imaxe para facela mais grande.

A nota de prensa do Comité de Empresa no Ideal Gallego

O xornal El ideal Gallego fixo eco da nota de prensa do Comité de Empresa do dia 16 de febreiro e sacao reflexado tanto na sua edición impresa como na que ten na rede dentro da sección area metropolitana.

Accede a edición dixital de El Ideal Gallego




Preme na imaxe para facela mais grande.

Nota de prensa do Comite de Empresa ante os últimos despidos

O comité de Empresa de Elaborados Metálicos EMESA SL quere facer publico o malestar que existe entre a plantilla da empresa polo despido de dous compañeiros e a afirmación da mesma de mais despidos nos próximos dias, estes despidos son xustificados por parte da Dirección de EMESA coa baixa do traballo da sección de estrutura, diante de esa afirmación o Comité de Empresa so pode dicir que estos despidos non son xustificables, pois EMESA está a subcontratar moitas das obras que ten en carteira a outras empresa.

Este tipo de movementos responden sen dúbida a intención de ISOLUX CORSAN e da Dirección de EMESA de paralizar a sección de estrutura.

As obras feitas por EMESA adquiriron fama internacional por levar adiante algún dos proxectos mais complicados do arquitecto Santiago Calatrava, obras como O Turning Torso de Suecia, a estación de Lieja en Bélica, a Cidade das artes e das Ciencias de Valencia, e moitos outros de este arquitecto, así como moitas outras obras entre elas a Ponte de Rande que saiu dos talleres de EMESA.

Isto demostra sobradamente a profesionalidade da plantilla de esta empresa.

A mala ou nula xestión que están a facer o grupo ISOLUX CORSÁN asi como a dirección de EMESA está a deixar a sección de estrutura sen traballo, enviándo este a outras empresa para xustificar o peche de esta sección.

EMESA está a entregar traballos que non pasan os controis de calidade que pasan os realizados na propia factoria de Coirós e que non son feitos na mesma, estes traballos requiren de reparacións de última hora para poder pasar os controis de calidade dos nosos clientes, demostra esto último as reparacións que se fan en moitas das pezas feitas fora de EMESA en portos como o de Ferrol ou as reparacións a pe de obra que os nosos compañeiros de empresa están a facer en Orán (Arxelia) neste mesmo intre, esto tira por terra a imaxe da empresa e en consecuencia a dos profesionais que aquí traballamos, con elo están a tentar a paralización desta sección que lle deu renome internacional a EMESA para fins que escapan a os intereses da propia empresa e entran nos da mais pura e dura especulación.

O Comité de Empresa parou a realización de horas extraordinarias en protesta por estes despidos e dos que poidan vir próximamente, asimesmo solicita da dirección que se escomece a cargar de traballo a esta sección traendo para a factoría de Coirós as obras que se están a subcontratar, pois non aceitará que se especule dende o grupo ISOLUX CORSAN nin dende a propia EMESA cos postos de traballo.

O corte de horas extraordinarias será o primeiro paso pero o Comité de Empresa non desbota continuar coas súas protestas con outras accións para a defensa dos postos de traballo da empresa.



Preme na imaxe para ver as imaxes a mais tamaño.

Dous compañeiros despedidos na sección de estrututa

Este xoves foron despedidos dous compañeiros da sección de estrutura coa desculpa por parte da empresa de que non hay traballo na mesma.

E coñecido por todos que EMESA está a subcontratar obras a outras empresas polo tanto nin o Comité de Empresa que se pronunciou pedindo a non realización de horas extraordinarias, nin a CIG están dispostos a que esto se convirta en unha maneira incuberta de mermar a plantilla de EMESA, se esta e a actitude da empresa cara os traballadores vai a ter e terá a CIG enfronte.

Nos artigos que vos reflexamos aquí podedes ver como ate hay pouco se lles enchia a boca falando de estructura e a sua capacidade de producción e agora por maniobras tacticas por parte de do grupo Isolux Corsan e da dirección de EMESA, están a tentar a paralización desta sección que lle deu renome internacional a esta empresa para fins que escapan a os intereses da propia EMESA e entran nos da mais pura e dura especulación.


Preme nas follas para velas en grande

O Comité de Empresa acorda deixar de facer horas extraordinarias por razón dos ultimos despedimentos


Preme na imaxe para vela en grande

Concentración o luns 9 de febreiro ás 10 na entrada principal do Hospital Meixoeiro do persoal de limpeza e mantemento

O luns 9 de febreiro ás 10 da mañá no hall principal do hospital do Meixoeiro de Vigo, concentrarase o persoal de limpeza e mantemento deste centro hospitalario, adscrito ás empresas Valoriza e Isolux Corsan Servicios s.a. Esta é unha das primeiras mobilización, destes traballadores que repetirase de non modificarse a situación actual, o comezo da folga indefinida está fixado para o 23 de febreiro.
Isolux 05/02/2009

Os traballadores de Isolux concentraronse o xoves 5 de febreiro ás dez da mañá para denunciar o incumprimento do seu convenio, e que contou cunha moi alta participación.

Motivos da convocatoria

Os motivos da convocatoria da concentración do luns é o incumprimento do convenio colectivo en materia de salarios e de antigüidade, asi como a deixadez da empresa á hora de substituir as baixas por I.T. e vacacións durante meses, deixando o servizo baixo mínimos.

Desde o mes de xullo do 2008 estes traballadores están a reclamar estes conceptos sen obter resposta por parte de Valoriza e Isolux. As xuntanzas coas empresas "pospoñense día tras día xa que tanto lle ten o que fagamos, a folga non lles importa, xa que o único prexudicado é o Sergas, e o que nos din é que non somos unha unidade produtiva".

As centrais sindicais que convocan estas mobilizacións son UXT, CIG e CCOO, como únicas organizacións con representación entre os máis de 150 traballadores e traballadoras do persoal de limpeza e mantemento deste centro hospitalario.

A CIG de EMESA leva adiante unha campaña que leva como lema "respeto polos traballadores"

Despois dos incumplimentos continuados por parte da Dirección da empresa tanto no tocante a os 29 compañeiros que tiñan que pasar a ter contrato indefinido,como o compromiso da mesma na contratación dos compañeiros que foron despedidos ate xullo do ano pasado e que sabemos que non todos foron chamados apesares de que dende entón houbo moitas contratacións, da falla de saude laboral dentro do taller no tocante a acumulación de gases no ambiente a pesares de ter unha sentencia xudicial na se obriga a empresa a instalar na factoria un sistema de extracción para a eliminación dos gases producidos pola soldadura, arco aire, etc..., todo elo sumado a presión que están a soportar os compañeiros que traballan na sección de eólico os que se lles chegou a suxerir que entraran media hora antes e sairan media hora despois para que as máquinas non pararan de funcionar, indo esto contra a xornada laboral do traballador que e de 8 horas e non 9, cousa que xustificaron co conseguinte "lles serán pagadas como horas extra". Como se pode suxerir que serán horas extra cando acto seguido se lle consulta a cada un por parte de un xefe de sector e se lles pide xustificación da sua negativa a facelas.
As horas extras son voluntarias en ningún momento se pode preguntar a razón pola que non se queren ou poden facer de igual maneira que non se pregunta porqué se queren facer todo elo sumado o ambientede crispación que xera dentro dos traballadores as decisións que dentro da dirección se toman e que lles afecta.

Desviación de traballo a subcontratas cando os traballadores de estructura reciben o traballo a contagotas e por riba a nefasta execución das pezas que levan a cabo algunhas subcontratas tirando polo chan a experiencia e ben facer que os traballadores de EMESA levan a demostrar perante decadas na fabricación de estructutras e que lle deron fama e renome internacional a EMESA neste eido.

En definitiva despois de todas as mentiras e os incumprimentos de acordos a CIG leva adiante esta campaña que ten como lema respeto polos traballadores que continuará con outra edición de un cartaz co lema "que non nos utilicen, respeto polos traballadores", e se extenderá con outras acciónso longo das próximas semanas.

“Os que provocaron esta crise son quen teñen que pagala” ( Suso Seixo - Secretario Xeral da CIG )

A CEOE solicitaba, hai pouco máis dunha semana¸ a suspensión temporal do libre mercado para afrontar a crise. Tras daquela sorpresa regresaban esta semana á súa dialéctica habitual demandando unha vez máis abaratar o despedimento e moderar os salarios. Propostas ás que se sumaba o propio Banco de España, que incluía ademais eliminar as cláusulas de revisión salarial ou acelerar procesos de privatización e liberalización de sectores como o de Servizos. Entre mentres, a crise comeza a afectar a Galiza sen que se estean a adoptar medidas para que a súa repercusión na clase traballadora sexa mínima. Suso Seixo analiza nesta entrevista a actual situación e adianta a posta en marcha dunha campaña da CIG que comezará xa a principios do mes de outubro.
Suso Seixo, secretario xeral da CIG

Como avalía a CIG a proposta do Presidente da CEOE de flexibilizar aínda máis o mercado laboral?

Este tipo de propostas da CEOE son as habituais tanto en momentos de crise como en momentos de expansión económica. Levan defendendo o abaratamento do despedimento e a moderación salarial desde os pactos da Moncloa do ano 77. Pero son propostas que nin melloran a situación económica nin a competitividade da economía. O que mellora, fundamentalmente, é a marxe de beneficios das empresas. Nós somos totalmente contrarios e apostamos por outro tipo de medidas que xa temos explicitado e que non teñen nada que ver co que estes señores propoñen.

Porén, desde a CEOE si escoitamos unha proposta novidosa, facer unha paréntese na economía de libre mercado até que se supere a crise. Como a interpreta a CIG?

Mentres lles foi ben aos empresarios, a CEOE defendeu as políticas neoliberais e o argumento de que a economía de libre mercado era a mellor. Agora que asistimos ao seu fracaso, queren recorrer a medidas proteccionistas e ao erario público para que financie as súas perdas ... Está totalmente inxustificado e non compartimos ese tipo de decisións. Somos claramente contrarios á economía de libre mercado e vimos denunciando desde hai moito tempo as consecuencias deste modelo para a clase traballadora. Un modelo económico baseado na especulación, á marxe da economía produtiva e que fomentou o consumo favorecendo o crédito. Non se trata de falar dunha paréntese na economía de libre mercado, o que queremos é que se fale dun cambio estrutural, de modelo porque este xa vemos a onde conduce.

Propostas similares ás da CEOE fíxoas tamén o Banco de España.

Maior flexibilidade do mercado, contención salarial e eliminación das cláusulas de revisión salarial, esas foron as propostas feitas desde o Banco de España. É realmente escandaloso que o Presidente dunha institución financeira veña exixindo medidas que supoñan recortes nos dereitos laborais, máis cando son eles os verdadeiros responsábeis da crise económica que aínda agora comezamos a padecer. Paréceme unha inmoralidade por parte deste señor e desta institución e un insulto para todos os traballadores e traballadoras que, como consecuencia desta crise financeira, están xa ou van ir ao desemprego. Paréceme provocador e escandaloso que se atrva sequera a propor novos recortes nas condicións laborais como propostas para saír dunha crise económica da que son corresponsábeis.

Tamén hai voces desde a dereita, no estado español, que defenden a aplicación das mesmas medidas que se está aplicando nos EEUU: cartos públicos para rescatar ás entidades privadas.

Eses son os mesmos que non hai tanto tempo defendían o modelo neoliberal como o modelo ideal e mantiñan unha oposición total ao intervencionismo do estado na economía. Curiosamente agora, cando o modelo fracasa e están en creba moitas entidades financeiras, agora si recorren a que papá estado lles solucione os problemas. Pero temporalmente, para despois, cando volvan as vacas gordas, recuperar a liberdade e así poder seguir especulando e gañando todo o que queiran. Somos completamente contrarios a ese tipo de medidas. Parécenos que de haber intervención pública ten que ser para ir á nacionalización do sector financeiro. É evidente que o frcaso na xestión destas entidades de xestión privada ten moi graves consecuencias para a economía. Por iso, o normal sería nacionalizalas para que haxa unha xestión rigorosa dos recursos económicos. É máis, haberá que preguntarse se se destinan recursos públicos para a compra de activos e impedir que esas entidades vaian á creba, de onde van saír? O máis probábel é que se recorra á vía do incremento dos impostos indirectos, á redución do gasto social, á privatización de sectores públicos... máis medidas liberalizadoras para un modelo neoliberal que vemos que fracasou.

As medidas económicas presentadas polo goberno do estado español son as adecuadas?

Hai algunhas positivas como as destinadas a fomentar o gasto en vivenda de protección social, en materia de infraestruturas, a través do ICCO abrir liñas de crédito para a pequena e mediana empresa, que é a que se vai ver máis afectada, porque as entidades privadas non van abrir esa liña de crédito nestes momentos... Pero estas medidas veñen acompañadas doutras de carácter neoliberal como a proposta de privatización da xestión dos aeroportos, de RENFE e mesmo as que virán detrás da aplicación da Directiva de Servizos que estaba pendente de transposición á lexislación española para a súa aplicación e tiña de prazo até o 2009 pero que o Ministro de Economía, Pedro Solbes, xa anunciou que tiña intención de acelerar e poñela en marcha antes de que finalice o ano 2008. Medidas que en nada van contribuír a modificar o actual modelo, que está a fracasar.

Como se observan desde a CIG as primeiras mostras da crise en Galiza?

Nestes últimos meses viñamos observando un goteo constante de despedimentos, sobre todo de traballadoras e traballadores con contratos temporais e, fundamentalmente, pola vía da non renovación. Tamén comezamos a observar un incremento do número de empresas que anunciaban o peche, sobre todo pequenas. Eramos plenamente conscientes de que esta crise ía afectar a moitos sectores porque se estaba a dar un parón importantísimo no consumo. Ademais, as entidades financeiras, dada a situación de incertidume na que están a vivir e á vista da profundidade da crise, están a limitar as liñas de crédito. Polo tanto era de prever que agora, cara final de ano, se presentaran máis expedientes de regulación de emprego e despedimentos do que adoitaba ocorrer en anos anteriores. Esa é unha realidade que se vai dar malia o optimismo do sr Touriño que durante todo este tempo estivo tratando de convencernos de que Galiza estaba nunha situación especial para enfrontarse a esta crise. Non sabemos en que baseaba esas afirmacións. No seu momento chegou a comentar que se debía ao Plano de Competitividade que asinaran con algunhas organizacións sindicais, CCOO e UGT, e coa Confederación de Empresarios. Un plan de Competitividade que ten moita filosofía pero poucas medidas concretas. Sabiamos que a crise ía chegar a Galiza con algo de atraso pero que estaba aí. A proba é que xa se empeza a falar de problemas serios en empresas do sector do automóbil, que ten un grande peso na comarca de Vigo, como Citröen, onde xa anunciaron que rematarían este ano reducindo en 100.000 unidades o número de coches fabricados, o que repercute no resto do sector da automoción.

Adoitamos falar das medidas que se adoptan desde o estado español, pero desde o goberno galego, como se podería incidir?

A política económica está en mans do goberno central, e nese sentido, a Xunta non ten moitos mecanismos ao seu dispor. Porén, cremos que si poden recorrer a maiores investimentos públicos, nomeadamente en todo o relativo ao sistema de protección social, en vivenda de protección oficial e en infraestruturas. Tíñase que abandonar definitivamente a previsión orzamentaria de déficit cero. Vai haber que endebedarse para poder afrontar esta situación de crise pola vía de incrementar os recursos públicos, no canto de reducilos. Hai medidas que dependen do goberno central, que é quen ten competencias. Desde a CIG defendemos o incremento dos impostos directos sobre o capital, sobre o patrimonio, sobre os beneficios empresariais e que se destinen moitos máis recursos a combater a fraude fiscal que se dá tanto no ámbito empresarial como no profesional. Aí é onde ten que ir a administración para conseguir recursos para poder ter medios suficientes para investimentos públicos e para intentar paliar, na medida do posíbel, esta crise económica.

A CIG anunciou xa antes do verán unha campaña centrada na crise, cando se porá en marcha?

Entraremos de cheo na campaña na primeira quincena de outubro e nesta nesta etapa inicial rematará con manifestacións en todas as comarcas para o día 13 de novembro. Vai centrada, fundamentalmente, na denuncia deste modelo capitalista neoliberal, das graves consecuencias que ten para a clase traballadora, da necesidade de loitar por un modelo económico e social novo e de exixir medidas para paliar esta situación de crise que non vaian en prexuízo da clase traballadora. Os que teñen que pagar esta crise son os que a provocaron: o capital financeiro e o capital transnacional. Demandaremos ademais a posta en marcha dunha serie de medidas en materia de negociación colectiva, de políticas fiscais, socias, económicas... que daremos a coñecer nos próximos días.

Plataforma de Negociación EMESA

O dia 9 de Xaneiro foi refrendada a plataforma de negociación que presentou o Comité de Empresa para a negociación coa mesma.

Podes descargala en formato PDF premendo na imaxe de abaixo.

Convenio EMESA

Os traballadores do metal volven solidarizarse cos seus catro compañeiros xulgados por defender o cumprimento do seu convenio

Desde primeira hora da mañá volvían de novo os traballadores do Metal participar dunha nova xornada de folga en solidariedade cos catro traballadores do sector, que ían ser xulgados nesta data pola folga do 2007, para que se cumprira e respetara o convenio. Desde os centros de traballo volvían realizarse marchas, que se xuntaban ás nove da mañá na Praza do Rei, e continuaban en manifestación polas Camelias até os Xulgados. Fronte ao edificio no que tiña lugar este proceso xudicial concentráronse estes folguistas até que rematou pasada a unha da tarde o xuízo.

Nova xornada de paro xeralizado no sector do Metal na comarca de Vigo, que tivo un importante seguimento nas zonas industriais e que foi moi maioritario no naval. De novo, desde as sete e media da mañá os traballadores do sector xuntábanse nas portas dos estaleiros e nas principais zonas industriais. Desde as zonas dos estaleiros de Vulcano e Barreras sairon en marcha até a Praza do Rei, onde se lles unirían máis traballadores que proviñan doutros piquetes.

Manifestación até os Xulgados

Asi, en manifestación polo Paseo das Camelias volveron ser milleiros os traballadores que participaban desta mobilización, e que se concentraban pouco despois das dez da mañá fronte aos xulgados.

Desenvolvemento do proceso xudicial

Na sala nº1 do Penal tiña lugar o xuízo contra estes catro traballadores, no que se volveu demandar a "libre absolución" destes compañeiros. É de salientar as contradicións nas que entraron os policias nas súas declaracións neste xuízo, asi como a sorpresa que supuxo que finalmente se personara neste proceso xudicial o concello de Vigo reclamando 19 colectores, pero sen apresentar ningún tipo de peritaxe ao respecto.

Fontes xudiciais sinalan que o máis probábel é que a sentenza deste xuízo non sexa pública até dentro dun mes.

Asemblea ao final do xuízo

Ao remate deste xuízo, tivo lugar unha asemblea fronte aos xulgados, na que interveu Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal e na que sinalou que"é importante que continuemos atentos, porque agora o xuízo quedou visto para sentenza, e atentos, porque neste ano temos negociación do convenio provincial".

Malvido lanzou unha mensaxe tanto para os traballadores e traballadoras presentes como para os empresarios:"esta convocatoria de folga non foi un fraude de lei, e a convocatoria si que era para estar aqui hoxe cos catro compañeiros, porque todos nos estabamos a sentir xulgados e no banco de acusados, e non é fraude de lei porque a patronal sabe que os maiores incumpridores do convenio son eles, e a ver cando dunha vez por todas temos a algun deses incumpridores e estafadores sentados no banco de acusados".

"Imos pelexar polo convenio"

Malvido adiantou que "queda por diante un ano complexo, unha negociación complicada , e aínda que é certo que hai crise, pero non é menos certo que esta crise non a xeramos os traballadores, e imos pelexar como sempre, e teremos que estar na rúa outra vez para pelexar por un convenio digno".

Solidariedade de Cándido e Morala

Cándido Gónzález, traballador da Naval Xixón e membro da Corrente Sindical de Esquerdas de Asturies, participou tamén nesta asemblea final e amosou a súa satisfacción "por compartir esta xornada de loita contra a represión", e subliñou que "isto é un exemplo de solidariedade e asi é como se debe de loitar". Cándido engadiu que "en Asturias temos os mesmos problemas , porque a clase obreira estamos a ser vítima da represión por loitar contra un sistema fracasado, e póñennos condenas por defender os nosos dereitos, e a nós condenáronnos a tres anos de prisión, ao compañeiro Morala e a min, que tamén está aqui, e grazas á solidariedade e á loita na rúa en vinte días tiveron que poñernos en liberdade. Ese é o exemplo a seguir, o apoio solidario da clase traballadora cara calquera compañeiro que vaia ser xulgado é moi importante, porque se queren xulgar a un que nos xulguen a todos".