4.000 persoas maniféstanse en Ferrol para esixir o levantamento do veto político a antiga Astano

A CIG, que participou na convocatoria coa súa propia faixa, defende a necesidade dun sector naval galego público.

Preto de 4.000 persoas participaron o pasado sábado 27 de marzo na manifestación convocada pola plataforma Rumbo21 contra o levantamento do veto político á antiga Astano. A CIG, que apoiou a convocatoria, tamén tivo unha presenza destacada na mobilización, portando unha faixa propia na que se demanda o levantamento do veto e se defende a necesidade de consolidar un sector naval galego e público. O escritor Manolo Rivas foi o encargado de dar lectura ao manifesto final na Praza de Armas de Ferrol, onde reivindicou “unha nova primavera naval”.

Baixo as consignas “O veto a Astano que remate este ano” ou “queremos producir, queremos vivir”, a marcha saía pouco despois do mediodía do sábado dende o Peirao de Curuxeiras de Ferrol, arroupada pola presenza de numerosos/as representantes de colectivos sociais, políticos e sindicais, así como por multitude de cidadáns/ás que quixeron amosar o seu rexeitamento a un veto que supuxo o abandono da construción de barcos no estaleiro de Fene e o decaemento das instalacións de Perlío.

A CIG, que apoiou dende o primeiro momento a convocatoria, tivo unha presenza destacada na mobilización coa participación do Secretario Xeral, Xesús Seixo, quen ía nas faixas da cabeceira, o Secretario Nacional da Federación do Metal, Miguel Malvido, así como diversos membros da Executiva Confederal. De igual xeito, a dirección comarcal da CIG de Ferrol participou na manifestación cunha faixa propia baixo a consigna “Polo levantamento do veto. Naval, integral, público e galego”.

Dende a central sublíñase a importancia de rematar cun veto político prorrogado polos gobernos estatais de PP e PSOE, que ten “estrangulado” o desenvolvemento económico da comarca, deixado infrautilizadas as instalacións da antiga Astano, cando menos até o 2015. Neste senso, dende a CIG apúntase á importancia de volveu á construción naval civil, xa que na actual conxuntura deste sector, a industria naval de Ferrolterra “non pode continuar perdendo mercado”.

Compromiso de Zapatero

Durante a manifestación lembrouse ao presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, o compromiso adquirido de iniciar as xestións oportunas en Bruxelas para o levantamento do veto ás instalacións da antiga Astano, durante a presidencia do Estado español na UE. Non obstante, logo de tres meses de mandato aínda non se produciu ningún movemento a este respecto.

"Primavera naval"

Pola súa banda, o escritor Manolo Rivas, reivindicou durante a lectura do manifesto final “unha nova primavera naval” para Ferrolterra e denunciou que “o país que mellor sabe facer barcos en Europa e no planeta terra non pode facer barcos. Os mellores construtores de naves non poden facer naves».
Extraido de AVANTAR

Nova xornada de paros e concentracións contra os despedimentos en Sykes

A CIG reclama a retirada do expediente de regulación e dos despedimentos de obra
Traballadoras e traballadores de Sykes en A Coruña secundaron este martes unha nova xornada de paros e concentracións na empresa para demandar a retirada de todos os despedimentos e o estudo dun plano de viabilidade que garanta o mantemento da actividade da multinacional en Galiza. Os paros desenvolvéronse nas quendas de mañá e tarde, entre as 10 e ás 12 horas e dende as 17 ás 19 horas.

A protesta non foi secundada por CCOO, quen, xunto con UGT, na xornada do luns volveu dar mostras da complicidades e colaboración coa empresa para legalizar todos os despedimentos e a desaparición da Plataforma de Sykes en A Coruña. Aínda así, UGT acordou finalmente secundar a convocatoria de mobilizacións.

Dende a CIG volveuse reclamar o acordado por todas as organizacións sindicais o pasado 4 e 18 de marzo: a retirada, que non a suspensión, do ERE presentado pola empresa, así como de todos os despedimentos de obra, e a negociación dun plano de viabilidade que garanta o mantemento de todos os postos de traballo.

Pola súa banda, a empresa volveu rachar as negociacións co conxunto do Comité, excluíndo a CIG e CGT das negociacións e argallando unhas novas reunións con CCOO e UGT, como as que desenvolveron en xaneiro pasado, “cando estes sindicatos quixeron vender a todos os traballadores e traballadoras e, afortunadamente, non o conseguiron”.

A última noticia é que a empresa comezou a sondear aos/ás traballadores/as despedidos/as ofrecéndolles unha baixa incentivada a 33 días por ano traballado.

A fraude dos despedimentos

Para a CIG todos os despedimentos, tanto os de obra como os indefinidos, son unha fraude, e o ERE, que a empresa suspendeu pero non retirou, carece de xustificación, toda vez que a compañía obtivo millonarios beneficios nos dous últimos anos.

Por iso, CIG e CGT propuxeron durante a negociación do luns, de cara ao mantemento do 100% dos empregos, un ERE temporal que afectaría a cada traballador/a un máximo de 120 días, garantía do cobro do 100% do salario estando no paro e respecto ás vacacións e pagas extraordinarias. Esta situación daríase mentres Sykes non achegue nova carga de traballo.

Extraido de AVANTAR

Actas de Negociación do ERE

Accede a todas as actas de negociación do ERE do 22 de xullo de 2010 a marzo de 2011:

Acta 2ªActa 4ª
Acta 6ª (Final)

A asemblea de parados do naval continúa coa súa acampada fronte á Xunta en Vigo, que comezou o 1 de marzo

Levan 23 dias, nos que melloraron a súa infraestrutura neste espazo, e edian unha nova tirada de folla informativa

A asemblea de parados do naval comezou o pasado 1 de marzo unha acampada que, con carácter indefinido, se situou fronte ao edificio da Xunta en Vigo, nos xardíns de Montero Ríos. Desde alí, continúan as súas protestas, na defensa do emprego e pola regulación da contratación no sector naval, recollendo sinaturas en apoio desta loita e visibilizando o drama invisíbel de milleiros de traballadores e traballadoras galegas que ficaron no desemprego e afastados do mercado laboral. Moitas son as actividades e distintas solidariedades que conseguiron nestes dias, mais para achegar máis persoas do sector a súa iniciativa, asi como informar á cidadania editaron 10.000 follas informativas dando a coñecer a súa situación.

Polo seu interese reproducimos aqui o texto desta folla informativa, que podedes descargar tamén ao final da nova.

Por que estamos acampados os parados do naval?

Cando falamos desta crise e o desemprego que provoca, hai cousas que os traballadores non entendemos, pero existen responsábeis que non vemos e teñen a culpa de que moitos non teñamos traballo polo seu egoismo e porque se aproveitan desta situación para facerse máis ricos.

Tamén existen organismos que colaboran con eles como Inspección de Traballo, a Xunta e o Concello, porque lles permiten que se aproveiten desta situación e non fan cumprir as Leis.

Sabias que actualmente no naval hai máis de 700 parados galegos que traballaron todos estes anos no sector, pero agora están sendo substituidos por traballadores de Portugal, Romania, Polonia, etc, porque estes empresarios que se fixeron ricos co noso traballo traen a estes traballadores pagándolles a metade? Un deles é o empresario de Emenasa, que é presidente da Cámara de Comercio, outros da dirección de Asime, que son os que mandan no naval. Deberían ser os primeiros en cumprir a lei, o convenio colectivo, porque o noso convenio di que non se pode pagar menos, pero eles non o respetan. Por esta razón estivemos en folga estes meses atrás: para facer cumprir a Lei e defender o noso posto de traballo, pero os sindicatos CCOO e UGT nos venderon.

Estes empresarios, co favor da Xunta de Galiza, están explotando aos traballadores de fora e deixando sen traballo aos de aqui. Son racistas. Algo parecido pasa na construción con miles de traballadores de aquí parados, pero as obras, incluídas as públicas do Estado, da administración autonómica e do Concello fanse con moitos traballadores de fóra, porque se aproveitan deles como man de obra barata e nin a Xunta nin o concello lles fan cumprir a Lei. Como ves, nesta crise os ricos fanse máis ricos.

Un grupo de traballadores do Naval levamos acampados desde o 1 de marzo fronte ao edificio da Xunta en Vigo, porque non queremos rendernos. Temos dereito ao traballo. Este sector levantámolo nós co noso traballo. Facémolo para que se vexa o problema, para que sirva de denuncia, porque o que están a facer aqui, van facelo no resto dos sectores, e porque se non loitamos non solucionamos nada. Aqui ten cabida calquera traballador do Naval que se atope como nós, sen recursos para alimentar a súa familia. E pedimos a vosa solidariedade.


Extraido de AVANTAR

Novo incumprimento na sección de mantemento

A mesa de seguimento do ERE queixase a dirección da empresa polas rotacións dentro da sección de mantemento.

A mesa de seguimento do ERE presentou un escrito onde fai patente un novo incumprimento por parte da empresa, neste caso saltase o acordo tomado no tema das horas extraordinárias en mantemento.

Segundo dito acordo fariase rotar dous dias antes a un dos traballadores de mantemento e se incorporaria a outro dous dias antes para compensar o erro que cometera a empresa o realizar horas extraordinárias sen comunicación nin acordo previo coa mesa de seguimento.

No canto de facer o acordado, non se aplicou o firmado e por riba fixose rotar a un dos traballadores de mantemento que levaba regulado case que o dobre que a persoa que lle tocaria a rotación.

A prensa faise eco das novas publicadas no Bloge da CIG de EMESA

Este fin de semana puidemos ver como o Xornal "El Ideal Gallego" , asi como no bloge "Xornal de Betanzos" se fixeron eco da nova publicada no noso espazo na rede.
Tendo en conta que este espazo e da CIG, e as novas publicadas no mesmo pertencen a temas relacionados coa CIG o sindicalismo e a propia EMESA producenos satisfacción o feito de que os periodistas da nosa Comarca se fixen no mesmo para sacar novas que nel reflexamos.

Damos as grazas por dita proxección do espazo de internet da CIG de EMESA e convidamosvos a todos a que sigades a actualidade tanto da empresa como da propia CIG tanto en AVANTAR como neste propio Blogue.

O dito grazas a todos os que nos ledes por esa atención.

A CIG rexeita a detención dun liberado, nun novo caso de persecución contra a central sindical

Adolfo Naya permaneceu retido durante dúas horas e foi fichado por uns supostos feitos acontecidos durante a folga de instalacións deportivas.

A CIG rexeita a detención do sindicalista da Federación de Servizos, Adolfo Naya, quen esta tarde foi retido de xeito ilegal durante dúas horas na comisaría de policía onde foi fichado por un suposto delito de coaccións que tería acontecido durante a folga de instalacións deportivas. Ao igual que aconteceu a pasada semana, un membro da CIG volve ser obxecto de persecución inxustificada, afondando o proceso de criminalización contra a central sindical por terse destacado na defensa dos dereitos da clase traballadora galega.
10-02-02 Concentración na delegación da Xunta III

Os feitos sucederon na tarde deste mércores cando Adolfo Naya se personou na Xefatura Superior de Policía respondendo a unha chamada da policía solicitando a súa comparecencia. Unha vez alí, os axentes proceden a ler os dereitos ao sindicalista da CIG e se lle comunica que está acusado dun suposto delito de coaccións que tería acontecido no decurso da folga de instalacións deportivas. Posteriormente, Naya foi trasladado á comisaría de Lonzas para ser fichado e agora será o Xulgado de Instrución quen continúe co caso.

A CIG rexeita completamente estas actuacións abusivas, as falsas acusacións e a violación de dereitos fundamentais, a través da que se busca represaliar e criminalizar a loita exemplar que levaron adiante os traballadores e as traballadoras de instalacións deportivas. Neste senso, hai que lembrar que a pasada semana o Secretario comarcal da CIG-Servizos, Salvador Cerqueiro, sufría unha detención semellante e que varios delegados da central foron identificados, horas despois de suspenderse a folga e de terse acadado un preacordo coa patronal.

Dende a central denúnciase esta persecución e represión contra a CIG como sindicato que de forma máis combativa estivo cos traballadores/as durante o tempo que durou o conflito e a criminalización dos traballadores e traballadoras que loitan na defensa dos seus dereitos. A CIG tamén amosa, unha vez máis, a súa repulsa polo afán que están a amosar os gobernos á hora de reprimir as loitas obreiras na Galiza.

Extraido de AVANTAR

Os/as traballadores/as das Caixas convocan concentracións o en defensa do emprego e dunha caixa galega

Ás 19:00 horas nas subdelegacións do Goberno en Lugo e Ourense e no edificio da Xunta de Vigo, e ás 20:00 horas diante da Delegación do Goberno en A Coruña.

Diante da situación de incerteza xerada polo debate sobre o futuro das caixas galegas, os traballadores e as traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova acordaron, nas asembleas celebradas nas distintas comarcas, convocar concentracións o vindeiro 23 de marzo na defensa do emprego e a prol dunha caixa galega forte que garanta o futuro financeiro do noso País. As protestas terán lugar ás 19:00 horas diante das subdelegacións do Goberno de Lugo e Ourense, así como no edificio administrativo da Xunta en Vigo. En A Coruña a concentración realizarase diante da Delegación do Goberno ás 20:00 horas.

Ante a incerteza xerada polo debate sobre o futuro das caixas galegas; as iniciativas avaladas polo goberno central para transformar estas entidades en bancos privados e deslocalizalos cara a Madrid; as ameazas veladas do Banco de España (un supervisor ineficiente que está actuando cun sesgo claramente político e discriminatorio); diante de quen pretenden que sexan os xestores das entidades quen decidan en última instancia o futuro financeiro do País despois de que unha e outra Caixa recibiran inxentes axudas públicas; e para exixir que eses mesmos xestores dean a cara diante dos cadros de persoal e expliquen a situación e se senten a negociar a alternativa de futuro, os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova teñen acordado convocar concentracións en todas as comarcas o vindeiro martes 23 de marzo. As mobilizacións, adoptadas no decurso das asembleas de traballadores/as convocadas nas distintas cidades, terán lugar en Lugo e Ourense ás 19:00 horas, diante das respectivas Subdelegacións do goberno. A mesma hora está convocada unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, mentres que en A Coruña a concentración será as 20:00 horas diante da Delegación do Goberno en Galiza. Os traballadores e traballadoras fan un chamamento a aquelas persoas e organizacións preocupadas polo futuro financeiro do País e polos postos de traballo para que se sumen a estas concentracións, que son un primeiro paso na defensa das caixas de aforros. Para que Galiza conte cando menos cunha caixa que xestione os aforros dos galegos e galegas para xerar riqueza e emprego no País, e para evitar que a crise provocada polos especuladores da banca privada remate coa privatización das únicas entidades financeiras baixo control público.

Dende a CIG-Banca subliñan que Galiza non pode quedar sen caixas de aforros de seu pola decisión do Goberno central, amparado no Banco de España. Está en xogo o futuro financeiro do País e os postos de traballo directos e indirectos vinculados a Caixa Galicia e Caixanova.


Extraido de AVANTAR

Resolucións e Alegacions Segundo ERE


A CIG lamenta a manipulación informativa o Día da Clase Obreira Galega

Ocultaron ou deformaron a información conculcando o dereito fundamental a recibir información veraz
Na mañá deste 11 de marzo, as traballadoras e traballadores que participaron nas mobilizacións convocadas pola CIG o Día da Clase Obreira Galega puideron asistir, atónitos á manipulación informativa da que que foron obxecto estes actos por parte de xornais como La Voz, El País ou o Xornal. Estes medios de comunicación ocultaron ou deformaron a realidade conculcando o dereito fundamental a recibir información veraz. A CIG lamenta a súa actitude e advirte que, lonxe de acadar o seu obxectivo de silenciar ou distorsionar a realidade, o único que conseguen é que cada día se poña máis en cuestión a súa credibilidade, alén de agravar, aínda máis, a xa escasa saúde democrática deste país.

No caso do Xornal a manipulación consistiu na simple ocultación dos feitos: non se informa, non existe. É de supor que para este medio de comunicación, a convocatoria de manifestacións en sete cidades de Galiza carece de interese informativo.

Para El País, só houbo o 10 de marzo un acto relevante, no que o líder de CCOO lembrou a súa participación nos feitos do 72 e, residualmente, dúas manifestacións en Ferrol, unha en Vigo e outra na Coruña. Este último aspecto só merece un parágrafo de 8 liñas.

No caso da Voz, infórmase nas páxinas de Economía, nunha columna, da mobilización de Ferrol e logo, nas distintas edicións, das que se produciron en cada unha das cidades. Porén, a de Santiago, nin se menciona; na de Pontevedra, afírmase que só houbo 200 persoas!; na da Coruña a noticia é que "A policía detén a dous individuos que intentaron boicotear unha manifestación" e no resto apenas merece, en cada unha das distintas edicións, un par de parágrafos. Obviamente sen fotos.

Cómpre lembrar, porén, a cobertura que si se lle deu, nestes medios, ás mobilizacións convocadas por CCOO e UGT, o que leva a concluír que non é que consideren que as mobilizacións sindicais carecen de interese, senón que o que carece de interese, son as mobilizacións convocadas pola CIG. Aténtase así, e gravemente, contra o dereito a recibir información veraz e contra o principio do pluralismo, esencial en calquera sistema democrático.

A CIG non cuestiona o dereito dos medios de comunicación a manter unha determinada liña editorial, nin a que, como empresas, defendan reformas laborais, recortes salariais ou reformas da seguridade social. O que si cuestiona é que estes medios de comunicación pretendan presentarse como plurais, obxectivos e profesionais. Estas cabeceiras atenden aos seus intereses e a CIG non está entre eles.

CCOO e UGT rompen a unidade sindical na negociación do convenio da Coruña.

Como seguro xa sabes, o actual convenio do metal da Coruña rematou a sua vixencia en decembro do 2009, polo que neste ano 2010 toca negociar un novo convenio colectivo para o sector.

Deste xeito, xa desde finais do ano pasado, a CIG estivemos a realizar asembleas de delegados e afiliados a fin de elaborar un anteproxecto de convenio, para a continuación consensuar cos outros sindicatos unha plataforma unitaria para presentarlle a patronal e comezar a negociación.

Para sorpresa nosa, o 11 de marzo, UGT e CCOO comunícannos que non vai haber plataforma unitaria, é dicir, que non queren unidade sindical na negociación do convenio do metal da Coruña. Isto tradúcese en que CCOO e UGT presentaranlle aos empresarios as súas reivindicacións deixando fora as propostas de mellora do convenio que veñan da CIG.

Desde a CIG non entendemos como na actual situación que atravesa o sector, cando mais que nunca é necesaria a unidade dos traballadores na negociación dos convenios para impedir recortes de dereitos, estes sindicatos se atreven a querer deixar fora de xogo a CIG.

Non entendemos que é o que pretenden intentando apartar da plataforma unitaria a quen xa é nestes momentos o sindicato maioritario no metal da Coruña, a CIG.
Non entendemos que tipo de negociación de convenio pretenden levar a cabo, se xa partimos de plataformas diferentes, co que isto supón de ventaxa para os empresarios, que por certo sí van estar todos unidos e ben unidos defendendo os seus intereses.

Só hai duas respostas posíbles: ou á UGT e á CCOO lle resulta moi incómodo que un sindicato que non se vende teña cada vez mais forza no sector e mais protagonismo na mesa de negociación, ou o que é peor, que o convenio do metal da Coruña na práctica xa estea negociado.

Desde a CIG, como non ía ser menos, faremos exactamente igual o noso traballo, con ou sen unidade sindical. Temos elaborada a nosa plataforma, presentarémola na mesa de negociación, e defenderemos todos e cada un dos puntos. Ao mesmo tempo informaremos cumpridamente ao sector da marcha das negociacións, e ao remate, coma sempre o fixemos, serán os traballadores do metal os que decidan sobre o seu convenio.

Aberto o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís

Terán preferencia os/as nenos/as xa matriculados que desexen renovar praza

A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar. Poderán solicitar praza as nais, pais ou representantes legais dos/as nenos/as residentes en Galiza, e que teñan nacido no momento de presentar a solicitude, que cumpran o requisito de teren cumpridos os tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2010.
Non obstante, poderán eximirse do límite de idade as crianzas de integración, logo do ditame da equipa de orientación especifica.

Reserva de praza:
As familias con nenos/as xa matriculados/as que desexen renovar praza deberán gozarán de preferencia para a adxudicación de praza.
Para a reserva de praza é requisito estar ao día no pagamento das mensualidades na data de presentación da solicitude.

Cubrir anexo I
Solicitudes de novo ingreso:

As prazas adxudicaranse por esta orde:
• Fillos e fillas do persoal que preste servizo na propia escola infantil.
• Solicitudes con irmá/án cunha praza renovada no centro que se solicita.
• As prazas vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida polo baremo do anexo III.
Para os ingresos de máxima urxencia reservarase un 5% das prazas do centro.

Cubrir anexo II
Solicitudes fora de prazo.

Con carácter excepcional poderán presentarse solicitudes fora de prazo nos seguintes casos:
• Nacemento da crianza en data posterior ao prazo de presentación de solicitudes.
• Cambio do concello de residencia familiar.
• Outras circunstancias apreciadas motivadamente polas delegacións de igualdade e benestar.

Prazo de presentación:
a. Para reservar praza e novo ingreso: do 11 ao 31 de Marzo de 2010, ambos os dous incluídos.

Lugar de presentación:
• Delegacións Provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
• Mediante o formulario electrónico na páxina http://benestar.xunta.es. Sendo obrigatorio neste caso a presentación dos formularios nos correspondentes rexistros antes ou despois do prazo sinalado.


Extraido de AVANTAR

Discriminación da Automoción Galega nas axudas do Ministerio de Industria

Ante o reparto das axudas aprobadas polo Ministerio de Industria para o Sector do Automóbil neste ano 2010 e unha vez coñecido o reparto que se destina na partida a provedores, a CIG entende que se produce unha decisión política clamorosamente discriminatoria coa Industria da Automoción Galega.
O feito de deixar sen axudas a dúas das principais Industrias da Comarca como son o Grupo Viza e Copo que comprometen un nivel de emprego superior a 1600 traballadores, deixa en evidencia que o Goberno Español pode ser sensible as demandas das Multinacionais provedoras pero despreza ao mesmo tempo ás Empresas Galegas que so dependen do seu capital. seguir a ler en Avantar...

EMESA segue a incumprir o ERE

A Mesa de seguimento do ERE presentoulle a Dirección da empresa un comunicado no que se expresa o malestar do Comité de Empresa polos continuos incumprimentos que esta está a facer do acordo que tomou esa dirección cos traballadores para o ERE que nos afecta, xa son moitas as ocasions nas que a empresa incumpriu puntos do acordo cos traballadores e a mesa de seguimento entende que esa continua falla de comunicación e de respeto o acordo non son mera casualidade, a mesa de seguiemnto cre ver nelo unha mala fé manifesta por parte da Dirección da Empresa.

Incumprimentos que se centraron en 5 puntos, en temas como:
  1. As rotacións dos traballadores.
  2. As comunicacións a mesa de seguimento.
  3. O preaviso os traballadores e a mesa de seguimento.
  4. Os traballos subcontratados.
  5. As horas extraordinárias.
Incumprimentos reiterados e que non poden continuar.
A mesa de seguimento tamén lle entregarou unha copia de dito comunicado a Inspección de traballo.

Axilizar as rotacións

A mesa de seguimento solicita da empresa que faga rotar a traballadores para que as rotacións sexan igualitárias tal e como se reflexou no acordo de ERE.
A vista de que algun dos traballadores xa cumpliu ou superou os 15 dias traballados a mesa de seguiemnto solicita que estes roten para incorporar o traballo a outros compañeiros que ate o dia de hoxe ainda non rotaron.

Turno de Noite en corte

A Dirección da empresa comunicoulle a Mesa de Seguimento que apartires do luns 15 de marzo escomezará a quenda de noite en Corte dada a aprobación dos planos por parte do cliente e os tempos para o remate da obra.

Suxerencia da mesa de seguimento para as rotacions

A mesa de seguimento suxeriulle a empresa uns cambios para que a rotación de traballadores vaian mais axiles e poidan ser equitativas, agardamos que dita suxerencia sexa tida en conta pola dirección para que deste xeito poidan rotar todos os traballadores e que a finais do proximo mes de abril pasaran todos pola empresa.

Reparación maquina de plasma

Queixa incumplimento 4 marzo

Comunicado da mesa de seguimento a resposta no tema das rotacions de febreiro

Dende a mesa de seguimento lembraselle a empresa que xa que non quere facer rotar ate abril a un traballador, non pode mandalo regulado xusto antes do seu permiso de matrimonio xa que se lle estarian a negar os seus dereitos.

Resposta da empresa o comunicado das rotacións do 2 de febreiro

Pregunta do Comite sobre as Rotacions de Febreiro

A mesa de seguimento preguntalle a dirección da empresa pola situación de discriminación que sufren alguns compañeiros das oficinas asi como sobre a negativa a facer que un xefe de equipo rote como se estipulou no acordo de ERE.