ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES

O COMITÉ DE EMPRESA CONVOCA UNHA ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES PARA EXPLICAR O INICIO DAS NEGOCIACIONS COA EMPRESA, E PRESENTARLLE A PLATAFORMA DE NEGOCIACIÓN OS TRABALLADORES E QUE ESTES POIDAN SE FORA PRECISO FACER APORTACIONS A MESMA.

A ASEMBLEA SERÁ O MERCORES DIA 30 AS 11:00h
NO COMEDOR DA FACTORÍA.

O Comité de Empresa acorda coa dirección un complemento para traballadores que leven mais de 180 dias no paro


O Comité de Empresa chega a un acordo coa Dirección para que os traballadores que superen os 180 dias de paro e polo tanto teñan un prexuizo economico na baixada do aporte da prestación por desemprego cobren a diferencia da prestación, que lles será aportada pola empresa.

Ademais tamén se acordou que todos os traballadores que rematen a sua prestación por desemprego sexan incorporados inmediatamente para que non sufran ningún prexuizo económico.


O texto do acordo e o que segue:

"Reunidos la Mesa de Seguimiento del Expediente De Regulación temporal en curso y estando presente la propia dirección de la empresa y el comité de empresa. En acuerdo de ambas partes se decide, a los efectos de cerrar las posibles diferencias dentro de la gestión diaria del presente expediente, SOLUCIONAR de mutuo acuerdo dos aspectos que devienen en el tiempo y que ambas partes consideran de vital importancia:

l.Que aquel personal que a lo largo de este tiempo haya perdido la prestación de desempleo se le de de alta de forma inmediata en la empresa. (Hasta finalización del presente ERE).

2.Que aquel personal que sobrepase 180 días de la prestación de desempleo y consecuentemente reduzcan su prestación en Jos términos previstos, en caso de que por razones operativas no puedan ser dados de alta en la empresa se le ABONARÁ la diferencia de prestación entre el 70 % y el 60 %, hasta la finalización del presente Expediente (22/07/2010).

Nota:
Este aspecto se informa según detalle individual en hoja anexa., atendiendo a las circunstancias individuales que han originado esta situación, no siendo de aplicación con carácter general a aquel personal que haya declinado incorporarse a su tumos de rotación cuando fue avisado por la empresa o bien estén con base máxima y esta medida no le suponga incremento alguno de la prestación que reciba actuabnente.

Según lo expuesto, ambas partes solventado los puntos arriba referidos y según la hoja anexa que se adjunta, dan por cerrado el presente expediente de regulación en cuanto a los aspectos referidos, admitiendo que el resto de incidencias diarias que han surgido a lo largo del expediente, aunque siendo importantes son de carácter menor y propias de la gestión diaria.
En conformidad de lo expuesto fmnan ambas representaciones."

A dirección de EMESA comunicou na xuntanza que mantivo onte dia 22 de xuño o que será o segundo ERE temporal que afecta a case que toda a plantilla

Onte dia 22 o comité de Empresa foi informado oficialmente da presentación de outro ERE temporal e polo tanto o inicio do periodo de consultas de cara a acadar un acordo para o mesmo.

Nesta comunicación informouse o Comité que o ERE se solicitaba por razons de carga de traballo e que abria un periodo de consultas que será de 15 dias naturais, propoñendo a data do 25 de xuño as 11:00h para o inicio das conversas de cara a posibilidade de un acordo para o mesmo.

O Comité de Empresa convocará a todos os traballadores a unha asemblea xeral para a próxima semana e que terá data e hora fixa este venres despois da xuntanza coa Dirección de EMESA.

Nestes dias tamén se nos comunicou que Jorge Morandeira que ate agora levaba eólico e mantemento pasa a responsabilizarse da Dirección de Producción.

O Director de EMESA Fernando López deixa o seu cargo

Este pasado venres dia 18 o Director de Elaborados Metálicos EMESA anuncioulle o Comité de Empresa que deixaba a empresa.

As causas que alegou o Director oficialmente ó Comité de Empresa foron: afrontar un novo proxecto en outra empresa.

Asimesmo deu as grazas a todos os traballadores polo seu esforzo no tempo que el estivera a fronte da empresa, e dixo que se sentira moi agusto na mesma.

O V Congreso de CIG-Metal elixe a Xoán Xosé Bouzas novo secretario nacional

Suso Seixo chama a reaccionar para impedir que o poder económico siga dictando as políticas económicas e sociais
Xoán Xosé Bouzas, foi elixido novo secretario nacional da federación do Metal da CIG con 150 votos, fronte aos 66 obtidos por Miguel Malvido. Para a nova executiva, concorreron tres candidaturas, a encabezada por Bouzas recibiu 147 votos e 6 representantes, a encabezada por Malvido 62 votos e 2 representantes e a encabezada por Francisco Rodríguez, 20 votos e 1 representante. Para o Consello Confederal concorreron outras tres candidaturas, encabezadas por Bouzas, que obtivo 149 votos e 7 representantes; Malvido, con 63 votos e 3 representantes e Pedro Gómez, 19 votos e 1 representante.
10-06-12 V Congreso CIG-Metal

O V Congreso de CIG-Metal, no que participaban 250 delegados/as, comezaba a primeira hora da mañá deste sábado, día 12 de xuño, baixo o lema “Na loita. Por un futuro industrial”. Lema no que se sintetiza, tal e como se recolle no Informe de Xestión, a idea de que é necesaria unha política de industrialización sostida no tempo, que modernice, diversifique e faga máis competitivo o noso tecido industrial, que sexa soporte da economía do país, “para manter os niveis máis altos de produción e de traballo da nosa industria para poder garantir o emprego. Sen industria non hai futuro”.
O Informe de Xestión, que foi presentado polo até ese momento secretario nacional, Miguel Malvido, en representación da Executiva saínte, foi aprobado con 185 votos a favor, 15 en contra e 13 abstencións. A continuación debatéronse e aprobáronse o relatorio de Modificacións Estatutarias, con 193 votos a favor, 2 en contra e 10 abstencións e o Relatorio de Base, no que se definen as liñas de acción sindical que marcarán o traballo da federación nos próximos catro anos, que tamén foi aprobado con 136 votos a favor, 46 en contra e 5 abstencións.

A primeira hora da tarde tivo lugar a presentación das candidaturas á secretaría nacional, executiva federal e a elección dos representantes no Consello Confederal.

A nova Executiva Federal está composta por

Xoán Xosé Bouzas Aboi

Ramón Alfonzo Fernández

Henrique Pérez González

Emilio Cagiao Deibe

César Rodríguez Martínez

Susana Riveira Fernández

Miguel Malvido Cabirto

Henrique Fernández Oliveira

Francisco Rodríguez Martínez

Os representantes para o Consello Confederal son

Xoán Xosé Bouzas Aboi

Ramón Afonzo Fernández

Manuel Simón Graña

Susana Riveira Fernández

Manuel Domínguez Pereira

Emilio Cagiao Deibe

Xosé Maio Abeixón

Miguel Malvido Cabirto

Henrique Fernández Oliveira

Antón Bendaña Fernández

Pedro Gómez Collado

Primeira forza en representación sindical

A CIG-Metal experimentou nos últimos catro anos un incremento da súa afiliación nun 48,83%. Un medre que tamén se constatou no proceso de eleccións sindicais, nos que a central incrementou a súa representación nun 36,1% situándose a 2010 como primeira forza con 1.263 delegados/as, fronte aos 1.193 de CCOO e os 929 da UGT.
O Informe da Executiva saínte atribúe este crecemento á acción sindical desenvolvida durante este período malia o retorno ao poder do PP, que supuxo volver de novo “ao acoso, á permisividade e a unha política social e laboral claramente antiobreira e favorecendo os intereses patronais e empresariais”.

Unha Acción Sindical que estivo marcada por unha enorme conflitividade, tanto polo que respecta á negociación colectiva, que no ano 2009 presentouse enormemente comprometida por mor da utilización da desculpa da crise, en todos os sectores “de xeito obsesivo e continuo por parte dos empresarios, para conseguiren a máxima desregularización no mercado de traballo, mesmo naquelas empresas que non tiñan nin problemas financeiros, nin de produción”.

O V Congreso avaliou a incidencia da crise sobre determinadas actividades produtivas, porque está a ocasionar a “desaparición de postos de traballo, continuos EREs de extinción, concursos de acredores, despedimentos por causas obxectivas, deslocalizacións e outros mecanismos dos que se dotou a patronal para amedrentar a clase traballadora”. Unha situación que levou á CIG-Metal a enfrontar unha negociación “dura, difícil e tremendamente chantaxista” que foi ilustrada co exemplo do convenio provincial de Pontevedra, incumprido de forma reiterada pola patronal e que derivou nunha folga de 18 días en 2007 e unha represión que se concretou en detencións, macroxuízos de varios días de duración, petición de penas de cadea e multas abusivas e indiscriminadas.

Crise, alternativas e conflitividade

No debate do relatorio base o V Congreso analizou a actual situación de crise e as alternativas á mesma e comprometeuse a defender “un modelo que permita unha redistribución máis xusta da riqueza, o avance no autogoberno e a eliminación das diferenzas sociais”, acorde co que defende a Confederación.

Respecto da acción sindical reiterouse o compromiso pola loita “sen tregua” nos conflitos onde teña representación; pola denuncia das agresións independentemente de cal sexa o seu ámbito; pola organización dos colectivos máis afectados da CIG-Metal; a información e concienciación dos traballadores/as.

Alertouse ademais da grande probabilidade que existe de ter que enfrontar, nos vindeiros anos, “unha situación de grande conflitividade”, para o que acordaron seguir potenciando as asembleas e todos os mecanismos que impliquen participación, debate e toma de decisións por parte dos traballadores/as afectados. “A información e denuncia, sobre todo a participación dos que formamos parte da federación, é a maior garante, para que a Acción Sindical chegue o maior número de traballadores/as galegos/as”.

Outro dos aspectos salientados foi o do inminente comezo do proceso concentrado de eleccións sindicais, onde o modelo que representa a CIG –reivindicativo e de participación activa dos traballadores/as- terá que enfrontarse ao modelo que representa “o españolismo, apoiado claramente pola patronal e cunha entrega cada vez maior, se cabe, á concertación e apartándose dos centros de traballo”. Xunto a iso, apostouse por un Marco Galego de Relacións Laborais; por lograr a transformación dos convenios provinciais nun convenio galego; por intensificar a participación nos centros de traballo, para os convenios de empresa e pola defensa do sector da industria en Galiza, que, segundo afirmaron “non ten interese para a clase política estatal”.

Negociación colectiva

En materia de negociación colectiva, canto a salarios marcouse o obxectivo de asegurar revisións salariais en todos os convenios e prestar atención ás cláusulas de descolgue. Canto a xornada de traballo manteñen o obxectivo de regular e reducir a xornada de traballo.

No que respecta a emprego e precariedade denunciouse a desregulación, cada vez maior, das relacións laborais e fixouse o obxectivo de reducir a precariedade e fixar niveis de emprego estable e sobre as mutuas reiterouse o obxectivo de non acordar o seu control sobre a enfermidade común e tratar de reverter estes acordos onde se teñan producido e toda unha serie de medidas sociais e en materia de saúde laboral.

Suso Seixo chama a mobilizarse contra a reforma laboral o 17 de xuño

No acto de clausura do V Congreso Nacional da CIG Metal, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, chamou a reaccionar diante das regresivas políticas que se están a impor; manifestou o máis absoluto rexeitamento, por parte da CIG, á proposta de reforma laboral presentada polo PSOE; criticou o papel desmobilizador de CCOO e UGT e denunciou a connivencia co poder das centrais sindicais europeas, salientando porén, a capacidade mobilizadora das centrais sindicais gregas e portuguesas.

Comezou desgranando o proxecto de reforma laboral que pretende impor o executivo, vía decreto, incidindo especialmente na ampliación do contrato de fomento da contratación indefinida, que reduce a 33 días e 24 mensualidades a indemnización, pagando ademais 8 deses días a través do FOGASA, co que para a patronal queda en só 25 días; na ampliación do contrato en formación até os 25 anos, porque supón “proporcionar man de obra barata para as empresas” e no mantemento das bonificacións á contratación indefinida, algo que a CIG vén denunciando desde que se crearon, e que o propio goberno recoñeceu que eran un fracaso.

Alén diso, salientou o referido á causalidade no caso de despedimentos colectivos e por causas obxectivas do que dixo que “facilita ás empresas que recorran a esa fórmula para efectivizar despedimentos de forma máis doada e limita a capacidade de actuación das administracións e dos xulgados”.

Para o secretario xeral da CIG a única forma de frear a imposición destas medidas é coa mobilización, polo que fixo un novo chamamento a participar nas manifestacións que a CIG ten convocadas para o día 17 de xuño en todas as cidades galegas e criticou o papel “desmobilizador” que están a xogar CCOO e UGT, aos que acusou de “confundir, manipular á clase traballadora e ao conxunto da opinión pública atrasando a adopción de calquera medida até o verán” para que xa non se poida convocar unha folga xeral.

Xunto a iso, e ante os ataques que está a recibir a chamada Europa Social, cuestionou tamén o papel dos sindicatos europeos por entender que a estas alturas xa deberían ter convocado unha folga conxunta en toda Europa, sinalando os únicos países nos que se produciran mobilizacións, Grecia e Portugal.