PRIMEIRA XUNTANZA DE NEGOCIACIÓN COA DIRECCIÓN DE EMESA

Rematou a xuntanza coa empresa as 15:00h, xuntanza tediosa e sen mais que salientar que a petición da información que falla na presentación do ERTE e do despido colectivo.
Bastantes diferenzas no que se refire a que documentación ou se esta está ben reflectida na memoria ou non.
Podedes acceder a :

ACTA DA NEGOCIACIÓN DO DIA 29 DE NOVEMBRO DE 2013  

Toda a documentación do ERTE e o D.C. na vosa man.


Xa tedes o voso dispor a Memoria explicativa do ERTE e do D.C. presentada pola direcciónd e EMESA o dia de hoxe as 15:30h.

Podedes acceder a ela facendo CLICK AQUÍ

Tamén tedes toda a documentación apresentada ata hoxe mesmo, facendo CLICK AQUÍ..

Raro, raro, raro

A xuntanza coa dirección que estaba prevista para as 10:30 co Comité de Empresa para a presentación da documentación do ERE e o despido Colectivo, retrasase ata última hora da mañá despois de estar o Comité de Empresa 1 hora agardando pola dirección.


A que responde este retraso?.
A documentación por lóxica xa estará preparada.
Estrá a dirección facendo cambios?.
A que intereses responden eses cambios?.

Dia15 de novembro de 2013, xuntanza coa Dirección

Pouco ou nada hai que dicir da xuntanza coa empresa pola convocatória que fixo o Comité para comunicar a intención de presentar un ERE temporal e un despido Colectivo na empresa.

Limitaronse a expoñer que era o que legalmente tiñan que facer e a explicar reiteradamente que pola sua parte habia cordialidade e transparencia para a negociación, cordialidade e transparencia que demostraron ser falsas cando a CIG expuxo que en vista de tal cordialidade e boas intencións se apartara da mesa esas posibilidades (ERE temporal e Despido Colectivo), e se negociara sen ataduras legais nin tempos unha solución para a continuidade de EMESA, neste caso tanto RRHH como a Dirección de EMESA deixaron claro que cordialidade si pero que a legalidade estaba ahi e a ian utilizar, que pasado o prazo de 7 dias para comunicar a comisión negociadora por parte do Comité presentaerian o ERE  e o despido colectivo, esto fai prever que cordialidade moi pouca e seguramente transparencia moita menos por parte da empresa.

En ningún intre comunican nin numero de afectados polo despedimento colectivo, nin meses en regulación para os restantes, nin razóns para a presentación do ERE. nada de nada ata que se cumpla o plazo e o presenten.

Remata o primeiro dia para a comuniocación da comisión negociadora, coas liñas basicas por parte do Comité acordadas.

  • Non os despedimentos.
  • Información continua os traballadores por parte do comité.
  • Asembleas habituais para informar da evolución dos acontecementos.

Convocase xuntanza do Comité de Empresa para o martes 19 as 10:00h para empezar a mirar medidas sindicais despois de ir o Comité as diferentes centrais a informarse sobre este proceso.

Carta comunicación ERE 2014