OS DEREITOS DEFENDENSE LOITANDO

Dende a CIG presentamos a nosa candidatura o Comité de Empresa por 3ª vez en EMESA, son xa 8 anos da entrada, dos cales os 4 primeiros tivemos oportunidade de levar a Presidencia do Comité de Empresa, anos difíciles e complicados é coñecido por todos o traballo feito de reivindicación, traballo que fixo que durante eses complicados anos nos que xestionamos esas malas situación, sempre mantivemos a presión sobre a empresa, a presencia dos nosos problemas na prensa e a mobilización a pé de rúa, concentracións, manifestacións, mocións en plenos de Concello como A Coruña ou Betanzos, visitas de deputados a empresa, e mesmo encerros no despacho da Conselleira de traballo.


Hai case que un ano EMESA cambiou de propietário, pasando de ser parte do grupo ISOLUX a pertencer o Grupo Soil, entrada que tivo como priméira consecuencia para os traballadores o decaemento do Convenio, decaemento ocasionado pola eliminación da cláusula de ultra actividade do Convenio, unha das razón polas que a CIG non firmou o ultimo Convenio e que a larga causou que agora teñamos condicións contractualizadas que causan discriminación entre traballadores/as e que ocasionarán denuncias continuas para que se manteñan os dereitos que tiñamos. Iso xunto coa actitude da nova propiedade, causa e causará tensións nas relacións laborais, tensións que non se van solventar sempre negociando e que precisarán de forza, coordinación, traballo e acción sindical.

Dende a CIG entendemos que a forza do Comité está e estará sempre no taller, este debe ser o que leve a iniciativa e a voz no Comité, entendemos que a forza maioritaria no taller debe ser a que encabece o Comité de Empresa.

Para estes novos tempos dende a CIG queremos retomar o proceso asembleario para a toma de decisions en común por todos/as, así como a realización habitual de asembleas informativas nas que os traballadores e traballadoras poidan non só informarse, senón preguntar as dúbidas que teñan evitando ruxe ruxes que nada axudan e que só causan malestares.

Por todo o exposto a candidatura da CIG adquiriu os seguintes compromisos de cara a os próximos 4 anos:
  • Reactivaremos o asemblearismo como xeito de información a todos os traballadores/as.
  • A asemblea de traballadores/as será o medio de toma de decisións.
  • As xuntanzas con dirección ou a propiedade da empresa, contarán sempre e indiscutiblemente coa presenza polomenos de un representante de cada central sindical.
  • A CIG representa e representará sempre a todos/as os traballadores/as por igual, xa sexan de EMESA como de ETT.
  • Atenderemos e tentaremos axudar a calquera traballador/a, somos un sindicato de traballadores, máis aló dos que están afiliados a CIG.