Arrancou a maquinaria da CIG en EMESA

Nestas pasadas semanas escomezou a funcionar oficialmente en EMESA a andaina do noso sindicato coa elección do noso enlace sindical que non foi outro que o compañeiro Andrés Rodríguez.

Este compañeiro estase a encargar da representación dos afiliados e afiliadas da CIG en EMESA e xunto con outros do engraxe e preparación da presentación de candidatura para as xa inminentes eleccións sindicais.

E a nosa intención que o traballo de este compañeiro sirva para canalizar as inquedanzas e ideas dos traballadores de EMESA e desta forma nolas faga chegar. Para tal fin podedes poñervos en contacto con el para calquera consulta que estimedes oportuna tanto persoalmente como chamándoo o telefono 677 455 377.

Tanto Andrés como nós como sindicato vos queremos dar as grazas pola acollida que tivemos por parte dos traballadores e polo interese que mostrachedes en todo momento achegándovos tanto a el como a nos para darnos a benvida e expoñernos as vosas ideas.

Grande éxito da primeira asemblea de traballadores da CIG

En dias pasados tivo lugar a primeira asemblea de traballadores de EMESA no local que a CIG ten en Betanzos, esta reunión foi aberta a todos os traballadores e traballadoras tanto afiliados a CIG como non, nela se lles expuxo a todos os asistentes cales son os obxectivos primordiais da CIG de cara as próximas eleccións.
Despois de expoñerse diversos temas marcouse como prioridade a información a tod@s os traballadores e traballadoras de EMESA ante a falla continua da mesma que existe actualmente, a grande maioría dos traballadores e traballadoras de EMESA non se enteran ou se lles da información con contagotas das cousas que son faladas nas xuntanzas que os seus representantes teñen coa dirección da empresa.

Tamén tiveron oportunidade todos de expoñer diversos problemas que ven actualmente na empresa e de poñelos en común cos demais compañeiros, finalmente se falou do tema principal do dia que son a próxima elección de delegados e se escomezou a formar candidatura a mesma, para a cal se ofreceron moitos dos presentes e que se rematará en próximos dias con unha xuntanza de todos os compañeiros que se ofreceron para ir na lista de candidatos da CIG.

Dende a CIG temos que dar as grazas pola asistencia a esta asemblea, tanto pola cantidade de compañeiros que asistiron a mesma como pola vontade de todos tanto afiliados como non afiliados por axudar e colaborar co noso sindicato para poder mellorar as condicións de traballo en EMESA.

O proceso asembleario garante fundamental da CIG

A CIG como grupo de traballo ten para o seu funcionamento como sistema o asemblearismo, neste proceso todas as decisións son tomadas en asemblea polos seus afiliados, dende os nosos cargos de responsabilidade ata as liñas de traballo a seguir en cada centro de traballo para acadar os obxectivos que se marquen.
Este sistema fai que os nosos representantes nos comités de empresa leven adiante as propostas que previamente se toman en asemblea por parte dos nosos afiliados, acadando desta maneira que as inquedanzas dos traballadores sexan levadas directamente dende eles a os órganos de dirección das empresas.

A claridade e a transparencia son a nosa forma de traballo diario e esta se reflectirá tamén no traballo que os nosos representantes levan e levarán a cabo no seu traballo en EMESA, informando a tod@s en todo momento das propostas que levemos adiante.
Os delegados e enlaces da CIG en EMESA atenden e atenderán a calquera traballador sexa ou non afiliado a mesma pois nos traballamos non so para os nosos afiliados, senón para todos os traballadores.

Os nosos obxectivos fundamentais son a mellora progresiva xeral, individual e colectiva dos intereses dos traballadores e traballadoras e do conxunto da sociedade galega, mellora tanto das condicións laborais como da calidade de vida.

Loitamos contra toda forma de racismo, xenofobia, ou prexuízo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade, idade, lingua, relixión, opinión política, opción social, posición social ou económica, orixe étnica, nacional e cultural.

Entendemos que todas as decisións que tomemos devén ser democráticas e fomentamos a participación sindical así como nas asembleas de afiliad@s e traballador@s e que as decisións por estes tomadas son soberanas independentemente respecto de calquera organización ou institución, no que conviven distintas sensibilidades e xeitos de entender a sociedade, considerámonos unha organización transformadora.

A información, compromiso fundamental da CIG

A CIG marcouse como compromiso fundamental a información continua a os traballadores. Información de todas as cousas que afecten tanto ao traballo diario dos mesmos como as condicións nas que este se desenrola, para elo nos dotaremos de todos os medios que nos sexan posibles para que esta chegue a todos e cada un dos traballadores de EMESA.

Para elo e a maiores das xa clásicas informacións que se colgarán nos taboleiros da empresa, nos dotamos tanto de este boletín impreso como do noso sitio en internet que estivo xa funcionando en probas dende hai uns meses e que ten como enderezo: www.cigemesa.blogspot.com

A información precisa 1º boletín da CIG EMESA (abril)


Preme en cada unha das paxinas para agrandalas.

Descarga este voceiro en PDF premendo aquí