O Comité de Emesa convoca unha concentración con motivo da celebración do xuízo polo conflito colectivo contra a empresa

O venres 17 de decembro, a partir das 10:15 horas, diante dos xulgados de A Coruña, para denunciar a arbitraria xestión das rotacións entre traballadores/as
O comité de Elaborados Metálicos EMESA, en Coirós, ten unha convocada unha concentración para mañá, venres 17 de decembro, ás 10:15 horas, diante do edificio dos xulgados de A Coruña (Rúa Monforte, s/n) coincidindo coa celebración do xuízo polo conflito colectivo presentado contra a empresa por discriminación na xestión das rotacións de traballo durante a aplicación dos dous expedientes de regulación de emprego temporais.
A representación do persoal denuncia que as rotacións foron realizadas baixo os criterios da empresa de rendabilizar ao máximo a produción co menor número de traballadores/as. Esta decisión arbitraria por parte da dirección de EMESA ten provocado que o persoal comezara a perder xa o 10% da súa prestación por desemprego e que varios operarios esgotaran xa o dereito a cobrar o paro.

Así mesmo, dende o Comité adiantaron que a vindeira semana está solicitada unha reunión coa Dirección Xeral da empresa para informarse sobre o Plano de Viabilidade da compañía, dado que en marzo próximo remata a vixencia do segundo ERE.

Alén da xuntanza, a representación do persoal ten convocadas asembleas de traballadores para acordar un novo calendario de mobilizacións a desenvolver nos vindeiros meses.

Nenhum comentário: