Concentración o luns 9 de febreiro ás 10 na entrada principal do Hospital Meixoeiro do persoal de limpeza e mantemento
O luns 9 de febreiro ás 10 da mañá no hall principal do hospital do Meixoeiro de Vigo, concentrarase o persoal de limpeza e mantemento deste centro hospitalario, adscrito ás empresas Valoriza e Isolux Corsan Servicios s.a. Esta é unha das primeiras mobilización, destes traballadores que repetirase de non modificarse a situación actual, o comezo da folga indefinida está fixado para o 23 de febreiro.Isolux 05/02/2009
Os traballadores de Isolux concentraronse o xoves 5 de febreiro ás dez da mañá para denunciar o incumprimento do seu convenio, e que contou cunha moi alta participación.
Motivos da convocatoria
Os motivos da convocatoria da concentración do luns é o incumprimento do convenio colectivo en materia de salarios e de antigüidade, asi como a deixadez da empresa á hora de substituir as baixas por I.T. e vacacións durante meses, deixando o servizo baixo mínimos.
Desde o mes de xullo do 2008 estes traballadores están a reclamar estes conceptos sen obter resposta por parte de Valoriza e Isolux. As xuntanzas coas empresas "pospoñense día tras día xa que tanto lle ten o que fagamos, a folga non lles importa, xa que o único prexudicado é o Sergas, e o que nos din é que non somos unha unidade produtiva".
As centrais sindicais que convocan estas mobilizacións son UXT, CIG e CCOO, como únicas organizacións con representación entre os máis de 150 traballadores e traballadoras do persoal de limpeza e mantemento deste centro hospitalario.
Etiquetas:
CIG METAL
A CIG de EMESA leva adiante unha campaña que leva como lema "respeto polos traballadores"

Despois dos incumplimentos continuados por parte da Dirección da empresa tanto no tocante a os 29 compañeiros que tiñan que pasar a ter contrato indefinido,como o compromiso da mesma na contratación dos compañeiros que foron despedidos ate xullo do ano pasado e que sabemos que non todos foron chamados apesares de que dende entón houbo moitas contratacións, da falla de saude laboral dentro do taller no tocante a acumulación de gases no ambiente a pesares de ter unha sentencia xudicial na se obriga a empresa a instalar na factoria un sistema de extracción para a eliminación dos gases producidos pola soldadura, arco aire, etc..., todo elo sumado a presión que están a soportar os compañeiros que traballan na sección de eólico os que se lles chegou a suxerir que entraran media hora antes e sairan media hora despois para que as máquinas non pararan de funcionar, indo esto contra a xornada laboral do traballador que e de 8 horas e non 9, cousa que xustificaron co conseguinte "lles serán pagadas como horas extra". Como se pode suxerir que serán horas extra cando acto seguido se lle consulta a cada un por parte de un xefe de sector e se lles pide xustificación da sua negativa a facelas.As horas extras son voluntarias en ningún momento se pode preguntar a razón pola que non se queren ou poden facer de igual maneira que non se pregunta porqué se queren facer todo elo sumado o ambientede crispación que xera dentro dos traballadores as decisións que dentro da dirección se toman e que lles afecta.
Desviación de traballo a subcontratas cando os traballadores de estructura reciben o traballo a contagotas e por riba a nefasta execución das pezas que levan a cabo algunhas subcontratas tirando polo chan a experiencia e ben facer que os traballadores de EMESA levan a demostrar perante decadas na fabricación de estructutras e que lle deron fama e renome internacional a EMESA neste eido.
En definitiva despois de todas as mentiras e os incumprimentos de acordos a CIG leva adiante esta campaña que ten como lema respeto polos traballadores que continuará con outra edición de un cartaz co lema "que non nos utilicen, respeto polos traballadores", e se extenderá con outras acciónso longo das próximas semanas.

CIG EMESA
Assinar:
Postagens (Atom)