Mostrando postagens com marcador CIG METAL. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador CIG METAL. Mostrar todas as postagens

SOBRAN OS MOTIVOS

Despois de todas e cada unha das reformas laborais do PP temos comprobado como se perden os nosos dereitos, ante a actual situación laboral xeral temos que defender o convenio, a conxelación dende o 2014 pola negativa a negociación da patronal está a ocasionar perdas económicas e de poder adquisitivo de todos e todas nos, perdas que poden ser calculadas de unha media de 1500€ por traballador, DE SEGUIR CO SALARIO CONXELADO A ESES CASE 1500€ ESTE  ANO  PODEN SER UNHA MEDIA DE 350 € MÁIS, NON PODEMOS ACEPTAR NINGUNHA SUBIDA SALARIAL SIN REVISIÓN CO IPC.

HAI QUE PARALOS, TEMOS QUE PARAR

Todas temos observado como aumenta de forma exponencial a utilización de subcontratas en todas as empresa, chegando a triplicar o persoal contratado pola propia empresa, situación que a maiores de ser unha perda de dereitos para os traballadores, xera precariedade laboral, precariedade que aproveitan os empresarios para xerar un clima de medo  NON PODEMOS PERMITILO, por elo neste convenio RECLAMAMOS A LIMITACIÓN DAS ETT NOS CENTROS DE TRABALLO.

Ou as Mutuas que dan altas atendendo os intereses da empresa e non os dos traballadores e a súa saúde, e por tal reclamamos que sexan os trabalaldores os que poidan solicitar un cambio de mutua, UNHA MAIOR INTERVECIÓN POR PARTE DOS TRABALLADORES CAS MUTUAS.

COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS
POLO NOSO FUTURO, POLO DOS NOSOS FILLOS E FILLAS.
DEFENDAMOS UN CONVENIO XUSTO
POR UN TRABALLO DIGNO

 

MARTES 27
FOLGA
NO 
       METAL

A folga do metal na provincia da Coruña acada un seguimento masivo

A CIG fai unha valoración moi positiva do seguimento desta primeira xornada de folga convocada nos centros de traballo rexidos polo convenio de siderometal, que regula as condicións laborais duns 18.000 traballadores/as en toda a provincia. Uns paros que se repetirán os días 27 de xuño, 4 e 5 de xullo por mor do fracaso da mediación solicitada pola patronal, nunha manobra a través da que pretendía dilatar sen fin a negociación do novo convenio colectivo e neutralizar a capacidade de mobilización.

O secretario nacional da CIG-Industria, Xoan Xosé Bouzas, que formou parte do piquete que percorreu desde as sete da mañá as rúas do Polígono do Tambre, en Compostela, asegurou que “nas empresas nas que houbo quenda de noite e nas quendas da mañá houbo un paro practicamente xeneralizado”.
Por iso valorou como “un éxito” o seguimento, que nos polígonos e empresas con representación sindical foi de practicamente o 100%, ao igual que na grande empresa de maquinaria pesada, taller e reparación. “Nas empresas nas que non hai representación sindical o seguimento foi máis desigual e naquelas nas que os empresarios vulneraron o dereito á folga ameazando con medidas represivas foi a propia patronal a que non permitiu aos traballadores exercer o seu dereito a parar”. En todo caso, concluíu que tivo “un seguimento masivo”.

Sinalou que esta “é a resposta que os traballadores están a dar á intransixencia da patronal que leva dous anos impedindo que se chegue a un acordo”. Para Bouzas hai puntos que son irrenunciábeis, como a revisión e o incremento salarial, “para que as traballadoras e os traballadores non perdan poder adquisitivo” e a subrogación, para que teñan garantido que se unha contrata deixa de traballar nun servizo pasen á nova contrata, porque “non poden quedar sen posto de traballo”.
Xunto a estes aspectos sinalou que o convenio ten que contemplar todo o relacionado con desprazamentos, dietas e traslados. “Se a patronal non se avén a negociar estes puntos a folga continuará nos próximos días”.

Seguimento na Coruña

De "rotundo éxito" tamén foi cualificado o seguimento da folga do metal na comarca da Coruña, onde os traballadores/as levaron as súas reivindicacións cunha numerosa concentración ás portas da sede da patronal. Como se agardaba, a incidencia do paro é practicamente total nas empresa con maior volume de traballadores/as e produción. Así é o caso da siderúrxica da Laracha, Celsa Atlantic (onde case o 100% do persoal está en folga), ou as emblemáticas empresas do metal, Horta Coslada e Metalúrgica Gallega. Xunto a estas, a totalidade do cadro de persoal de EMESA en Coirós secunda o paro.

A folga tamén está rexistrando unha alta porcentaxe de seguimento nas principais contratas de telecomunicacións e enerxía que operan na Coruña. Así é o caso de Liteyca, Semi ou Comfica (empresas que fan o mantemento e instalación de liñas para multinacionais como Movistar, R ou Vodafone) ou Elecnor (que, entre outros servizos, leva unha parte importante do mantemento das liñas eléctricas de Gas Natural Fenosa). Como tamén era de prever, o seguimento resulta desigual nos centros de traballo onde non hai representación sindical,  aínda que en liñas xerais, a incidencia da folga está sendo moi elevada.

Para o  Secretario da CIG-Industria na Coruña, Eduardo Caamaño, o éxito desta primeira convocatoria de folga "é unha mostra da firme disposición das traballadoras e dos traballadores do metal a loitar por conseguir un convenio que dignifique as súas condicións laborais e salariais". "O persoal está farto de agardar, de perder poder adquisitivo e dereitos. A patronal ten que tomar nota da resposta á folga, dar un paso adiante e abandonar as súas mesquiñas posicións; non pode seguir dilatado sen fin esta negociación", aseverou. 

Neste senso, subliñou que estamos nunha xornada "histórica" por canto hai 25 anos que non se convocaba folga polo convenio de siderometal na provincia da Coruña.

Afíliate: con máis CIG ti es máis forte!

A central pon en marcha unha campaña de afiliación para consolidar e ampliar a capacidade de resposta
A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. [DESCARGA ABAIXO A FICHA DE AFILIACIÓN]
Faise preciso incrementar a base afiliativa e reforzar a presenza da CIG nos centros de traballo se queremos avanzar cara a nunha saída á crise favorábel para a clase traballadora galega. Sendo máis afiliados e afiliadas na CIG temos máis forza para combater as reformas laborais, os recortes e perdas de dereitos, a destrución de emprego, o empobrecemento dos salarios, o retroceso nas condicións laborais, etc.
Canta máis CIG, canta máis e mellor organización, máis capacidade de organización para loitar, e polo tanto, máis capacidade de camiñar cara a soberanía nacional de Galiza como expresión da consecución dos obxectivos de emancipación da clase obreira galega.
Con esta campaña de afiliación reforzamos a nosa independencia económica como única forma de garantir o proxecto sindical da CIG, que dende o seu nacemento dá unha resposta combativa e representa unha alternativa real ao capitalismo. A independencia económica permitiunos ser o que somos e manter a coherencia na defensa da clase traballadora galega. 

Servizos de apoio á acción sindical 
Para apoio da nosa acción sindical e para unha mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega, creamos todo un conxunto de servizos e mecanismos que podemos resumir nos seguintes:
-O departamento de servizos xurídicos, que cobre todo tipo de asesoramento e defensa en casos de despedimentos, reclamación de cantidades, vacacións, xornada laboral, pensións, prestacións por desemprego, etc, sendo totalmente gratuíto este servizo a partir de levar cinco anos afiliado/a. 
-Os departamentos de asesoramento económico, laboral e de igualdade, que cobren todo tipo de asesoramento en materia de informes para ERES, descolgues de convenios, economía social, plans e políticas de igualdade e conciliación, informes sobre novas ordes, decretos ou leis, etc. Totalmente gratuíto.
-O departamento de formación profesional, que a través dun convenio coa fundación FORGA leva anos impartindo cursos de formación, nos nosos propios centros, nos que se formaron miles de traballadores/as, con fondos públicos e de forma totalmente gratuíta.
-O Plan de Axuda Alimentaria Solidario da CIG, creado nos últimos tempos coas achegas solidarias da afiliación para dar apoio a todos aqueles afiliados/as que como consecuencia da crise teñen dificultades para poder cubrir as necesidades máis básicas de alimentación. Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este servizo de axuda á afiliación. 
-A Caixa de Resistencia, de apoio en caso de folga, posibilitando que os afiliados/as, que levan máis de tres meses de afiliación á central sindical, poidan cobrar até o equivalente do salario mínimo interprofesional, a partir do cuarto día de folga, este incluído, compensando así unha parte importante do salario perdido como consecuencia da folga. Este mecanismo tenlle servido até hoxe a moitos compañeiros/as afiliados/as para aguantaren a folga na súa empresa e permitirlle así gañar o conflito fronte á patronal. Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este servizo de apoio á afiliación. 

Para informarte e afiliarte 
-Ponte en contacto coa representación sindical da CIG na túa empresa.
-Chama por teléfono ou envía un correo electrónico ao local da CIG máis próximo ao teu enderezo.
-Descarga a folla de afiliación da páxina web da CIG, cúbrea e envíaa ao local da CIG ou entrégalla á representación sindical da CIG no teu centro de traballo.

A CIG APOSTA E APOSTARÁ POLO CONVENIO DE EMESA, E POLA IGUALDADE DE DEREITOS ENTRE OS TRABALLADORES



Temos osbservado dende o minuto 1 en que nos sentamos a negociar coa propiedade da empresa como o único que se plantexa na negociación colectiva e o recorte de dereitos no actual convenio de EMESA, despois de acusar en repetidas ocasións o Comité de Empresa de non ter avisado de que o Convenio estaba denunciado e de outras tantas nas que se lle dixo que dita negociación prácticamente non se chegara a iniciar dada a situación que vivimos perante todo o ano 2015, na que a dirección de recursos humanos xa non e que non negociara dito Convenio despois de telo denunciado ela mesma senón que no remate do ERTE que tivemos ata o mes de xullo, creouse una situación de incertidume con ausencia case que total de traballo por momentos , ausencia que en ningún intre foi explicada os traballadores e que rematou coa venda da empresa o actual propietário en outubro de este ano, sin comunicación alguna e sin información nin anterior nin posterior de cómo quedaba a situación da plantilla en esta venda.

A situación actual do convenio en ultraactividade que remata o día 20 de este mesmo més, fai que as negociacións se estean a dar con presa, apesares de que o Comité de Empresa invitou a propiedade a solicitar as duas partes unha proroga para que esta negociación se fixera con máis tranquilidade, proroga a que a empresa verbalmente dira o seu visto bó antes das vacacións de nadal e que negou despois mesmo mandando o Comité unha comunicación oficial en plenas vacacións onde se nos informaba que o dia 20 de xaneiro remataba a ultraactividade e que polotanto pasariamos o convenio de sidero de A Coruña sin máis explicacións.

Apesares disto, despois das vacacions de nadal o comité de Empresa chegou a negociación mostrandose aberto e positivo de cara a esta nova época na empresa, apertura que foi respondida por parte da empresa pedindo recortar eliminando dereitos que todos e todas temos no Convenio e ameazando con ir o provincial, a razón única que esgrime e que quere igualarnos coa competencia, dado que segundo eles o noso Convenio e vello e paternalista.

Perante todo este tempo o Comité sempre mantivo a súa intención de manter o Convenio propio, Convenio que o noso entender e positivo tanto para os traballadores como para a propia empresa, pero esta segue coa teima dos recortes e con un sistema de "subida" salarial sin garantías que so afectará a quen estime a propiedade pagando "gratificacións" sen un criterio obxectivo, vemos como a propiedade acusa o noso convenio de paternalista e esta quere aplicar un sistema paternalista que so lle beneficiará a quen ela estime.

Dito isto tamén salientamos que o clima da negociación do primeiro día ate este mercores foi cambiando e aproximando posturas, si ben non podemos estar de acordo coas afirmacións que esgrime a propiedade da empresa e inda non vendo positivo  isto que expoñemos acontinuación serían os minimos que se poderian aceptar, entendemos que non se pode ceder máis no social e que o incremento salarial sendo baixo que o é, tería una vixencia de 1 ano, tempo suficiente para ver cal é a dinámica da empresa no tema do traballo de cara as negocicións futuras.


Esta e a situación da negociación colectiva nesta semana, respostas a plataforma do Comité o dia 12 coa súa contraproposta do día 13

---- 1 ----
Empresa: Nova redacción do Art. 6 do Convenio Colectivo de empresa, relativo aos ingresos e vacantes, eliminando calquera orde de preferencia no acceso a
un posto de traballo, en aras de garantir a igualdade de condicións entre os aspirantes a un posto de traballo.
Comité: o comité mostrouse disposto a cambiar dita redacción sen maior problema.
---- 2 ----
Empresa: Redución na retribución dos traballadores con contrato en formación, (Art. 8 do Convenio Colectivo de empresa), eliminándose o incremento porcentual sobre o salario mínimo interprofesional.
Comité: 100% do SMI para o primeiro ano e o 110% do SMI para o segundo
---- 3 ----
Empresa: Redución na retribución dos traballadores con contrato en prácticas, (Art. 9 do Convenio Colectivo de empresa), reducíndose a porcentaxe aplicable sobre as Táboas Salariales de aplicación.
Comité: 85% do Salário o primeiro ano e o 95% no segundo.
---- 4 ----
Empresa: Prorrateo da gratificación especial de Setembro, (Art. 35.2 do Convenio Colectivo de empresa). Se prorrateará entre as 14 pagas.
Comité: Aceptariase tal prorateo si esta se unifica subindoa  a 85€ anuais igualando o que cobran todos por ela e así desaparecerían as transitorias 3 e 5.
---- 5 ----
Empresa: Supresión do premio de iniciativas e suxestións, (Art. 38 do Convenio Colectivo de empresa).
Comité: Poderiase mirar a sua supresión en base a chegar a acordo coa subida salarial.
---- 6 ----
Empresa: Supresión dos premios de nupcialidad e natalidad, (Art. 40 do Convenio Colectivo de empresa).
Comité: Poderiase mirar a sua supresión en base a chegar a acordo coa subida salarial.
---- 7 ----
Empresa: Nova redacción do Art. 44 do Convenio Colectivo de empresa, relativo aos Fondos de atencións sociais, co obxecto de suprimir calquera beca de estudos medios e superiores sufragados por conta da empresa.
Comité: Estariase disposto a sua suspensión perante o ano 2016 como xesto de boa vontade.
---- 8 ----
Empresa: Nova redacción do Art. 45 do Convenio Colectivo de empresa, relativo ao Complemento á prestación de Incapacidade Temporal, en aras de reducir o absentismo na empresa, regulándose o dereito ao subsidio de conformidad co establecido no artigo 128 e ss. da Lei Xeral da Seguridade Social (RD 1/1994); Acórdase manter o complemento ás persoas que non teñan un absentismo maior ao 2,5% nos últimos 3 meses.
Nova proposta: complementar a redacción con "nin un 5% nos últimos 12 meses”.
Comité: Podería aceptarse
---- 9 ----
Empresa: Redución de mutuo acordo do Órgano de representación colectiva, adecuando o crédito horario dos representantes dos traballadores á realidade do sector.
Comité: O comité neste punto xa dixo que chegado o momento haberá eleccións e este oragano deberá adaptarse no seu número o que por ley ten que haber, dada a proximidade de eleccións, non entrará a debatir este punto.
---- 10 ----
Empresa: Eliminar as Disposicións Transitorias do Convenio Colectivo de empresa, co obxecto de evitar calquera tipo de desigualdade ou discriminación que se poida xerar na práctica.
Comité: Eliminariase a 2ª xa que a efectos económicos xa foi absorbida polo anterior convenio e as 3ª e a 5ª en base os posibles acordos na paga de setembro.
---- 11 ----
Empresa: Supresión da asignación por préstamos aos traballadores, (Art. 43 do Convenio Colectivo de empresa).
Comité: Estaríamos dispostos a que se conxelaran para este ano 2016.
---- 12 ----
Empresa: Nova redacción do Art. 15 do Convenio Colectivo de empresa, relativo á xornada de traballo, horario e vacacións; asimilándoo ao establecido por devandito concepto no Convenio Colectivo Provincial para a Industria Siderometalúrgica da Provincia da Coruña.
Comité: No caso da distribución irregular da xornada laboral, estaríamos dispostos a que se reflexara o acordó firmado no 2015 e se puidera aplicar durante o 2016.
---- 13 ----
Empresa: Duración do convenio: 1 ano. (2016).
Comité : Aceptado
---- 14 ----
Empresa: Dietas e desprazamentos: a empresa non acepta a subida posto que as dietas actuais son maiores que as de convenios con maiores desprazamentos como pode ser o transporte. Acéptase a inclusión dunha dieta por desprazamento fóra de España por 65 €.
Comité: Podería valorarse incluindo desplazamento e aloxamento por conta da empresa.
---- 15 ----
Empresa: Retribución variable por productividad: Proponse un aumento na retribución dos traballadores en concepto de retribución variable pagadera ao final do exercicio.
A retribución fixarase cun mínimo dun 3% do salario podendo aumentarse en función do proxecto. Aplicaráselle á MOD implicada en cada proxecto e en función á súa participación no mesmo

a) Criterios excluíntes: só si cúmprense.

Resultado positivo da compañía
Resultado global positivo do proxecto:
Cumprimento de prazos
Cumprimento de criterios de calidade.

b) Criterios variables/cuantitativos:

No caso de que o resultado sexa satisfactorio, repartirase a curmá de produción a cada integrante do equipo cuxa cuantía irá en función de:

Grado de participación do traballador no proxecto en cuestión en horas. (mínimo do 3% do salario equivalente ás horas traballadas) Obxectivos de rendementos particulares nos traballos asignados a esa persoa ou equipo. En base á planificación do proxecto estableceranse (dirección de produción) obxectivos de rendemento personalizado ou por equipo

en función dos traballos a realizar. Deste xeito o persoal de MOD terá unha planificación con 3 prazos distintos de finalización dos traballos. Se devengará a retribución variable segundo Táboa







Valoraranse positivamente propostas de mellora en proceso que axuden a mellorar a productividade / calidade / seguridade.

Valorarase negativamente: Absentismo, faltas injustificadas do posto de traballo e/ou calquera outro incumplimiento disciplinario e de normas de seguridade.

Comité: Non nos opoñemos a que se reflexe mais en ningún intre consideramos tal como incremento salarial.
A proposta última do Comité de Empresa é unha subida salarial do 1,5 %.

Calquera posible acordo quedaría supeditado a un incremento salarial do 1,5% para este ano 2016.

O Comité de Empresa solicita unha reunión coa Dirección da empresa

O comité de Empresa solicitou unha xuntanza coas direccions dos grupos Isolux Corsán e Soil

"O pasado xoves día 30 de outubro lle foi informado a este Comité de Empresa que ese grupo industrial era o novo propietário de Elaborados Metálicos EMESA SL, sin que nin o grupo Isolux Corsán, anterior propietario nin o grupo Soil Recovery, novo porpietário nos aclararan moitas dúbidas que teñen tanto a plantilla como o Comité de Empresa. 

Dende este Comité de Empresa podemos entender a discreción coa que se levan negociacións de este tipo, pero como vostedes entenderán son moitas as dúbidas que tanto a plantilla da empresa como este Comité lles xurden o respecto desta nova que nos foi comunicada. 

Para solventar as dúbidas que temos, quereriamos ter una xuntanza coas dirección dos dous grupos implicado na venda para que se nos explicaran tanto o Plan Industrial, como o plan de emprego que se ten para esta factoría, así como as consecuencias xurídicas, económicas e sociais, convenio colectivo, etc… que para os traballadores poida ter esta venda. 

Tamén nos gustaría saber nesta xuntanza cal sería a situación das obras que a día de hoxe tería pendentes de execución EMESA, tanto as que neste momento están executandose como as que estaban pendentes de execución en próximas datas e a situación na que quedarían os servizos que a día de hoxe compartimos con Isolux Ingeniería tales como servicio de comedor e transporte. 

Por todo elo solicitamos una xuntanza a tres nas que esten presentes, o Grupo Isolux Corsán o Grupo Soil e os representantes dos traballadores cos seus asesores". 

Voceiro especial pola venda de EMESA

https://es.scribd.com/doc/287943040/Voceiro-Venda
PREME NA IMÁXE PARA ACCEDER O VOCEIRO ESPECIAL CON MOTIVO DA VENDA EN PDF

Preguntas habituais que xurden coa venda da empresa

1.- CONTINUIDADE DA RELACIÓN LABORAL.
 A idea básica é que a compravenda dunha empresa non ten por que conlevar a perda dos postos de traballo, senón a continuidade da relación laboral en idénticas condicións.

2.- DÚAS OPCIÓNS NA PRÁCTICA.
Cando se produce unha compravenda dunha empresa o máis normal é que poidan ocorrer dúas cousas:
A primeira, que os traballadores conserven os seus contratos e as súas condicións laborais, continuando coa súa actividade laboral normal con idénticos dereitos e obrigacións. Non modificándose para nada os seus dereitos nin as súas condicións laborais.
A segunda, que quen compra a empresa, a cesionaria, non queira ou non necesite a todos os traballadores da primeira empresa, a cedente, neste caso, a empresa vendedora deberá ser quen despida aos traballadores, recibindo os empregados despedidos dereito a obter a súa indemnización legal por despedimento, xeralmente por causas obxectivas, 20 días por ano traballado.
Pode ocorrer que o empregado sexa quen non queira pasar á empresa que adquiriu a mercantil, nese caso entenderase como unha baixa voluntaria e non terá dereito a cobrar o paro.

3.- COIDADO SI CHE PRESENTAN UN FINIQUITO.

En ocasións, algúns empresarios que venden pídenlles aos seus traballadores que asinen o seu finiquito alegando que a nova empresa vai asinar con eles un novo contrato, neste caso, o que non ten que facer o traballador é asinar finiquito algún, porque entón non conservará a súa antigüidade nin as súas condicións laborais no novo contrato, e si asina non obterá indemnización por fin de contrato.

4.- SUBROGACIÓN EN DEREITOS E OBRIGACIÓNS.
O cesionario queda subrogado en todos dereitos e obrigacións laborais e de Seguridade Social do cedente. E cedente e cesionario adquiren unha responsabilidade solidaria durante 3 anos.
Ademais, vendedor e comprador, ou cesionario e cedente responden solidariamente durante os 3 anos sinalados das obrigacións laborais non satisfeitas antes da transmisión, e só con posteriodad si tal trasnmisión fose considerada delito.

5.- DEREITO A INFORMACIÓN DOS TRABALLADORES.
Este dereito á información refírese a aportar datos respecto da data de transmisión, as causas, as consecuencias económicas, sociais e xurídicas; así como, respecto do resto de medidas que afectarán aos traballadores como consecuencia da venda da empresa. Esta información deberá ser previa e cunha antelación suficiente.

6.- CAMBIOS EN CONDICIÓNS DE TRABALLO

Si nos cambios inclúense medidas laborais que afecten ás condicións de traballo dos empregados, o empresario antigo ou novo que queira modificalas deberá iniciar un período de consultas sobre as mesmas e as súas consecuencias, coa intención de negociar de boa fe e chegar a un acordo. Tendo que adaptarse esta negociación ao establecido no ET para mobilidade xeográfica e modificación sustancial das condicións de traballo,

7.- CONTINUIDADE NO CONVENIO COLECTIVO.

Para rematar, sinalar que salvo pacto en contrario que xurdise desta negociación os traballadores seguirán rexéndose polo convenio colectivo que lles viña sendo aplicable ata a data de expiración do seu convenio colectivo ou ata a entrada en vigor doutro convenio colectivo novo que resulte aplicable á entidade económica transmitida.

Artígo 44 do Estatuto dos Traballadores - A sucesión da empresa

1.    O cambio de titularidade dunha empresa, dun centro de traballo ou dunha unidade produtiva autónoma non extinguirá por si mesmo a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigacións laborais e de Seguridade Social do anterior, incluíndo os compromisos de pensións, nos términos previstos no seu normativa específica, e, en xeral, cantas obrigacións en materia de protección social complementaria tivera adquirido o cedente.

2. Aos efectos do previsto no presente artigo, considerarase que existe sucesión de empresa cando a transmisión afecte a unha entidade económica que manteña a súa identidade, entendida como un conxunto de medios organizados a fin de levar a cabo unha actividade económica, esencial ou accesoria.

3. Sen prexuízo do establecido na lexislación de Seguridade Social, o cedente e o cesionario, nas transmisións que teñan lugar por actos intervivos, responderán solidariamente durante tres anos das obrigacións laborais nadas con anterioridad á transmisión e que non fosen satisfeitas.
O cedente e o cesionario tamén responderán solidariamente das obrigacións nadas con posterioridad á transmisión, cando a cesión fose declarada delito.

4. Salvo pacto en contrario, establecido unha vez consumada a sucesión mediante acordo de empresa entre o cesionario e os representantes dos traballadores, as relacións laborais dos traballadores afectados pola sucesión seguirán rexéndose polo convenio colectivo que no momento da transmisión for de aplicación na empresa, centro de traballo ou unidade produtiva autónoma transferida.
Esta aplicación manterase ata a data de expiración do convenio colectivo de orixe ou ata a entrada en vigor doutro convenio colectivo novo que resulte aplicable á entidade económica transmitida.

5. Cando a empresa, o centro de traballo ou a unidade produtiva obxecto da transmisión conserve a súa autonomía, o cambio de titularidad do empresario non extinguirá por si mesmo o mandato dos representantes legais dos traballadores, que seguirán exercendo as súas funcións nos mesmos términos e baixo as mesmas condicións que rexían con anterioridade.

6. O cedente e o cesionario deberán informar aos representantes legais dos seus traballadores respectivos afectados polo cambio de titularidad dos seguintes extremos:

a) Data prevista da transmisión;
b) Motivos da transmisión;
c) Consecuencias xurídicas, económicas e sociais, para os traballadores, da transmisión, e
d) Medidas previstas respecto dos traballadores.

7. De non haber representantes legais dos traballadores, o cedente e o cesionario deberán facilitar a información mencionada no apartado anterior aos traballadores que puideren resultar afectados pola transmisión.

8. O cedente virá obrigado a facilitar a información mencionada nos apartados anteriores coa suficiente antelación, antes da realización da transmisión. O cesionario estará obrigado a comunicar estas informacións coa suficiente antelación e, en todo caso, antes de que os seus traballadores véxanse afectados nas súas condicións de emprego e de traballo pola transmisión.
Nos supostos de fusión e escisión de sociedades, o cedente e o cesionario haberán de proporcionar a indicada información, en todo caso, ao tempo de publicarse a convocatoria das xuntas xerais que han de adoptar os respectivos acordos.

9. O cedente ou o cesionario que prever adoptar, con motivo da transmisión, medidas laborais en relación cos seus traballadores virá obrigado a iniciar un período de consultas cos representantes legais dos traballadores sobre as medidas previstas e as súas consecuencias para os traballadores. Devandito período de consultas haberá de celebrarse coa suficiente antelación, antes de que as medidas lévense a efecto. Durante o período de consultas, as partes deberán negociar de boa fe, con vistas á consecución dun acordo. Cando as medidas previstas consistiren en traslados colectivos ou en modificacións substanciais das condicións de traballo de carácter colectivo, o procedemento do período de consultas ao que se refire o párrafo anterior axustarase ao establecido nos artigos 40.2 e 41.4 da presente Lei.

10. As obrigas de información e consulta establecidas no presente artigo aplicaranse con independencia de que a decisión relativa á transmisión sexa adoptada polos empresarios cedente e cesionario ou polas empresas que exerzan o control sobre eles. Calquera xustificación daqueles baseada no feito de que a empresa que tomou a decisión non lles facilitou a información necesaria non poderá ser tomada en consideración para ese efecto.

NOTA DE PRENSA 7 DE XANEIRO DE 2014



ISOLUX CORSÁN ABOCA A EMESA A UN ESCURO E INCERTO FUTURO

Os traballadores/as de EMESA en asamblea este venres 3 de xaneiro deron un non rotundo e definitivo as medidas presentadas pola empresa, e encomendaron a esta a que de querer levalas adiante sexa a xustiza a que decida sobre as mesmas.

O Comité de Empresa salienta a falla total e absoluta de disposición a negociación da dirección de EMESA e o grupo Isolux Corsán, que fixo efectiva a ameazar do aumento do numero de despedimentos se os traballadores non aceptaban o ERTE e o despedimento colectivo nas condicións da dirección da empresa, que despediu a 46 traballadores despois de ter afirmado 30 e facendo un ERTE de 12 meses cando chegou a falar de 8 meses.

Non  ofreceu complemento algún nin garantías de futuro para os traballadores/as os que pretende aplicar o ERTE, xa que non presenta ningún plan de biabilidade.

Non ofrece ninguna garantía na devolución das prestacións dos traballadores/as, traballadores que xa perderon case que a totalidade das mesmas nos 4 ERE sucesivos que remataron no 2012 e que de levarse adiante este ERTE quedarían sen prestación por desemprego, quedando estes sin prestación económica de ningún tipo. 

O despido colectivo como tal de traballadores/as, ten como única pretensión a precarización dos postos de traballo na empresa, que viu como nos últimos anos se despediron de diferentes formas a preto de 200 traballadores/as.

O Comité de Empresa e os traballadores/as, consideran que a plantilla de EMESA non está sobredimensionada, e que este é como os outros un DESPIDO SELECTIVO, demostrao o feito de que durante o pasado ano houbo mais de 120  traballadores/as de ETT a maiores da plantilla existente.

 Este DESPIDO SELECTIVO non se consensuaron nin se expuxeron criterios ningúns de selección, demostrando que estes son a dedo e por intereses que van mais aló da biabilidade da empresa, a practica totalidade dos menores de 50 anos  persoal que de continuar supoñerian o seu futuro.

O Comité de Empresa levará adiante as medidas xudiciais e sindicais precisas para tumbar o despedimento Colectivo e ERTE plantexado pola empresa, medidas lesivas para os traballadores/as que nos últimos 48 meses xa sufriron 24 meses de ERTE e que de ir adiante este supoñeria que de 60 meses estiveran 36 en ERTE.

Esta situación demostra que en EMESA estas medidas se está a convertir en una mala costume de aforro e precarización da dirección, mais que una medida extraordinária para a súa biabilidade, medidas que so serven para os escuros propósitos do grupo Isolux Corsán e a Dirección de EMESA, e que supoñen unha fraude a actual lexislación laboral.

Comité de Empresa
Elaborados Metálicos EMESA SL

PRIMEIRA XUNTANZA DE NEGOCIACIÓN COA DIRECCIÓN DE EMESA

Rematou a xuntanza coa empresa as 15:00h, xuntanza tediosa e sen mais que salientar que a petición da información que falla na presentación do ERTE e do despido colectivo.
Bastantes diferenzas no que se refire a que documentación ou se esta está ben reflectida na memoria ou non.
Podedes acceder a :

ACTA DA NEGOCIACIÓN DO DIA 29 DE NOVEMBRO DE 2013  

Raro, raro, raro

A xuntanza coa dirección que estaba prevista para as 10:30 co Comité de Empresa para a presentación da documentación do ERE e o despido Colectivo, retrasase ata última hora da mañá despois de estar o Comité de Empresa 1 hora agardando pola dirección.


A que responde este retraso?.
A documentación por lóxica xa estará preparada.
Estrá a dirección facendo cambios?.
A que intereses responden eses cambios?.

Dia15 de novembro de 2013, xuntanza coa Dirección

Pouco ou nada hai que dicir da xuntanza coa empresa pola convocatória que fixo o Comité para comunicar a intención de presentar un ERE temporal e un despido Colectivo na empresa.

Limitaronse a expoñer que era o que legalmente tiñan que facer e a explicar reiteradamente que pola sua parte habia cordialidade e transparencia para a negociación, cordialidade e transparencia que demostraron ser falsas cando a CIG expuxo que en vista de tal cordialidade e boas intencións se apartara da mesa esas posibilidades (ERE temporal e Despido Colectivo), e se negociara sen ataduras legais nin tempos unha solución para a continuidade de EMESA, neste caso tanto RRHH como a Dirección de EMESA deixaron claro que cordialidade si pero que a legalidade estaba ahi e a ian utilizar, que pasado o prazo de 7 dias para comunicar a comisión negociadora por parte do Comité presentaerian o ERE  e o despido colectivo, esto fai prever que cordialidade moi pouca e seguramente transparencia moita menos por parte da empresa.

En ningún intre comunican nin numero de afectados polo despedimento colectivo, nin meses en regulación para os restantes, nin razóns para a presentación do ERE. nada de nada ata que se cumpla o plazo e o presenten.

Remata o primeiro dia para a comuniocación da comisión negociadora, coas liñas basicas por parte do Comité acordadas.

  • Non os despedimentos.
  • Información continua os traballadores por parte do comité.
  • Asembleas habituais para informar da evolución dos acontecementos.

Convocase xuntanza do Comité de Empresa para o martes 19 as 10:00h para empezar a mirar medidas sindicais despois de ir o Comité as diferentes centrais a informarse sobre este proceso.

Iniciativas presentadas no parlamento de Galiza polo BNG

Proposición non de lei para o seu debate no Parlamento de Galiza CLIC AQUÍ.
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión Parlamentar  CLIC AQUÍ.

Cuestións plantexadas para a súa resposta no Parlamento  de Galiza:

Cuestión 1ª - CLIC AQUÍ.
Cuestión 2ª - CLIC AQUÍ.
Cuestión 3ª - CLIC AQUÍ.

O Comité de EMESA denuncia a ilegalidade manifesta da Xunta na resolución do cuarto ERE e anuncia que presentará recurso

O Comité de EMESA quere denunciar publicamente a ilegalidade cometida pola Xunta de Galiza na resolución favorábel do cuarto ERE de suspensión para a planta de Coirós. A representación do persoal xa anunciou que presentará recurso de alzada contra a decisión da Consellaría e vai elaborar un novo calendario de mobilizacións.

Dende o Comité denuncian que a Xunta actúa contra os seus propios actos e as súas propias resolucións, tal e como se ten denunciado durante a tramitación deste ERE. O Comité critica a total indefensión na que deixa ao cadro de persoal a decisión da Xunta,  que se desinhibiu ante os 14 despedimentos executados pola dirección a pesar de ser da súa competencia e ter sumido o compromiso de aplicar o que estabelece o Estatuto dos Traballadores. Ademais, este ERE apróbase pola Xunta sen estabelecer unha garantía do mantemento de emprego do cadro de persoal (tal e como se solicitou por parte do Comité) e sen acreditar a empresa coa documentación precisa, incluso requirida pola Xunta, a causa deste ERE, como ten manifestado a Inspección de Traballo na tramitación deste expediente.

O despropósito, a fraude e mala fe da Xunta é de tal magnitude que non resolvendo expresamente nada sobre o Plan de Acompañamento Social, pretende autorizar á empresa para que aplique un plan absolutamente prexudicial para os traballadores/as no plano económico e laboral. Sobre esta cuestión, o Comité lembra que os 15 puntos que contiña o acordo do anterior ERE quedaron reducidos a tan só tres. Dunha banda, coas condicións recollidas no expediente de regulación o persoal deixará de percibir uns 300 euros mensuais e as pagas extraordinarias. Pola outra, non se achega nin unha soa garantía por parte da empresa para manter os actuais niveis de emprego na factoría.

“A Xunta déixanos no peor escenario posíbel, dándolle á razón a empresa e contradicindo as propias as súas propias afirmacións, cando nos asegurou que ían aplicar a lei con todo rigor”, sinala o Presidente do Comité, Andrés Rodríguez. Ademais, Rodríguez destaca que a resolución da Consellería de Traballo avala as pretensións da dirección de EMESA de desvincular a situación económica e produtiva da factoría de Coirós do conxunto de resultados do Grupo Isolux Corsán, en contra do ditaminado pola Inspección de Traballo (nos informes preceptivos para o terceiro e cuarto ERE), que afirma que calquera decisión de EMESA en calquera ámbito da súa actuación é o Grupo Isolux Corsán quen a decide.
O Comité de Empresa amosou as súas sospeitas a respecto de que Isolux e o Goberno galego utilizaran este ERE e a EMESA como moeda de cambio nas negociacións das compensacións que ambas manteñen a raíz da suspensión da adxudicación que Isolux Corsán tiña otorgada para as obras do desdobramento do corredor do Morrazo.

Documento Xunta sobre a obra do Morrazo CLIC AQUÍ

Dende o Comité de Emesa advertiron que van interpor recurso de alzada contra a resolución administrativa e xa preparan un novo calendario de mobilizacións en contra dunha decisión na que a Xunta colabora con Isolux Corsán no proceso de desmantelamento de Emesa e a destrución de centos de empregos.