Mostrando postagens com marcador ERE 2014. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ERE 2014. Mostrar todas as postagens

NOTA DE PRENSA 7 DE XANEIRO DE 2014



ISOLUX CORSÁN ABOCA A EMESA A UN ESCURO E INCERTO FUTURO

Os traballadores/as de EMESA en asamblea este venres 3 de xaneiro deron un non rotundo e definitivo as medidas presentadas pola empresa, e encomendaron a esta a que de querer levalas adiante sexa a xustiza a que decida sobre as mesmas.

O Comité de Empresa salienta a falla total e absoluta de disposición a negociación da dirección de EMESA e o grupo Isolux Corsán, que fixo efectiva a ameazar do aumento do numero de despedimentos se os traballadores non aceptaban o ERTE e o despedimento colectivo nas condicións da dirección da empresa, que despediu a 46 traballadores despois de ter afirmado 30 e facendo un ERTE de 12 meses cando chegou a falar de 8 meses.

Non  ofreceu complemento algún nin garantías de futuro para os traballadores/as os que pretende aplicar o ERTE, xa que non presenta ningún plan de biabilidade.

Non ofrece ninguna garantía na devolución das prestacións dos traballadores/as, traballadores que xa perderon case que a totalidade das mesmas nos 4 ERE sucesivos que remataron no 2012 e que de levarse adiante este ERTE quedarían sen prestación por desemprego, quedando estes sin prestación económica de ningún tipo. 

O despido colectivo como tal de traballadores/as, ten como única pretensión a precarización dos postos de traballo na empresa, que viu como nos últimos anos se despediron de diferentes formas a preto de 200 traballadores/as.

O Comité de Empresa e os traballadores/as, consideran que a plantilla de EMESA non está sobredimensionada, e que este é como os outros un DESPIDO SELECTIVO, demostrao o feito de que durante o pasado ano houbo mais de 120  traballadores/as de ETT a maiores da plantilla existente.

 Este DESPIDO SELECTIVO non se consensuaron nin se expuxeron criterios ningúns de selección, demostrando que estes son a dedo e por intereses que van mais aló da biabilidade da empresa, a practica totalidade dos menores de 50 anos  persoal que de continuar supoñerian o seu futuro.

O Comité de Empresa levará adiante as medidas xudiciais e sindicais precisas para tumbar o despedimento Colectivo e ERTE plantexado pola empresa, medidas lesivas para os traballadores/as que nos últimos 48 meses xa sufriron 24 meses de ERTE e que de ir adiante este supoñeria que de 60 meses estiveran 36 en ERTE.

Esta situación demostra que en EMESA estas medidas se está a convertir en una mala costume de aforro e precarización da dirección, mais que una medida extraordinária para a súa biabilidade, medidas que so serven para os escuros propósitos do grupo Isolux Corsán e a Dirección de EMESA, e que supoñen unha fraude a actual lexislación laboral.

Comité de Empresa
Elaborados Metálicos EMESA SL

SOBRAN AS RAZÓNS PARA O NON (Postura de CIG e UGT ante a ultima Asemblea de Traballadores)



OS ÚLTIMOS DIAS DENDE A ULTIMA ASEMBLEA

Despois da ultima asemblea que tivo lugar en Coruña e de volta na empresa a dirección non se moveu un ápice nas pretensións mínimas do comité de empresa e firmouse un acta de desacordo pero encomendousenos a que nos seguintes dias agardaban unha comunicación por parte da dirección de Isolux Corsán pola que poderian atar algunhas das pretensións do Comité e falariamos da posibilidade de un acordo.

O dia 26 o Comité de Empresa reuiniuse en EMESA coa comunicación por parte de Isolux Corsán de que seguian inamobibeis nas pretensións dos traballadores e ameazou  o Comité dicindo que de non firmar ese acordo plantexarian 46 despidos e non 30, hai que salientar que a dirección de EMESA xa presentou na Conselleria de traballo documentación na que saen so 30 despedimentos a maiores de sair na memoria do ERE e ERTE dita cantidade.

Despois de un NON do Comité de Empresa, aprobouse a exposición do falado a todos os traballadores e que estes decidiran o dia dous si aceptaban as condicións da empresa no ERE e ERTE.

A dirección da empresa voltou a poñerse en contacto co Comité de Empresa antes de fin de ano para a posibilidade de unha ampliación do período de consultas ata o dia 10 de xaneiro, e agardando por unha xuntanza estivo o Comité o dia de onte, en dita xuntanza pediuselle a este que solicitara unha ampliación do periodo de consultas, o Comité despois de ter falado cos asesores dixolle que a que teria que pedir esa ampliación deberia de ser a empresa e que o Comité accederia gustoso a tentar unha posibilidade de acordo, coa negativa das direccións de Isolux e EMESA a esta posibilidade barallouse unha terceira facer un acta con data do 25 de decembro e deste xeito alongar o período legal que ten a dirección para levar adiante o ERE e ERTE ata o dia 9 un menos que na outra formula pero valido para a dirección de EMESA, en principio, pouco despois comunicou a direción que dende Isolux negaban dita posibilidade demostrando de xeito inequivoco que esa prolongación do tempo de negociación non ia servir de nada ainda que estes accederan pois se lles deron posibilidades para facer efectiva dita prolongación.

AS PRETENSIÓNS DO COMITÉ DE EMPRESA

Despois de moitas conversas sen froito ca dirección de Isolux e EMESA, o Comité marcou unha liña bermella pola que non pasaria e que entendia que se deberia traballar nos seguintes aspectos:

1.    Prexubilación de todos os traballadores que teñan esa posibilidade perante o periodo de ERE.

2.   Garantia de que ningún traballador estea afectado polo ERE mais de 6 meses, despois de dito periodo, pasaria a cobrar o 50% da sua prestación por desemprego, poñendo os afectados en unha situación suicida.

3.   Pasar todos os afectados de despido colectivo a ERTE, ou que a empresa se mova e baixe os 30 afectados (como xa lle comentou inspección de traballo, mesmo avisandoo da ilegalidade que cometeu o non consensuar cos traballadores os criterios de selección. Facendo claro o que xa todos sabemos que non e outra cousa que este e un DESPIDO SELECTIVO e no COLECTIVO.

Non valorou sequera de ningún xeito ningunha delas sendo estas de mínimos totalmente.

PORQUE NON

NO CASO DO DESPEDIMENTO COLECTIVO

Despedimentos a dedo sen mais obxectivo que precarizar a man de obra ou mesmo de minguar esta para precarizar os dereitos de todos os traballadores.

Baile de cifras ilóxico, pon en ocasións 30 despedimentos mesmo por escrito en documentación que entrega a Xunta de Galicia ou na propia memória, demostrando falla total e absoluta de vontade de negociación, agora son 46, despois 40, mais tarde 36, despois 30 e o final se non tragamos coas suas iloxicas e perversas condicións di que quere presentar 46 despedimentos.

NON CASO DO ERTE

Falla total e absoluta de complementos que aminoren no posible o impacto na perda salarial dos traballadores.

Falla total e absoluta de garantias no tempo de regulación dos traballadores coa disminución da prestación por desemprego de estes.

Falla total e absoluta de devolución das prestacións por desemprego consumidas despois de ternos roubado en anteriores ERE case que a totalidade ou a totalidade de estas.

Non demostran de ningún xeito que estes ERE remate aquí e mesmo deixaron aberta a posibilidade de continuación do mesmo en conversas abocando os traballadores que queden a un futuro negro e incerto.
Neganse a prexubilar os traballadores que teñan esa posibilidade durante o ERTE ou mesmo despois, pois nin sequera garanten que o remate de este poidan prexubilarse.

Afirman darnos o 100% das pagas de xullo e setembro, cando eles mesmos saben que grande parte de estas xa as xerarán co tempo traballado durante o ERTE.

EN CONCLUSIÓN

Nos dicimos NON e encomendamos a todos os traballadores a votar NON as nefastas ou ausentes condicións da empresa para este ERE e ERTE.

Pedimos un NON claro e rotundo para dicirlle a dirección de Isolux e de EMESA que sen garantia ningunha non acepatamos nin acepataremos as suas pretensións.

Si presenta o ERE e ERTE en ditas condicións sen contar cos traballadores que decida a xustiza, pois nos  negmosnos a ir cara un futuro sen garantia algunha, non se dan as condicións para que as medidas presentadas pola dirección da empresa sexan consideradas circunstanciais para o ERTE, nin consideramos que esta empresa co volume que ten, teña sobredimensionada a plantilla.

Ese NON encomenda a dirección a valorar e aceptar que non iremos a esta medida sen garantia algunha.
Ese NON encomenda o Comité de Empresa a facer pública a extorsión que a dirección de Isolux Corsán e EMESA están a someter os traballadores co unico obxectivo de precarizar o traballo na empresa, e despedir a quen lles pete con criterios oscuros e descoñecidos por estes e polas institucións que tramitan o ERE e ERTE.

Ese non encomenda o Comité a loita coa legalidade e as medidas sindicais precisas para que dito ERE e ERTE non sexa levado a cabo nas salvaxes condicións presentadas pola empresa, e a tentar que as administracións que teñen posibilidades axuden a estes para darlle futuro a EMESA e os seus traballadores, xa que a dirección de Isolux parecer ter outros escuros plans para estes.

NON O ERE – NON O ERTE

El Ideal Gallego 12 de decembro de 2013

Los empleados de Emesa piden la implicación de las autoridades para salvar la planta de Coirós

El Comité de Empresa de Elaborados Metálicos Emesa SL reclama la implicación de las autoridades para salvar la planta de Coirós. Los trabajadores han solicitado reuniones con responsables de la Consellería de Industria, de la Delegación del Gobierno en Galicia y esta mañana se reunirán con el Ayuntamiento de Betanzos. El comité de empresa demanda la intervención de las administraciones “co obxecto de garantir a viabilidade dunha empresa como Emesa SL”, fundada hace más de sesenta años en A Coruña.
En un comunicado conjunto, CC OO, UGT y CIG apelan  a la antigüedad y arraigo, y a la “demostrada capacidade técnica” de la empresa para instar a las autoridades a tomar medidas urgentes “diante do inicio de procedemento de despido colectivo para o 40% do persoal da planta e do expediente de regulación temporal para o 60% restante” que plantea la dirección de la factoría del polígono coirense, filial del Grupo Isolux Corsán.
La plantilla no está dispuesta a negociar ningún despido y, aunque reconoce que en este momento la planta no dispone de carga de trabajo, sostiene que la situación puede ser provocada  para justificar su propuesta, e insiste en que hace solo un par de meses, la multinacional contrató más de un centenar de empleados a través de una ETT (Empresa de Trabajo Temporal).
Emesa está especializada en la ingeniería, fabricación y montaje de soluciones en estructuras metálicas singulares, y reconocida tanto en Europa como en los Estados Unidos por su participación en obras y proyectos de envergadura como el Word Trade Center de Nueva York.

Rechazo

El planteamiento de la firma contempla el despido de 48 trabajadores y un ERTE de 18 meses de duración para otros 59. Según fuentes del comité de empresa, el pasado 22 de noviembre, la empresa comunicó el inicio de un procedimiento de despido y de extinción temporal de empleo, como ya adelantó este periódico en su edición del día 17.
Casi un mes después, los trabajadores siguen rechazando una medida que, según denuncian, viene precedida de otras de carácter similar llevadas a cabo “en los últimos tres años con el resultado del despido de más de 120 trabajadores”, mientras que desde la dirección siguen alegando “pérdidas” que estaría soportando el Grupo Ilosux.

Extraído de El Ideal Gallego

Xuntanza no Concello de Betanzos

Xuntanza produtiva no Concello de Betanzos onde fumos recibidos polo Alcalde e representantes de BNG e Cidadans por Betanzos, onde saiu o compromiso de apoio os traballadores de EMESA mais polo futuro da factoria de Coirós.
Compromiso que se materializará en unha moción no próximo pleno do Concello de Betanzos o martes 17 de decembro.

Na xuntanza a maiores de terlle exposto a história e obras que fixeron de EMESA un dos lideres mundiais en fabricación de estructuras singulares, falouse da posibilidade de cara a futuro de diversas obras que están en licitación e onde as corporacións, parlamentos e gobernos poden facer que exista biabilidade de cara a futuro na empresa, unha delas que foi comentada e a de ampliación da ponte de Rande, obra feita por esta empresa e que está en licitación para ser levada adiante.

Dende a CIG temos que dar as grazas pola disposición que tiveron os grupos asistentes pois deron todas as facilidades para esta xuntanza.

PRIMEIRA XUNTANZA DE NEGOCIACIÓN COA DIRECCIÓN DE EMESA

Rematou a xuntanza coa empresa as 15:00h, xuntanza tediosa e sen mais que salientar que a petición da información que falla na presentación do ERTE e do despido colectivo.
Bastantes diferenzas no que se refire a que documentación ou se esta está ben reflectida na memoria ou non.
Podedes acceder a :

ACTA DA NEGOCIACIÓN DO DIA 29 DE NOVEMBRO DE 2013