Mostrando postagens com marcador De Interese. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador De Interese. Mostrar todas as postagens

SOBRAN OS MOTIVOS

Despois de todas e cada unha das reformas laborais do PP temos comprobado como se perden os nosos dereitos, ante a actual situación laboral xeral temos que defender o convenio, a conxelación dende o 2014 pola negativa a negociación da patronal está a ocasionar perdas económicas e de poder adquisitivo de todos e todas nos, perdas que poden ser calculadas de unha media de 1500€ por traballador, DE SEGUIR CO SALARIO CONXELADO A ESES CASE 1500€ ESTE  ANO  PODEN SER UNHA MEDIA DE 350 € MÁIS, NON PODEMOS ACEPTAR NINGUNHA SUBIDA SALARIAL SIN REVISIÓN CO IPC.

HAI QUE PARALOS, TEMOS QUE PARAR

Todas temos observado como aumenta de forma exponencial a utilización de subcontratas en todas as empresa, chegando a triplicar o persoal contratado pola propia empresa, situación que a maiores de ser unha perda de dereitos para os traballadores, xera precariedade laboral, precariedade que aproveitan os empresarios para xerar un clima de medo  NON PODEMOS PERMITILO, por elo neste convenio RECLAMAMOS A LIMITACIÓN DAS ETT NOS CENTROS DE TRABALLO.

Ou as Mutuas que dan altas atendendo os intereses da empresa e non os dos traballadores e a súa saúde, e por tal reclamamos que sexan os trabalaldores os que poidan solicitar un cambio de mutua, UNHA MAIOR INTERVECIÓN POR PARTE DOS TRABALLADORES CAS MUTUAS.

COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS
POLO NOSO FUTURO, POLO DOS NOSOS FILLOS E FILLAS.
DEFENDAMOS UN CONVENIO XUSTO
POR UN TRABALLO DIGNO

 

MARTES 27
FOLGA
NO 
       METAL

Acreditación de competencias

O obxecto da acreditación de competencias é o de recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.


Convocatoria 2009

Orde do 1 de setembro de 2009 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional, e se determina o correspondente procedemento experimental.


Guía do candidato 2009



Requisitos de acceso

Para acceder ao procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional, os candidatos e as candidatas deberán cumprir os requisitos xerais seguintes:

Ter cumpridos 21 anos ou cumprilos no ano natural en que se produza a convocatoria para acceder á acreditación das unidades de competencia dos títulos de grao superior, e 19 anos para acceder ás unidades de competencia dos ciclos de grao medio.

Ademais dos requisitos de idade, as persoas solicitantes deberán acreditar unha experiencia laboral efectiva de polo menos tres anos completos nos últimos 15 anos de traballo, relacionada co sector produtivo do ciclo formativo a que pertenza a unidade de competencia solicitada da cal se pretenda o recoñecemento.

Non estar matriculado ou matriculada nas ensinanzas de réxime ordinario conducentes ao mesmo título ou, cando se tratar de formación modular, no módulo correspondente a esa unidade de competencia.

Inscrición e matrícula


A solicitude de inscrición para o procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional presentarase, xunto coa documentación requirida, na secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso para cada unidade de competencia convocada.

O período de inscrición abranguerá desde o día 13 de outubro ata o 23 de outubro de 2009, ambos os dous incluídos.


Documentación requirida

As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa solicitude de inscrición (anexo III), a seguinte documentación:

Documentación acreditativa da experiencia laboral a que fai referencia o punto anterior.

Fotocopia do DNI no caso de non autorizar a consulta de datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.

Declaración xurada (anexo VI), na que se faga constar que non se ten matrícula formalizada en ningunha modalidade das ensinanzas conducentes ao mesmo título, ou, cando se tratar de formación modular, no módulo ou nos módulos asociados a esa unidade ou unidades de competencia.

Traxectoria formativa e profesional (anexo VII)

Modelo de certificación das actividades desenvolvidas na empresa (anexo IX)


Modelos de documentos en relación á acreditación de competencias