Mostrando postagens com marcador CIG NACIONAL. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador CIG NACIONAL. Mostrar todas as postagens

SOBRAN OS MOTIVOS

Despois de todas e cada unha das reformas laborais do PP temos comprobado como se perden os nosos dereitos, ante a actual situación laboral xeral temos que defender o convenio, a conxelación dende o 2014 pola negativa a negociación da patronal está a ocasionar perdas económicas e de poder adquisitivo de todos e todas nos, perdas que poden ser calculadas de unha media de 1500€ por traballador, DE SEGUIR CO SALARIO CONXELADO A ESES CASE 1500€ ESTE  ANO  PODEN SER UNHA MEDIA DE 350 € MÁIS, NON PODEMOS ACEPTAR NINGUNHA SUBIDA SALARIAL SIN REVISIÓN CO IPC.

HAI QUE PARALOS, TEMOS QUE PARAR

Todas temos observado como aumenta de forma exponencial a utilización de subcontratas en todas as empresa, chegando a triplicar o persoal contratado pola propia empresa, situación que a maiores de ser unha perda de dereitos para os traballadores, xera precariedade laboral, precariedade que aproveitan os empresarios para xerar un clima de medo  NON PODEMOS PERMITILO, por elo neste convenio RECLAMAMOS A LIMITACIÓN DAS ETT NOS CENTROS DE TRABALLO.

Ou as Mutuas que dan altas atendendo os intereses da empresa e non os dos traballadores e a súa saúde, e por tal reclamamos que sexan os trabalaldores os que poidan solicitar un cambio de mutua, UNHA MAIOR INTERVECIÓN POR PARTE DOS TRABALLADORES CAS MUTUAS.

COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS
POLO NOSO FUTURO, POLO DOS NOSOS FILLOS E FILLAS.
DEFENDAMOS UN CONVENIO XUSTO
POR UN TRABALLO DIGNO

 

MARTES 27
FOLGA
NO 
       METAL

Existen leis, existen normas e despois están os caprichos

Conciliación da vida laboral e familiar, dereitos dos traballadores, contratos lixo, paulatina precarización buscando a desaparición de servizos os traballadores reflexados en convenio, eliminación do convenio, en definitiva, RESPETO POLOS TRABALLADORES.

Camiñamos xa para case un ano dende  que o Grupo Soil mercara EMESA a isolux Corsán, un ano no que de forma case que habitual se foi pasando cal apisonadora por riba de dereitos e ameazando outros.

Si antes a comunicación os traballadores por parte do Grupo Isolux Corsán era precaria e en moitas ocasión ausente, agora asistimos a como esa comunicación por parte da propiedade da empresa so se fai para restar ou empeorar dereitos dos traballadores/as.

Podemos comprobalo como con normas como prohibir fumar en todo o recinto da empresa incluído o aire libre, e sen que se poida xustificar de forma algunha por seguridade, responde a caprichos dignos de un cativo anoxado, anoxado porque se reclamen ou consulten dereitos por parte dos traballadores.

Non nos confundamos dita norma non responde a preocupación pola nosa saúde, si fora tal, poderíanse delimitar zonas para isto ou mesmo entrar en programas públicos para incentivar abandonar este habito, por parte de calquera traballador que se quixera adherir a eses programas.

Dito isto entendese que normas de este tipo non son máis que pataletas da propiedade da empresa por que os traballadores reclamen o que entenden que lles pertence por dereito.

Dita actitude non fai máis que tensionar a relación entre os traballadores e a propiedade  da empresa, que será o próxi

Si agardan que calemos non calaremos, si pretenden que estéamos quedos, non o estaremos.

Mahatma Gandhi dixo no seu momento:

CANDO UNHA LEI É INXUSTA O CORRECTO É DESOBEDECER.
mo, castigarnos sen o descanso, ou mirando cara a parede.

A CIG APOSTA E APOSTARÁ POLO CONVENIO DE EMESA, E POLA IGUALDADE DE DEREITOS ENTRE OS TRABALLADORES



Temos osbservado dende o minuto 1 en que nos sentamos a negociar coa propiedade da empresa como o único que se plantexa na negociación colectiva e o recorte de dereitos no actual convenio de EMESA, despois de acusar en repetidas ocasións o Comité de Empresa de non ter avisado de que o Convenio estaba denunciado e de outras tantas nas que se lle dixo que dita negociación prácticamente non se chegara a iniciar dada a situación que vivimos perante todo o ano 2015, na que a dirección de recursos humanos xa non e que non negociara dito Convenio despois de telo denunciado ela mesma senón que no remate do ERTE que tivemos ata o mes de xullo, creouse una situación de incertidume con ausencia case que total de traballo por momentos , ausencia que en ningún intre foi explicada os traballadores e que rematou coa venda da empresa o actual propietário en outubro de este ano, sin comunicación alguna e sin información nin anterior nin posterior de cómo quedaba a situación da plantilla en esta venda.

A situación actual do convenio en ultraactividade que remata o día 20 de este mesmo més, fai que as negociacións se estean a dar con presa, apesares de que o Comité de Empresa invitou a propiedade a solicitar as duas partes unha proroga para que esta negociación se fixera con máis tranquilidade, proroga a que a empresa verbalmente dira o seu visto bó antes das vacacións de nadal e que negou despois mesmo mandando o Comité unha comunicación oficial en plenas vacacións onde se nos informaba que o dia 20 de xaneiro remataba a ultraactividade e que polotanto pasariamos o convenio de sidero de A Coruña sin máis explicacións.

Apesares disto, despois das vacacions de nadal o comité de Empresa chegou a negociación mostrandose aberto e positivo de cara a esta nova época na empresa, apertura que foi respondida por parte da empresa pedindo recortar eliminando dereitos que todos e todas temos no Convenio e ameazando con ir o provincial, a razón única que esgrime e que quere igualarnos coa competencia, dado que segundo eles o noso Convenio e vello e paternalista.

Perante todo este tempo o Comité sempre mantivo a súa intención de manter o Convenio propio, Convenio que o noso entender e positivo tanto para os traballadores como para a propia empresa, pero esta segue coa teima dos recortes e con un sistema de "subida" salarial sin garantías que so afectará a quen estime a propiedade pagando "gratificacións" sen un criterio obxectivo, vemos como a propiedade acusa o noso convenio de paternalista e esta quere aplicar un sistema paternalista que so lle beneficiará a quen ela estime.

Dito isto tamén salientamos que o clima da negociación do primeiro día ate este mercores foi cambiando e aproximando posturas, si ben non podemos estar de acordo coas afirmacións que esgrime a propiedade da empresa e inda non vendo positivo  isto que expoñemos acontinuación serían os minimos que se poderian aceptar, entendemos que non se pode ceder máis no social e que o incremento salarial sendo baixo que o é, tería una vixencia de 1 ano, tempo suficiente para ver cal é a dinámica da empresa no tema do traballo de cara as negocicións futuras.


Esta e a situación da negociación colectiva nesta semana, respostas a plataforma do Comité o dia 12 coa súa contraproposta do día 13

---- 1 ----
Empresa: Nova redacción do Art. 6 do Convenio Colectivo de empresa, relativo aos ingresos e vacantes, eliminando calquera orde de preferencia no acceso a
un posto de traballo, en aras de garantir a igualdade de condicións entre os aspirantes a un posto de traballo.
Comité: o comité mostrouse disposto a cambiar dita redacción sen maior problema.
---- 2 ----
Empresa: Redución na retribución dos traballadores con contrato en formación, (Art. 8 do Convenio Colectivo de empresa), eliminándose o incremento porcentual sobre o salario mínimo interprofesional.
Comité: 100% do SMI para o primeiro ano e o 110% do SMI para o segundo
---- 3 ----
Empresa: Redución na retribución dos traballadores con contrato en prácticas, (Art. 9 do Convenio Colectivo de empresa), reducíndose a porcentaxe aplicable sobre as Táboas Salariales de aplicación.
Comité: 85% do Salário o primeiro ano e o 95% no segundo.
---- 4 ----
Empresa: Prorrateo da gratificación especial de Setembro, (Art. 35.2 do Convenio Colectivo de empresa). Se prorrateará entre as 14 pagas.
Comité: Aceptariase tal prorateo si esta se unifica subindoa  a 85€ anuais igualando o que cobran todos por ela e así desaparecerían as transitorias 3 e 5.
---- 5 ----
Empresa: Supresión do premio de iniciativas e suxestións, (Art. 38 do Convenio Colectivo de empresa).
Comité: Poderiase mirar a sua supresión en base a chegar a acordo coa subida salarial.
---- 6 ----
Empresa: Supresión dos premios de nupcialidad e natalidad, (Art. 40 do Convenio Colectivo de empresa).
Comité: Poderiase mirar a sua supresión en base a chegar a acordo coa subida salarial.
---- 7 ----
Empresa: Nova redacción do Art. 44 do Convenio Colectivo de empresa, relativo aos Fondos de atencións sociais, co obxecto de suprimir calquera beca de estudos medios e superiores sufragados por conta da empresa.
Comité: Estariase disposto a sua suspensión perante o ano 2016 como xesto de boa vontade.
---- 8 ----
Empresa: Nova redacción do Art. 45 do Convenio Colectivo de empresa, relativo ao Complemento á prestación de Incapacidade Temporal, en aras de reducir o absentismo na empresa, regulándose o dereito ao subsidio de conformidad co establecido no artigo 128 e ss. da Lei Xeral da Seguridade Social (RD 1/1994); Acórdase manter o complemento ás persoas que non teñan un absentismo maior ao 2,5% nos últimos 3 meses.
Nova proposta: complementar a redacción con "nin un 5% nos últimos 12 meses”.
Comité: Podería aceptarse
---- 9 ----
Empresa: Redución de mutuo acordo do Órgano de representación colectiva, adecuando o crédito horario dos representantes dos traballadores á realidade do sector.
Comité: O comité neste punto xa dixo que chegado o momento haberá eleccións e este oragano deberá adaptarse no seu número o que por ley ten que haber, dada a proximidade de eleccións, non entrará a debatir este punto.
---- 10 ----
Empresa: Eliminar as Disposicións Transitorias do Convenio Colectivo de empresa, co obxecto de evitar calquera tipo de desigualdade ou discriminación que se poida xerar na práctica.
Comité: Eliminariase a 2ª xa que a efectos económicos xa foi absorbida polo anterior convenio e as 3ª e a 5ª en base os posibles acordos na paga de setembro.
---- 11 ----
Empresa: Supresión da asignación por préstamos aos traballadores, (Art. 43 do Convenio Colectivo de empresa).
Comité: Estaríamos dispostos a que se conxelaran para este ano 2016.
---- 12 ----
Empresa: Nova redacción do Art. 15 do Convenio Colectivo de empresa, relativo á xornada de traballo, horario e vacacións; asimilándoo ao establecido por devandito concepto no Convenio Colectivo Provincial para a Industria Siderometalúrgica da Provincia da Coruña.
Comité: No caso da distribución irregular da xornada laboral, estaríamos dispostos a que se reflexara o acordó firmado no 2015 e se puidera aplicar durante o 2016.
---- 13 ----
Empresa: Duración do convenio: 1 ano. (2016).
Comité : Aceptado
---- 14 ----
Empresa: Dietas e desprazamentos: a empresa non acepta a subida posto que as dietas actuais son maiores que as de convenios con maiores desprazamentos como pode ser o transporte. Acéptase a inclusión dunha dieta por desprazamento fóra de España por 65 €.
Comité: Podería valorarse incluindo desplazamento e aloxamento por conta da empresa.
---- 15 ----
Empresa: Retribución variable por productividad: Proponse un aumento na retribución dos traballadores en concepto de retribución variable pagadera ao final do exercicio.
A retribución fixarase cun mínimo dun 3% do salario podendo aumentarse en función do proxecto. Aplicaráselle á MOD implicada en cada proxecto e en función á súa participación no mesmo

a) Criterios excluíntes: só si cúmprense.

Resultado positivo da compañía
Resultado global positivo do proxecto:
Cumprimento de prazos
Cumprimento de criterios de calidade.

b) Criterios variables/cuantitativos:

No caso de que o resultado sexa satisfactorio, repartirase a curmá de produción a cada integrante do equipo cuxa cuantía irá en función de:

Grado de participación do traballador no proxecto en cuestión en horas. (mínimo do 3% do salario equivalente ás horas traballadas) Obxectivos de rendementos particulares nos traballos asignados a esa persoa ou equipo. En base á planificación do proxecto estableceranse (dirección de produción) obxectivos de rendemento personalizado ou por equipo

en función dos traballos a realizar. Deste xeito o persoal de MOD terá unha planificación con 3 prazos distintos de finalización dos traballos. Se devengará a retribución variable segundo Táboa







Valoraranse positivamente propostas de mellora en proceso que axuden a mellorar a productividade / calidade / seguridade.

Valorarase negativamente: Absentismo, faltas injustificadas do posto de traballo e/ou calquera outro incumplimiento disciplinario e de normas de seguridade.

Comité: Non nos opoñemos a que se reflexe mais en ningún intre consideramos tal como incremento salarial.
A proposta última do Comité de Empresa é unha subida salarial do 1,5 %.

Calquera posible acordo quedaría supeditado a un incremento salarial do 1,5% para este ano 2016.

O Comité de Empresa solicita unha reunión coa Dirección da empresa

O comité de Empresa solicitou unha xuntanza coas direccions dos grupos Isolux Corsán e Soil

"O pasado xoves día 30 de outubro lle foi informado a este Comité de Empresa que ese grupo industrial era o novo propietário de Elaborados Metálicos EMESA SL, sin que nin o grupo Isolux Corsán, anterior propietario nin o grupo Soil Recovery, novo porpietário nos aclararan moitas dúbidas que teñen tanto a plantilla como o Comité de Empresa. 

Dende este Comité de Empresa podemos entender a discreción coa que se levan negociacións de este tipo, pero como vostedes entenderán son moitas as dúbidas que tanto a plantilla da empresa como este Comité lles xurden o respecto desta nova que nos foi comunicada. 

Para solventar as dúbidas que temos, quereriamos ter una xuntanza coas dirección dos dous grupos implicado na venda para que se nos explicaran tanto o Plan Industrial, como o plan de emprego que se ten para esta factoría, así como as consecuencias xurídicas, económicas e sociais, convenio colectivo, etc… que para os traballadores poida ter esta venda. 

Tamén nos gustaría saber nesta xuntanza cal sería a situación das obras que a día de hoxe tería pendentes de execución EMESA, tanto as que neste momento están executandose como as que estaban pendentes de execución en próximas datas e a situación na que quedarían os servizos que a día de hoxe compartimos con Isolux Ingeniería tales como servicio de comedor e transporte. 

Por todo elo solicitamos una xuntanza a tres nas que esten presentes, o Grupo Isolux Corsán o Grupo Soil e os representantes dos traballadores cos seus asesores". 

Artígo 44 do Estatuto dos Traballadores - A sucesión da empresa

1.    O cambio de titularidade dunha empresa, dun centro de traballo ou dunha unidade produtiva autónoma non extinguirá por si mesmo a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigacións laborais e de Seguridade Social do anterior, incluíndo os compromisos de pensións, nos términos previstos no seu normativa específica, e, en xeral, cantas obrigacións en materia de protección social complementaria tivera adquirido o cedente.

2. Aos efectos do previsto no presente artigo, considerarase que existe sucesión de empresa cando a transmisión afecte a unha entidade económica que manteña a súa identidade, entendida como un conxunto de medios organizados a fin de levar a cabo unha actividade económica, esencial ou accesoria.

3. Sen prexuízo do establecido na lexislación de Seguridade Social, o cedente e o cesionario, nas transmisións que teñan lugar por actos intervivos, responderán solidariamente durante tres anos das obrigacións laborais nadas con anterioridad á transmisión e que non fosen satisfeitas.
O cedente e o cesionario tamén responderán solidariamente das obrigacións nadas con posterioridad á transmisión, cando a cesión fose declarada delito.

4. Salvo pacto en contrario, establecido unha vez consumada a sucesión mediante acordo de empresa entre o cesionario e os representantes dos traballadores, as relacións laborais dos traballadores afectados pola sucesión seguirán rexéndose polo convenio colectivo que no momento da transmisión for de aplicación na empresa, centro de traballo ou unidade produtiva autónoma transferida.
Esta aplicación manterase ata a data de expiración do convenio colectivo de orixe ou ata a entrada en vigor doutro convenio colectivo novo que resulte aplicable á entidade económica transmitida.

5. Cando a empresa, o centro de traballo ou a unidade produtiva obxecto da transmisión conserve a súa autonomía, o cambio de titularidad do empresario non extinguirá por si mesmo o mandato dos representantes legais dos traballadores, que seguirán exercendo as súas funcións nos mesmos términos e baixo as mesmas condicións que rexían con anterioridade.

6. O cedente e o cesionario deberán informar aos representantes legais dos seus traballadores respectivos afectados polo cambio de titularidad dos seguintes extremos:

a) Data prevista da transmisión;
b) Motivos da transmisión;
c) Consecuencias xurídicas, económicas e sociais, para os traballadores, da transmisión, e
d) Medidas previstas respecto dos traballadores.

7. De non haber representantes legais dos traballadores, o cedente e o cesionario deberán facilitar a información mencionada no apartado anterior aos traballadores que puideren resultar afectados pola transmisión.

8. O cedente virá obrigado a facilitar a información mencionada nos apartados anteriores coa suficiente antelación, antes da realización da transmisión. O cesionario estará obrigado a comunicar estas informacións coa suficiente antelación e, en todo caso, antes de que os seus traballadores véxanse afectados nas súas condicións de emprego e de traballo pola transmisión.
Nos supostos de fusión e escisión de sociedades, o cedente e o cesionario haberán de proporcionar a indicada información, en todo caso, ao tempo de publicarse a convocatoria das xuntas xerais que han de adoptar os respectivos acordos.

9. O cedente ou o cesionario que prever adoptar, con motivo da transmisión, medidas laborais en relación cos seus traballadores virá obrigado a iniciar un período de consultas cos representantes legais dos traballadores sobre as medidas previstas e as súas consecuencias para os traballadores. Devandito período de consultas haberá de celebrarse coa suficiente antelación, antes de que as medidas lévense a efecto. Durante o período de consultas, as partes deberán negociar de boa fe, con vistas á consecución dun acordo. Cando as medidas previstas consistiren en traslados colectivos ou en modificacións substanciais das condicións de traballo de carácter colectivo, o procedemento do período de consultas ao que se refire o párrafo anterior axustarase ao establecido nos artigos 40.2 e 41.4 da presente Lei.

10. As obrigas de información e consulta establecidas no presente artigo aplicaranse con independencia de que a decisión relativa á transmisión sexa adoptada polos empresarios cedente e cesionario ou polas empresas que exerzan o control sobre eles. Calquera xustificación daqueles baseada no feito de que a empresa que tomou a decisión non lles facilitou a información necesaria non poderá ser tomada en consideración para ese efecto.

Discurso de Antolín Alcántara sobre a refoma laboral do PP

A CIG considera que a reforma laboral é profundamente antiobreira e confirma a necesidade dunha contundente resposta social

Denuncia que o PP “prégase ás demandas da banca e da grande patronal”

A Confederación Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar as relacións laborais. O secretario xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.

Para Seixo esta reforma fixa unhas relacións laborais á carta para os empresarios. “Está promovida pola burguesía española en favor dos intereses da súa clase”, afirma e engade que “é clasista e elitista, para satisfacer unicamente as demandas da banca e da grande patronal”.

Entre outras medidas, redúcese de 45 a 33 días por ano traballado a indemnización polo despedimento improcedente, afectando en parte, mesmo aos contratos subscritos con anterioridade á reforma.

No caso de despedimentos por causas obxectivas (EREs) elimínase o control previo por parte da administración das causas alegadas polas empresas. Ábrese ademais a posibilidade de recorrer a ERES no ámbito do sector público.

Baixo o eufemismo de “Impulso do contrato para a formación e aprendizaxe”, amplíase a idade máxima para ter acceso a este tipo de contrato até os 30 anos, cando menos até que a taxa de desemprego baixe do 15%. Permítese ademais que logo de ter este tipo de contrato nun sector de actividade, o traballador volva ter esta modalidade de contrato noutros sectores. Podes ser un eterno aprendiz até os 30 anos, pasando por diferentes sectores.

Unha vez máis insístese en bonificar ás empresas con fondos públicos, coa desculpa de facilitar o emprego de carácter estábel fomentando mesma competitividade entre os propios traballadores, segundo teñan ou non prestación por desemprego.

Legalízase a fraude que xa existe na actualidade de que haxa traballadores contratados a tempo parcial pero con xornadas superiores e a libre disposición da empresa.

Na negociación colectiva dáselle prioridade absoluta aos convenios de empresa o que suporá dividir moito máis aos traballadores/as, rebaixar salarios e condicións laborais xeneralizando así o dumping social. Alén diso, facilítase que as empresas deixen de aplicar os salarios pactados en convenio colectivo (descolgue).

Créase un novo tipo de contrato indefinido para empresas de até 50 traballadores/as, que terán un período de proba dun ano. Isto implica que o traballador pode ser despedido libre e gratuitamente, sen ningunha indemnización, durante todo este tempo. Isto vai fomentar a maiores, maior rotación no posto de traballo e o incremento da temporalidade.

Hai unha desregulación absoluta das condicións de traballo dentro da empresa, tanto no relativo ás funcións que pode desempeñar o traballador, como na xornada, o horario ou o sistema de rendemento, dándolle prioridade absoluta ás necesidades da empresa sobre os dereitos dos traballadores.

Inútil para crear emprego

Ante este durísimo paquete de medidas, dos que estas son apenas un exemplo, Seixo asegura que, tal e como se demostrou coas reformas laborais anteriores, esta tampouco vai favorecer a creación de emprego. “O problema está no modelo económico e nas políticas que se fan”.

Fronte a isto, aposta por atacar a crise a través doutras políticas fiscais que xeren ingresos ao estado, incrementar o investimento público para reactivar a economía e crear unha banca pública que garanta crédito e liquidez á pequena e mediana empresa. “O propio Banco de España, cando fala de que entramos de novo en recesión di que as causas fundamentais están na falta de crédito e na caída da demanda interna”, lembra o secretario xeral da CIG quen insite en que “a caída da demanda ten que ver é coa caída dos salarios. E esta reforma o que vai provocar é unha caída aínda maior dos salarios e precarizar de forma xeralizada as condicións da clase traballadora”.

Mobilización social

Para Suso Seixo, ante estas medidas só cabe respostar coa mobilización social. “A sociedade ten que asumir que con este tipo de políticas non só non saímos da crise senón que se agudiza aínda máis a recesión económica. Estas políticas fanse desde unha vertente ideolóxica determinada, a da dereita e do neoliberalismo”.

Por iso, fai un chamamento a que todas as organizacións sindicais se sumen á convocatoria de folga xeral e defendan outro tipo de políticas. “Entendemos que está máis que nunca xustificada e que as políticas antisociais e antiobreiras do PP non quedan aquí. Nos orzamentos que se van aprobar no mes de marzo estamos convencidos de que van vir medidas aínda moito máis duras”.

Milleiros de persoas mobilízanse por todo o país en contra dos recortes e da privatización da sanidade pública

Miles de persoas participaron este xoves nas mobilizacións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública nas distintas áreas sanitarias para amosar o seu rexeitamento á política de recortes aplicada pola Xunta de Galiza nos servizos sanitarios públicos. Coas concentracións, manifestacións e actos realizados esta tarde quérense denunciar os recortes nos orzamentos destinados á sanidade pública, “cun financiamento cada vez máis miserento e que vai camiño da indixencia, como paso previo á súa privatización”.


Con estas mobilizacións simultáneas preténdese trasladar ao Goberno galego “o clamor dos cidadáns/ás e profesionais en apoio dun sistema sanitario de calidade, eficiente e accesíbel como o que gozamos e que é absolutamente sostíbel”. Dende a Plataforma, da que forma parte a CIG, advírtese que o actual modelo organizativo e funcional da sanidade pública está en risco real de deterioración e privatización pola política practicada pola Xunta de Galiza, destinada a cambiar o actual modelo sanitario baseado na universalidade das prestacións, o acceso en condicións de igualdade, a gratuidade das consultas e a calidade das prestacións, financiadas con recursos públicos.

A este respecto, a SOS Sanidade Pública lembra que por terceiro ano consecutivo os orzamentos consignados pola Xunta para o mantemento do sistema sanitario volven descender. Nesta ocasión, cunha rebaixa de 16 millóns de euros. Porén, medra o gasto en concertos sanitarios co sector privado que pasa de 204 a 207 millóns de euros.

Os capítulos de gasto que máis descenden son os de persoal (que se mantén nas cifras de hai catro anos, o que supón unha brutal perda de capacidade adquisitiva dos sanitarios e a paralización de creación de novas prazas) e dos investimentos (reduciuse en 6 millóns de euros respecto ao 2011 e a 92 respecto ao 2009) cos que se financian novos centros e o equipamento sanitario.

A redución de investimentos supón a paralización un ano máis da construción do Novo Hospital de Vigo (que reducirá as súas camas de 1.490 a 900), do Hospital Único de Pontevedra ampliando Montecelo, e dos plans Directorios de mellora e ampliación dos Hospitais de Ourense, Santiago e A Coruña, así como as obras de mellora noutros 9 centros. Ademais, paralizáronse os plans para construír 66 novos Centros de Saúde e as obras para mellorar e ampliar outros 22.

“Con todo, matiza a Plataforma, é a Atención Primaria a que máis recortes sofre, a pesar dos seus problemas de masificación (o 40% das cotas teñen máis de 1.500 cartillas por médico ou enfermeira), escaso tempo e de capacidade resolutiva”. De feito, este ano o orzamento de Atención Primaria baixou nun 1,6%, “o que supón un descenso acumulado do 13,6% nos últimos tres anos”.

“A crise económica está sendo utilizada pola Xunta para introducir importantes recortes económicos no orzamento sanitarios (máis de 200 millóns de euros) e nos servizos sanitarios públicos como no caso da paralización da actividade dos hospitais pola tarde, a desviación de pacientes a centros privados, o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria, o desmantelamento das Áreas sanitarias, o peche de servizos de anatomía patolóxica e laboratorio, a eliminación dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais, a privatización dos centros sanitarios ao apostar polo financiamento privado da construción de novos hospitais e centros de saúde e dos plans directorios de mellora e ampliación dos antigos, a cesión a empresas privadas dos servizos de diálises, equipamento tecnolóxico dos centros, centrais de chamadas ou as redes informáticas”, denuncian dende a Plataforma.

Fronte a este ataque contra un servizo básico como é a sanidade pública, dende SOS Galiza sublíñase que “é preciso reaccionar e mobilizarse para facer entender á Xunta que cidadáns e profesionais non imos tolerar que se nos deteriore a Sanidade Pública e menos nun momento de crise estrutural, que é cando máis falta fai”.

Extraído de Avantar

O profesorado expresa un non rotundo aos recortes no ensino público e ás imposicións da Consellaría

Case o 100% do profesorado trasladou un non rotundo aos recortes impostos pola Consellaría de Educación no referendo celebrado o martes 25 de outubro en máis de 760 centros de todo o País. Ante este rexeitamento inequívoco da política educativa da Consellaría, a CIG-Ensino asevera que soamente cabe unha saída: a retirada da orde pola que se amplía a carga lectiva do profesorado e a obriga de vixilancia do alumnado transportado. Unha orde que, lembran dende a Federación, supuxo unha redución do profesorado e o empeoramento da calidade do ensino.

No referendo celebrado este martes 25 de outubro, o profesorado dixo:

•Non aos recortes no ensino público.

•Non ao incremento do horario lectivo.

•Non a imposición da custodia do transporte.

•Non a esta política educativa que procura o desprestixio do ensino público e favorece á privada.

A CIG-Ensino quere agradecer ao profesorado a súa participación neste referendo, nun acto que é unha lección de democracia para a Consellaría. Agradeceron tamén o compromiso do profesorado que asumiu a realización do referendo nos centros, facéndose cargo da mesa e de todo o proceso. Así mesmo, trasladaron o seu agradecemento ás direccións que facilitaron e colaboraron coa realización da votación.

Escrutados   os resultados de 764  centros, o resultado é o seguinte: CLIC PARA SEGUIR LENDO

A CRISE, O SISTEMA E A SOBERANÍA // SI existen alternativas! (documental)


A CIG repasa neste documental o actual proceso de reorganización do capitalismo, baixo a coartada da "crise" económica, as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo económico onde traballadoras e traballadores teñamos o poder real. Recolle, así mesmo, a dupla dimensión da crise sistémica, que reviste un carácter de clase mais tamén territorial, agravando a situación no caso das nacións sen soberanía política como é Galiza. Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto á esquerda nacionalista para facer fronte ao contexto actual.

A CIG ‘móllase’ en defensa do emprego e dos servizos públicos e proclama que "Si, hai alternativas"

Preto de 3.000 persoas sumáronse á convocatoria da CIG, na primeira mañá de chuvia e frío deste outono, para exixir un cambio radical nas políticas que os gobernos da Xunta e do Estado veñen aplicando. Así o demandou o secretario xeral, Suso Seixo, quen denunciou que hoxe, as traballadoras e traballadores galegos “estamos claramente ameazados por políticas económicas de recorte do gasto social” que levan, dixo, a un “incremento do desemprego, á destrución do tecido produtivo” e que poñen en perigo servizos sociais básicos como a sanidade e o ensino públicos.


O secretario xeral da CIG lembrou que esta manifestación insírese na campaña de denuncia e de concienciación social que vén desenvolvendo a central sindical desde o comezo da crise económica. “Queremos denunciar o carácter antisocial e inxusto, a fraude que representan esas políticas que prexudican e castigan a aqueles que non temos culpa da crise, mentres benefician claramente aos seus responsábeis: á banca, os especuladores e á oligarquía financeira”.

Unha campaña baixo o lema “Si, existen alternativas” coa que a CIG demanda a aplicación doutras políticas que beneficien e estean ao servizo da maioría social, entre outras, unha profunda reforma fiscal; incremento do investimento produtivo; creación dunha banca pública; intervención directa do BCE para acabar coa especulación coa débeda pública; mellora do poder adquisitivo dos salarios; creación de empresas públicas nos sectores estratéxicos e soberanía nacional, “para poder decidir por nós mesmos e en función dos intereses das clases populares galegas”.

Respecto da reforma fiscal, Seixo explicou que a CIG aposta por “incrementar os impostos ás rendas máis altas, ás grandes fortunas, ao capital”; por combater a fraude fiscal, que “supera os 60.000 millóns de euros”, do que son responsábeis en máis dun 70% a banca e as grandes fortunas e por suprimir os paraísos fiscais, que é a principal vía de evasión de impostos. “Esta sería a mellor política para loitar contra o déficit público e non a de recorte do gasto social e do investimento público”, afirmou.

De feito, defendeu, que fronte a caída do investimento privado, “a única vía para reactivar a economía e xerar emprego é a de incrementar o investimento público en infraestruturas, I+D, mellora dos servizos públicos...”

Banca Pública

A CIG vén exixindo tamén, desde que comezou a crise, a creación dunha banca pública fronte a banca privada especulativa, para achegar recursos ás pequenas e medianas empresas e ás familias. “Os miles de millóns de euros que os estados prestaron á banca”, denunciou, “foron utilizados para sanear as súas contas e especular, entre outros, coa débeda pública”.

Neste sentido, explicou que o Banco Central Europeo, xunto os gobernos europeos e a propia UE están consentindo a especulación coa débeda, pola vía de xerar enormes beneficios á banca e axudar a recapitalizala “prestándolle os cartos ao 1,5%, para que logo a banca, á súa vez, adquira débeda pública dos estados a xuros do 4,5,8 % ou máis”. Unha política económica que, dixo, “está levando a moitos estados a unha situación próxima á creba, cunhas gravísimas consecuencias para a calidade de vida da clase traballadora”.

Do mesmo xeito, reclamou salarios dignos e estabilidade no emprego, fronte a política de recortes e de precarización das condicións laborais e a creación de empresas públicas en sectores estratéxicos da economía como o financeiro, o enerxético, as telecomunicacións ou o alimentario “fronte o control oligopólico da economía por parte de empresas multinacionais”.

Soberanía nacional

Para iso, reclamou para Galiza soberanía nacional, capacidade de decisión, fronte a centralización do poder en institucións políticas e financeiras “carentes do máis mínimo control democrático e ao servizo dos intereses do capital financeiro”.

Porén, para pór en marcha todas estas medidas, Suso Seixo advertiu que é necesario “tirar abaixo o actual modelo capitalista neoliberal” e vencer o discurso dominante, que “pretende que interioricemos que a crise viu motivada por vivirmos por riba das nosas posibilidades, por un exceso no gasto público, polas excesivas rixideces do mercado laboral e que estas son as únicas medidas posíbeis, que este é o único modelo económico posíbel e que non hai alternativa”.

O secretario xeral da CIG concluíu afirmando que “como clase traballadora, como xente da esquerda, non podemos aceptalo. Este modelo é inxusto, insolidario e antidemocrático”. Denunciou que non garante os dereitos básicos da poboación, que favorece as desigualdades sociais e a acumulación de riqueza e poder en poucas mans e que está dirixido e ao servizo dos intereses dos especuladores. “Delincuentes de luva branca que defraudan miles de millóns de euros ao Estado, inmorais que reclaman o abaratamento do despedimento e a moderación salarial mentres cobran cantidades multimillonarias de salario ou por indemnizacións”.

Por iso, proclamou que “si hai alternativas” e apelou á mobilización social para conseguir que sexan aplicadas. “Eses son e serán os nosos obxectivos nas próximas campañas e mobilizacións”.

Extraido de Avantar 

A CIG denuncia que a absorción do Pastor polo Popular afondará na centralización do poder político, económico e financeiro

Responsabiliza ao BE e ao Ministerio de Economía de deixar a Galiza sen instrumentos financeiros para xestionar os recursos dos galegos/as desde unha óptica de país 

Á espera dunha confirmación oficial por parte da dirección do Banco Pastor, que a CIG intentou obter hoxe sen éxito, e malia onte non recibir ningunha información ao respecto na xuntanza mantida entre as organizacións sindicais e a dirección da entidade, a Confederación Intersindical Galega valora a posíbel absorción ou compra do Banco Pastor por parte do Grupo Popular como unha noticia negativa para Galiza.
10-03-26 Concentración Fundación Barrie

1º A CIG considera que isto é froito da política emprendida polo Banco de España e o Ministerio de Economía tendente a eliminación e desaparición da pequenas e medianas entidades financeiras coa fin de producir unha concentración no sector.

2º O Banco de España teima en que o tamaño das entidades é fundamental sen ter en conta que o máis importante é garantir unha boa xestión e unha situación saneada, máis alá do seu tamaño.

3º Estase a producir unha concentración e centralización do poder político, económico e financeiro na que Galiza está perdendo peso e capacidade de decisión o cal lastrará cara o futuro a posíbel saída desta crise económica ao prescindir de entidades que permitirían xestionar os recursos dos galegos e galegas desde unha óptica de país.

4º Por parte da CIG estaremos especialmente vixilantes  e atentos ás consecuencias laborais que este proceso de fusión poida orixinar, nomeadamente nos servizos centrais na cidade da Coruña. Se até o de agora A Coruña era a capital financeira de Galiza, coa desaparición dos servizos centrais do Banco Gallego, froito dun ERE, o proceso de concentración das caixas de aforros e agora a posíbel desaparición dos servizos centrais do Banco Pastor se se dá a absorción por parte do Grupo Popular, convertería a esta cidade nun erial do punto de vista do emprego no sector financeiro.

5º En todo caso, a CIG entende que é precisa unha implicación do Goberno galego para que as consecuencias, do punto de vista laboral, sexan as mínimas posíbeis, insistindo, sobre todo, en que a cidade da Coruña manteña servizos centrais das distintas entidades financeiras, neste caso concreto do Banco Pastor.
Extraido de Avantar

A CIG apostará por convenios de ámbito galego e por prohibir que se rebaixen as condicións laborais nos de empresa

Os delegados/as da central sindical manifestan o seu máis absoluto rexeitamento á reforma da negociación colectiva por favorecer a precarización das condicións laborais
Máis de 200 delegados/as da CIG participaron na mañá deste xoves, día 6 de outubro, no “Encontro Nacional de Negociación Colectiva”. Unha xornada de traballo na que se analizaron as graves repercusións que, para as traballadoras/es, terán as mudanzas introducidas na lexislación laboral a través das últimas reformas aprobadas polo goberno español e na que se debateu a estratexia da central sindical de cara ao proceso de negociación colectiva do vindeiro ano. O secretario xeral, Suso Seixo, que pechou o acto, avanzou que a CIG pulará por convenios de ámbito galego, nos que se prohiba expresamente asinar outros de empresa que rebaixen as condicións laborais e salariais dos traballadores/as do mesmo sector.

No encontro fíxose una valoración moi negativa dunha reforma –a da negociación colectiva- que o que pretende é “dar prevalencia aos convenios de empresa fronte aos de sector, para que estas poidan pactar condicións laborais por debaixo”, explicou Seixo, quen afirmou que, na práctica, supón “deteriorar as condicións laborais e económicas dos traballadores e traballadoras ao establecer un marco de negociación á baixa  que provocará a perda das melloras acadadas”.

O secretario xeral da CIG considera que o que se busca é dividir aos traballadores/as e debilitar a súa capacidade de organización e resposta.

Para combater esta situación, dixo, a CIG “seguirá dando a batalla por conseguir a prevalencia de convenios provinciais de sector”, mantendo os actuais mentres non se asinen convenios de ámbito galego; intentará “negociar convenios, en toda Galiza, a partir dos que se articulen convenios de ámbito galego, en todos os sectores, nos que se prohiban expresamente convenios de empresa con condicións inferiores a estes, aos provinciais que estean vixentes e aos sectoriais”.
Mudanzas legais

Os encargados de explicar as mudanzas legais introducidas nas últimas reformas foron os avogados Héctor López de Castro e Luís Burgos.

López de Castro sinalou que todas as modificacións van na liña de liberalizar as relacións laborais, “baseándose en preconceitos como que abaratar o despedimento favorece a contratación, cando a experiencia demostra que é todo o contrario, ou que apostar por contratos temporais e a media xornada posibilitan a creación de emprego”.

Lembrou que con todas estas reformas apenas queda nada xa do que se estabelecía no Estatuto dos Traballadores aprobado en 1980 e que para introducir os cambios lexislativos que veñen de aprobarse, aproveitouse o contexto de profunda crise económica que atravesamos, porque noutras circunstancias, dixo, “sería impensábel abordalos e terían provocado una grande resposta social”. Pero, advertiu, “non son reformas pensadas para afrontar a crise, senón para mantelas despois”.

Destes, salientou os cambios en materia de contratos: a redución das indemnizacións por despedimento; a introdución dun contrato indefinido no que se estabelecen condicións semellantes ás dos contratos en precario; no que se amplían as causas que se recoñecen como obxectivas para despedir e no que o despedimento é moito máis barato e, ademais, subvencionado. Un contrato indefinido que se equipara, en síntese, ao temporal, canto a custos empresariais se refire.

En diante, as empresas poderán alegar causas económicas imprecisas, como posíbeis perdas futuras, para xustificar un despedimento. A empresa tampouco terá que probalo se alega causas técnicas, organizativas ou de produción.

Deste xeito, afirmou, facilítase que as empresas gañen no xulgado e que saia moitísimo máis barato despedir. Até tal punto que “un contrato temporal en fraude de lei está agora máis protexido que un contrato indefinido”.

Respecto do contrato de Fomento da contratación indefinida, salientou que, ademais de estar subvencionado e abranguer a practicamente calquera traballador/a, permite despedir, sen motivo, e cunha indemnización de 33 días.

A nova lexislación tamén permite aplicar un salario inferior ao convenio sectorial e mesmo reducir a xornada laboral.
Diálogo social

O avogado e representante da CIG no CES, Luís Burgos, sinalou que estas son as consecuencias dun modelo de diálogo social que “non serve en época de bonanza e menos en época de crise, cando se impoñen os cambios por decreto”.

Para Burgos, o dereito social retírase e individualízanse as relacións contractuais. “O dereito laboral xa non serve ao traballador”, dixo, concluíndo que o que estabelece é “un marco de negociación favorábel ao empresario”.

De feito, insistiu, na empresa estabelécese “a lei da selva” ao eliminar o “chan mínimo” que antes existía. “Preténdese minar así a práctica sindical e ás organizacións sindicais” afirmou, augurando que ante este contexto os empresarios “seguirán potenciando a CCOO e UGT como sindicatos representativos para garantir un marco de actuación favorábel”.

Coincidindo con López de Castro, insistiu en que non se trata de reformas pensadas para saír da crise, senón de reformas “que favorezan un modelo de relacións laborais no que teña o maior peso o empresariado”.
Abordar a negociación colectiva

E se o panorama descrito xa non era nada esperanzador, o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara, alertou do que se pode atopar a clase traballadora tras das eleccións do 20-N nas que, segundo todos os prognósticos, o PP acadará unha ampla maioría absoluta. “As grandes multinacionais seguen reclamando que se vaia aínda máis alá, porque non lles parece que isto sexa abondo para asegurar que o dominio da empresa é prevalente”. Reclamacións que Alcántara considera que o goberno saínte, presidido por Rajoy, atenderá xa nos primeiros meses de mandato.

O secretario confederal de Negociación Colectiva lembrou que grazas ás mobilizacións promovidas pola CIG en 2009 -14 folgas provinciais de sector- conseguiuse un incremento salarial do 5,5%. “Iso é o que quere a patronal evitar e esta reforma trata da descompoñer ese ámbito e debilitalo”.

Denunciou os acordos interconfederais de negociación colectiva asinados por CCOO e UGT, xunto coa patronal. Acordos onde se limitan os incrementos salariais, quedando mesmo por debaixo do IPC. “Para este ano pactaran un incremento do 2,5. Un acordo que agora á patronal xa non lle vale”.

Alcántara sinalou que a prevalencia dos convenios de empresa afectan, sobre todo, aos traballadores das pequenas e medianas empresas, porque estas poderán mudar todo o relativo a salario, xornada, horario e tempo de traballo, réxime de traballo a quendas, calendario de vacacións e mesmo en materia de conciliación. “A non ser que o convenio a nivel estatal ou autonómico determine que non se poden mudar certos aspectos”.

Diante desta nova situación explicou que o traballo sindical terá que dirixirse cara a provocar un novo escenario, “fortalecendo o ámbito galego, limitando os convenios de empresa e dándolle continuidade aos convenios provinciais”.

Extraido de Avantar

Os traballadores/as do naval continúan polas rúa de Fene as mobilizacións masivas en demanda do dique flotante

Miles de traballadores/as de Navantia e das empresas auxiliares volveron saír ás rúas este mércores 5 de outubro para reclamar das administracións un compromiso real que permita botar a andar a construción do novo dique flotante e para demandar carga de traballo para o sector naval da ría de Ferrol. Esta xornada protesta desenvolveuse dende o estaleiro do Perlío até o Concello de Fene, onde unha representación dos traballadores/as presentou ao rexedor local as reivindicacións do colectivo.

Nesta ocasión, e seguindo o calendario de mobilizacións acordado, os traballadores e as traballadoras da empresa principal en Ferrol e da industria auxiliar trasladáronse en autobús até a outra beira da ría para xuntarse co persoal do estaleiro do Perlío, de onde  saíron, logo das dez da mañá, en manifestación cara ás portas do Concello de Fene.

Ao igual que aconteceu a pasada semana, unha representación do persoal accedeu ao interior da casa consistorial para manter un encontro do alcalde de Fene, Gumersindo Galego, do Partido Popular, ao que trasladaron as súas reivindicacións e ao que demandaron que poña en marcha todos os mecanismos que estean na súa man para esixir a construción do novo dique flotante.

A este respecto, un dos voceiros da CIG de Ferrol e membro da sección sindical da CIG en Navantia, Manel Grandal, criticou o desinterese amosado pola Consellaría de Industria ante os problemas do naval, pois aínda non contestou á solicitude cursada pola representación dos traballadores/as o pasado mes de xuño para manter unha reunión.

Esta infraestrutura, lembran dende a CIG de Ferrol, permitiría paliar de xeito inmediato o problema da falta de carga de traballo nos estaleiros (xa que daría ocupación durante algo máis de dous anos) e a longo prazo posibilitaría aos estaleiros da ría de Ferrol estar presente no mercado de reparación de buques ao máximo nivel de competitividade. Neste senso, subliñan que este sector de reparacións e carenas ten unha gran demanda na actualidade e preséntase como un negocio capaz de garantir viabilidade ás instalacións de Fene e Ferrol.

Neste contexto, Grandal lanzou unha chamada de atención ao goberno galego e estatal sobre a necesidade de centrar esforzos nun sector clave para a comarca, do que dependen 17.000 empregos. “Aquí non existen alternativas económicas”, advertiu, “o naval é a única industria que está amortecendo a caída do emprego; a xente nova que traballa está indo para o naval, incluso os traballadores/as que proceden de servizos ou construción”.

Non obstante, dende a Sección Sindical da CIG en Navantia teñen subliñado en numerosas ocasións que a non construción do dique flotante deixaría fóra deste mercado aos estaleiros ferroláns, xa que o actual dique carece de capacidade suficiente para atender aos buques de maior tamaño; minguando deste xeito as posibilidades de futuro para o sector.
As protestas trasládanse até Compostela

O calendario de mobilizacións acordado polas asembleas de traballadores/as continuará o vindeiro 19 de outubro cunha protesta polas rúas de Compostela. Ademais, as organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG teñen convocada unha gran manifestación o domingo 6 de novembro en defensa do emprego e do sector naval. A marcha partirá ás 12:00 horas dende o Inferniño baixo o lema “Polo emprego e o futuro da comarca. O naval é fundamental. Carga de traballo xa”.

Extraido de Avantar

A CIG manifestarase o 23 de outubro en defensa do emprego e dos servizos públicos

Paulo Carril e Suso Seixo na Asemblea de Delegados.
Delegados e delegadas da CIG do sector naval das comarcas de Ferrol e Vigo manifestáronse esta mañá polas rúas de Compostela para reclamarlle aos gobernos español e galego a súa inmediata intervención para que o sector poida superar a grave crise que padece. A central sindical demanda que Facenda e a Seguridade Social apracen o cobro das débedas contraídas pola industria auxiliar e que se articulen novos sistemas que faciliten o crédito.

A manifestación partía pasadas as 11:00 horas da Alameda compostelá para rematar en San Caetano, onde o secretario nacional de CIG-Metal, Xoán Xosé Bouzas, desmentía que “non é verdade que no sector naval haxa unha merma progresiva na carga de traballo, senón unha redución drástica nos encargos actuais, unha falla total de financiamento por parte das entidades de crédito e unhas administracións cun pasotismo total”.

Bouzas alertou que dada a actual situación, o sector corre perigo de desaparecer, xerando “máis desemprego e máis miseria industrial” e denunciou os intentos do conselleiro de Industria de desmobilizar co pretexto de que meter máis ruído no sector pode “trasladar os competidores internacionais máis problemática”. Con esta posición, o secretario nacional de CIG-Metal entende que o que se pretende é “deixalo morrer sen que se entere ninguén”.

A Xunta de Galiza intenta desentenderse

Xunto a isto, denunciou que a Xunta de Galiza non ten ningunha política para o sector, nin un modelo alternativo e que se limita a xustificarse alegando que non ten competencias. “A Xunta debe ser garante de que se fagan políticas que incentiven o sector naval para conseguir carga de traballo, garantir as melloras fiscais que sexan necesarias para que o fagan competitivo, como se ten dado noutros países europeos que si aplican medidas fiscais e os seus gobernos se converten en garantes do futuro logrando contratos para o sector”.

Abandono do goberno do PSOE

Do mesmo xeito, denunciou o papel que están xogando o socialista Miguel Sebastián, Ministro de Industria, “que recomendou falar pouco do tax lease, para que o expediente aberto polo comisario europeo da competencia, tamén do PSOE, Joaquín Almunia, e que afecta o sector naval se resolva o antes posíbel”.

Bouzas foi contundente a este respecto afirmando que “o goberno do Estado xa hai tempo que abandonou o sector naval galego, desde a prohibición da construción naval civil, no caso de Navantia Ferrol, até o desvío de carga de traballo a outros estaleiros doutras zonas do Estado”.

Fronte esta actuación, demandou que “estea á altura das circunstancias e exixa a Bruxelas as bonificacións fiscais que o sector necesita, o tax lease anterior ofrecía un desconto superior o 30%”.

En representación da CIG-Metal fixo un chamamento á patronal para que asuman as súas responsabilidades “xa que eles, coas súas actitudes, tamén puxeron en grave risco o sector, tanto na construción como na reparación naval”.

A central reitera que é o modelo capitalista o que está en crise e reclama a aplicación de políticas alternativas que permitan encetar un novo modelo económico e social
A CIG presentou esta mañá en rolda de prensa a campaña “Si, existen alternativas! En defensa do emprego e dos servizos públicos” que rematará neste primeira fase cunha manifestación nacional o vindeiro 23 de outubro en Compostela. Con esta campaña á central sindical pretende enfrontar a falsa idea de que a única saída á crise pasa polos recortes sociais e laborais, pondo en valor que hai outras políticas posíbeis, mais que requiren rachar co modelo capitalista neoliberal.

Con esta nova campaña, explicou o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, e a Secretaria Nacional de Muller, Margarida Corral, a central nacionalista dá continuidade ás mobilizacións realizadas no verán en defensa do emprego e contra os recortes nos servizos públicos; recortes que teñen incidencia importante na calidade dos servizos, mais tamén no emprego, pois a través destes retallos estase a destruír unha cantidade importante de postos de traballo.

Aínda que a campaña nace coa idea de ter continuidade no tempo, a primeira etapa rematará o vindeiro domingo 23 de outubro cunha manifestación nacional en Compostela aberta á participación de toda a cidadanía. A marcha, que sairá da Alameda ás 12:30 horas, estará precedida de asembleas de delegados e delegadas da CIG en todas as comarcas, celebrándose a primeira delas este mesmo mércores na Coruña. “Dende a CIG queremos desmontar as falsidades utilizadas para aplicar as políticas de recortes e propor á cidadanía que existen alternativas, pero hainas que enmarcar dentro dun modelo económico e social distinto ao capitalista neoliberal”, resumía Suso Seixo ao inicio da rolda.

Alternativas aos recortes

Dende o inicio da crise económica, a CIG veu alertando que as medidas sociais e laborais adoptadas non ían axudar á saír da situación de recesión e facilitar a creación de emprego, senón que o seu efecto sería contrario, posto que non inciden nas verdadeiras causas da crise. Unha crise financeira na súa orixe e vinculada a unha economía especulativa argallada á marxe da economía real e na que apenas ten peso o sector produtivo.

Neste senso, Seixo criticou que dende o estoupido da crise os estados teñan inxectando enormes recursos públicos á banca, primeiro con achegas directas para a súa recapitalización, e agora permitindo a especulación coa débeda pública, que ten deixado ao borde da quebra a moitos estados. “Os problemas coa débeda pública remataríanse cunha medida tan sinxela como que o Banco Central Europeo comprase á débeda aos estados”, sinalou Seixo, quen criticou que os gobernos europeos e o BCE eviten enfrontar unha decisión deste calado.

O Secretario Xeral da CIG puntualizou que os problemas económicos que poida ter a banca son coa débeda privada e non coa pública. No caso do estado español, a débeda pública representa o 65% do PIB mentres que a privada representa o 217% do PIB. “Se os recursos que se destinan á recapitalizar á banca privada se destinasen á crear unha Banca Pública hoxe as medianas e pequenas empresas, así como as familias, terían a posibilidade de acceder ao crédito e estaríamos nunha situación económica e en materia de emprego totalmente distinta”, aseverou.

Encetando con esta problemática, Seixo cuestionou as medidas aplicadas polos gobernos para reducir o déficit público, medidas todas elas baseadas en recortes do gasto público e a conseguinte perda de calidade dos servizos e do emprego. Pola contra, a CIG propón atallar esta cuestión pola vía contraria: equilibrar os orzamentos incrementando os ingresos.

“Isto supón falar dun cambio na política fiscal, incrementar os impostos á banca, ás rendas máis altas e ás grandes fortunas, recuperar o imposto de patrimonio e sucesións, rematar coa fraude fiscal e cos paraísos fiscais, etc.. Segundo os datos dos inspectores de Facenda, a fraude fiscal no Estado español sitúase nos 66.000 millóns de euros, fraude que nun 71% está cometida pola banca e as grandes empresas”, puntualizou.

A importancia do voto

“Existen políticas alternativas, o que realmente está en crise é este modelo capitalista neoliberal, mais esta cuestión non se quere abordar”, matizou. Ante isto, o Secretario Xeral da CIG adiantou que as eleccións que se celebrarán o 20 de novembro non solucionarán a crise e mesmo advertiu que no caso dunha maioría absoluta do PP, a situación agravarase de xeito considerábel, xa que seus son os principios deste modelo.

Fronte a isto, Seixo animou a cidadanía a participar activamente co seu voto o día das eleccións, co obxecto de conseguir que mude a correlación de forzas no Congreso a favor daquelas organizacións políticas que durante este tempo estiveron opóndose á batería de medidas antisociais e aos recortes e que defenden un modelo económico e social alternativo.
Extraido de Avantar

A CIG convoca folga xeral o 27 de xaneiro contra “as políticas que imporán un retroceso social e laboral de 60 anos”


A Confederación Intersindical Galega ten convocada unha nova folga xeral para o vindeiro 27 de xaneiro en contra das políticas “anticrise” adoptadas polos gobernos, nomeadamente a pretensión de reformar o sistema público de pensións, que o Secretario Xeral cualificou como “o maior ataque aos dereitos da clase traballadora dende o franquismo”. A central anima a CCOO e a UGT a sumarse á convocatoria, que coincide no tempo co paro xeral anunciado polos sindicatos vascos, e adiantou que está disposta a flexibilizar a data de cara a consensuar un día común, co obxecto de fortalecer a resposta social. En todo caso, a convocatoria de folga xeral realizarase antes do 28 de xaneiro, xornada marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de reforma das pensións.

Ao mesmo tempo que a Comisión do Pacto de Toledo ultimaba o seu informe, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado do Secretario de Comunicación e Propaganda, Francisco Miranda Vigo, comparecían en rolda de prensa para anunciar a decisión do Secretariado Confederal da CIG de promover a convocatoria dunha nova folga xeral o vindeiro 27 de xaneiro, na véspera da data límite marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de reforma do sistema de pensións.

Seixo advertiu da necesidade de dar unha resposta contundente ás políticas económicas e laborais que os gobernos viñeron adoptando até o momento, porque “todos os avances que se tiñan conseguido cara un sistema de protección social estábel e seguro estanse destruíndo. Tanto as reformas xa efectuadas, como agora a das pensión ou a que se nos anuncia da negociación colectiva déixanos nunha situación social e laboral de hai 60 anos”, advertiu. “Estamos ante un cúmulo de despropósitos que require dunha contestación inmediata”.

Redución das contías das pensións

O Secretario Xeral da CIG foi moi crítico á hora de avaliar as propostas de atrasar a idade de xubilación até os 67 anos e incrementar os anos para calcular a base reguladora, medidas destinadas á dificultar o acceso ás pensións e rebaixar as contías das mesmas. Sobre este punto, explicou que, na práctica, subir de 15 a 20 anos o tempo para a base reguladora suporá unha perda do 6% nas pensións futuras. Se o cálculo se realiza en 25 anos, provocarase unha caída das contías das pensións do 10%, e se finalmente se ten en conta toda a vida laboral, tal e como veñen reclamando a CEOE ou o FMI, a perda ascende até o 20% da prestación percibida.

A maiores tamén se fala da necesidade de mudar o sistema de revisión das pensións en función do IPC real, co obxectivo de reducir por esa vía o poder adquisitivo das pensións.

As recomendacións da Comisión do Pacto de Toledo

En canto ao atraso da idade de xubilación, Xesús Seixo referiuse á xuntanza que a Comisión do Pacto de Toledo estaba mantendo á mesma hora que a central comparecía en rolda de prensa, advertindo das preocupantes “recomendacións” contidas no seu informe.

Aínda que o documento non recolle expresamente a suxestión de elevar a 67 anos a idade de xubilación, insta a tentar igual a idade real de xubilación, situada arredor dos 63 anos, coa idade legal, os 65. Isto suporá a adopción de políticas destinadas a dificultar as xubilacións anticipadas, voluntarias ou mesmo as xubilacións parciais con contrato relevo; unha vía escollida por moitas empresas para rexuvenecer os seus cadros de persoal.

Ademais, o goberno fala ás claras de primar o atraso da idade de xubilación con fondos públicos, favorecendo así as uns sectores que non sofren o desgaste físico e psíquico que padecen outras profesións.

Neste punto, o Secretario Xeral da CIG, manifestou as contradicións nas que cae a propia patronal ao demandar o atraso da idade de xubilación até os 70 anos, cando son as empresas as que dificultan o acceso ao mundo laboral aos traballadores e traballadoras maiores de 50 anos e despiden, en primeiro lugar, aos obreiros/as máis antigos.

Os falsos argumentos para xustificar a reforma das pensións

Se ningunha das reformas que o goberno veu aprobando até agora está xustificada, a modificación das pensións só obedece a unha estratexia para facilitar liquidez e recursos á banca. Por iso, Seixo, afirmou que “se Zapatero e o seu goberno fosen minimamente honrados o que deberían facer é dimitir e pasar a cobrar a súa nómina do BBVA ou o Banco Santader, xa que traballan para a banca e non para a maioría da sociedade”.

Para xustificar esta reforma, aclarou, estanse recorrendo a informes de “expertos” que teñen situado a quebra do sistema público de pensións no horizonte do ano 2040, estudos de dubidosa rigorosidade cando previamente vaticinaron esta quebra no 2005, 2010, etc.. Utilízanse, así mesmo, argumentos falsos que pretenden vincular a viabilidade do sistema á evolución demográfica, é dicir, ao avellentamento da poboación. “O futuro das pensións tense que vincular ao número de activos, que son quen pagan as pensións dos pasivos, e á propia calidade dos salarios”, aseverou Seixo. “Polo tanto, aplicando políticas de fomento do emprego e de salarios dignos, están máis que garantidos os ingresos á seguridade social”.

Fronte a estes argumentos catastrofistas, Seixo lembrou que o superávit da Seguridade Social está por enriba dos 60.000 millóns de euros, e que no terceiro trimestre de 2010, cunha taxa de paro do 20%, o sistema rexistraba un superávit de 11.000 millóns de euros. “Haberá que preguntarlle a estes expertos que previsións teñen de desempregados/as para o 2040 para crer que vai ser deficitaria a seguridade social. Pensan que haberá un 40% de parados/as?”, preguntou.

Outro dato que se esgrime refírese ao incremento substancial das pensións no PIB futuro, facendo o sistema insostíbel. Porén, os datos actuais tiran polo chan este argumento. No ano 1995 o peso das pensións no PIB representaba o 8%. En 2008, cun incremento de 1.5 millóns de pensionistas, esta cifra reduciuse ao 7,8%, ao incrementarse de forma significativa o Produto Interior Bruto. A falacia do argumento consiste en baremar só unha das variábeis sen ter en conta o propio crecemento do PIB.

Desigualdades sociais e garantías

Alén de resultar tremendamente beneficiosos para o capital financeiro e o seu modelo especulativo, a xeneralización dos sistemas privados de pensión creará graves desigualdades sociais entre aqueles/as traballadores/as en precario que non poidan acceder a un sistema complementario de pensións e aquelas persoas con maior capacidade de aforro. Isto, alertou, provocará que un sector moi amplo da poboación só teña posibilidade de percibir as pensións mínimas.

Do mesmo xeito, a CIG recalca que único sistema garantista é o público, porque os pagos se afrontan coas achegas dos/as traballadores/as en activo. Por iso, Seixo apuntou que, ao estar suxeitos aos movementos especulativos, os fondos privados de pensións non poden garantir a súa propia supervivencia e, ao igual que acontece neste momento, “se os estados non saísen en defensa do sector financeiro, moitos destes fondos estarían en quebra”.

Chamamento á UGT e CCOO

Durante a comparecencia, Seixo aclarou aclarou que a CIG comunicou a súa decisión de convocar folga xeral o 27 de xaneiro aos Secretarios Xerais de UGT e CCOO en Galiza, animándoos a sumarse a esta convocatoria; mais tamén explicou que a central nacionalista está aberta á posibilidade de mudar de data. Se a nivel estatal UGT e CCOO deciden adoptar outro día para a folga xeral, previo ao 28 de xaneiro, a CIG “non terá inconveniente en consensuar unha data para conseguir unha maior resposta social”.

Dende a CIG advertiuse da necesidade de contestar contundentemente a todas estas políticas neoliberais, porque, do contrario, “estaremos diante dun escenario moi complicado para a clase obreira”. Neste senso, afirmou que a folga xeral do pasado 29 de Setembro obxectivou que cando o movemento obreiro actúa con coherencia “hai motos miles de traballadores e traballadoras dispostos a dar a cara”.