Unha explicación mui simple da crise económica e de como funciona o neoliberalismo
A CIG denuncia que a absorción do Pastor polo Popular afondará na centralización do poder político, económico e financeiro
Responsabiliza ao BE e ao Ministerio de Economía de deixar a Galiza sen instrumentos financeiros para xestionar os recursos dos galegos/as desde unha óptica de país
Á espera dunha confirmación oficial por parte da dirección do Banco Pastor, que a CIG intentou obter hoxe sen éxito, e malia onte non recibir ningunha información ao respecto na xuntanza mantida entre as organizacións sindicais e a dirección da entidade, a Confederación Intersindical Galega valora a posíbel absorción ou compra do Banco Pastor por parte do Grupo Popular como unha noticia negativa para Galiza.
10-03-26 Concentración Fundación Barrie
1º A CIG considera que isto é froito da política emprendida polo Banco de España e o Ministerio de Economía tendente a eliminación e desaparición da pequenas e medianas entidades financeiras coa fin de producir unha concentración no sector.
2º O Banco de España teima en que o tamaño das entidades é fundamental sen ter en conta que o máis importante é garantir unha boa xestión e unha situación saneada, máis alá do seu tamaño.
3º Estase a producir unha concentración e centralización do poder político, económico e financeiro na que Galiza está perdendo peso e capacidade de decisión o cal lastrará cara o futuro a posíbel saída desta crise económica ao prescindir de entidades que permitirían xestionar os recursos dos galegos e galegas desde unha óptica de país.
4º Por parte da CIG estaremos especialmente vixilantes e atentos ás consecuencias laborais que este proceso de fusión poida orixinar, nomeadamente nos servizos centrais na cidade da Coruña. Se até o de agora A Coruña era a capital financeira de Galiza, coa desaparición dos servizos centrais do Banco Gallego, froito dun ERE, o proceso de concentración das caixas de aforros e agora a posíbel desaparición dos servizos centrais do Banco Pastor se se dá a absorción por parte do Grupo Popular, convertería a esta cidade nun erial do punto de vista do emprego no sector financeiro.
5º En todo caso, a CIG entende que é precisa unha implicación do Goberno galego para que as consecuencias, do punto de vista laboral, sexan as mínimas posíbeis, insistindo, sobre todo, en que a cidade da Coruña manteña servizos centrais das distintas entidades financeiras, neste caso concreto do Banco Pastor.

Extraido de Avantar
Etiquetas:
CIG NACIONAL,
Isolux Corsán
Danse os primeiros pasos para a constitución da futura federación de Industria na CIG
As executivas das federacións de Metal e de Químicas da CIG comezaron
a manter xuntanzas a nivel nacional para elaborar o calendario e
desenvolver os traballos necesarios para facilitar o proceso de
unificación, que se prevé que conclúa no primeiro semestre de 2012.
Deste xeito dáse cumprimento aos acordos acadados nos respectivos
congresos, nos que se marcou como un dos obxectivos dar os pasos
necesarios para confluír nunha única federación que pasaría a
denominarse federación de Industria.
Estas xuntanzas, que se están a celebrar a nivel nacional, vanse
reproducir tamén a nivel comarcal coa idea de preparar toda a
documentación necesaria e deseñar un calendario que concluirá coa
definitiva unificación.
Polo momento xa se comezou a planificar
de forma conxunta a estratexia en materia de acción sindical,
negociación colectiva e eleccións sindicais.
A futura federación
de Industria terá unha forte implantación en todas as comarcas, cunha
afiliación que supera os 17.000 afiliados/as. Deste xeito a CIG pretende
facilitar o traballo para incrementar a súa eficacia en sectores de
actividade nos que, até o de agora, se estaba a traballar por separado.
Extraido da web da CIG Metal
Etiquetas:
CIG METAL,
Isolux Corsán
A CIG apostará por convenios de ámbito galego e por prohibir que se rebaixen as condicións laborais nos de empresa
Os delegados/as da central sindical manifestan o seu máis absoluto rexeitamento á reforma da negociación colectiva por favorecer a precarización das condicións laborais
Máis de 200 delegados/as da CIG participaron na mañá deste xoves, día 6 de outubro, no “Encontro Nacional de Negociación Colectiva”. Unha xornada de traballo na que se analizaron as graves repercusións que, para as traballadoras/es, terán as mudanzas introducidas na lexislación laboral a través das últimas reformas aprobadas polo goberno español e na que se debateu a estratexia da central sindical de cara ao proceso de negociación colectiva do vindeiro ano. O secretario xeral, Suso Seixo, que pechou o acto, avanzou que a CIG pulará por convenios de ámbito galego, nos que se prohiba expresamente asinar outros de empresa que rebaixen as condicións laborais e salariais dos traballadores/as do mesmo sector.
No encontro fíxose una valoración moi negativa dunha reforma –a da negociación colectiva- que o que pretende é “dar prevalencia aos convenios de empresa fronte aos de sector, para que estas poidan pactar condicións laborais por debaixo”, explicou Seixo, quen afirmou que, na práctica, supón “deteriorar as condicións laborais e económicas dos traballadores e traballadoras ao establecer un marco de negociación á baixa que provocará a perda das melloras acadadas”.
O secretario xeral da CIG considera que o que se busca é dividir aos traballadores/as e debilitar a súa capacidade de organización e resposta.
Para combater esta situación, dixo, a CIG “seguirá dando a batalla por conseguir a prevalencia de convenios provinciais de sector”, mantendo os actuais mentres non se asinen convenios de ámbito galego; intentará “negociar convenios, en toda Galiza, a partir dos que se articulen convenios de ámbito galego, en todos os sectores, nos que se prohiban expresamente convenios de empresa con condicións inferiores a estes, aos provinciais que estean vixentes e aos sectoriais”.

Mudanzas legais
Os encargados de explicar as mudanzas legais introducidas nas últimas reformas foron os avogados Héctor López de Castro e Luís Burgos.
López de Castro sinalou que todas as modificacións van na liña de liberalizar as relacións laborais, “baseándose en preconceitos como que abaratar o despedimento favorece a contratación, cando a experiencia demostra que é todo o contrario, ou que apostar por contratos temporais e a media xornada posibilitan a creación de emprego”.
Lembrou que con todas estas reformas apenas queda nada xa do que se estabelecía no Estatuto dos Traballadores aprobado en 1980 e que para introducir os cambios lexislativos que veñen de aprobarse, aproveitouse o contexto de profunda crise económica que atravesamos, porque noutras circunstancias, dixo, “sería impensábel abordalos e terían provocado una grande resposta social”. Pero, advertiu, “non son reformas pensadas para afrontar a crise, senón para mantelas despois”.
Destes, salientou os cambios en materia de contratos: a redución das indemnizacións por despedimento; a introdución dun contrato indefinido no que se estabelecen condicións semellantes ás dos contratos en precario; no que se amplían as causas que se recoñecen como obxectivas para despedir e no que o despedimento é moito máis barato e, ademais, subvencionado. Un contrato indefinido que se equipara, en síntese, ao temporal, canto a custos empresariais se refire.
En diante, as empresas poderán alegar causas económicas imprecisas, como posíbeis perdas futuras, para xustificar un despedimento. A empresa tampouco terá que probalo se alega causas técnicas, organizativas ou de produción.
Deste xeito, afirmou, facilítase que as empresas gañen no xulgado e que saia moitísimo máis barato despedir. Até tal punto que “un contrato temporal en fraude de lei está agora máis protexido que un contrato indefinido”.
Respecto do contrato de Fomento da contratación indefinida, salientou que, ademais de estar subvencionado e abranguer a practicamente calquera traballador/a, permite despedir, sen motivo, e cunha indemnización de 33 días.
A nova lexislación tamén permite aplicar un salario inferior ao convenio sectorial e mesmo reducir a xornada laboral.
Diálogo social
O avogado e representante da CIG no CES, Luís Burgos, sinalou que estas son as consecuencias dun modelo de diálogo social que “non serve en época de bonanza e menos en época de crise, cando se impoñen os cambios por decreto”.
Para Burgos, o dereito social retírase e individualízanse as relacións contractuais. “O dereito laboral xa non serve ao traballador”, dixo, concluíndo que o que estabelece é “un marco de negociación favorábel ao empresario”.
De feito, insistiu, na empresa estabelécese “a lei da selva” ao eliminar o “chan mínimo” que antes existía. “Preténdese minar así a práctica sindical e ás organizacións sindicais” afirmou, augurando que ante este contexto os empresarios “seguirán potenciando a CCOO e UGT como sindicatos representativos para garantir un marco de actuación favorábel”.
Coincidindo con López de Castro, insistiu en que non se trata de reformas pensadas para saír da crise, senón de reformas “que favorezan un modelo de relacións laborais no que teña o maior peso o empresariado”.
Abordar a negociación colectiva
E se o panorama descrito xa non era nada esperanzador, o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara, alertou do que se pode atopar a clase traballadora tras das eleccións do 20-N nas que, segundo todos os prognósticos, o PP acadará unha ampla maioría absoluta. “As grandes multinacionais seguen reclamando que se vaia aínda máis alá, porque non lles parece que isto sexa abondo para asegurar que o dominio da empresa é prevalente”. Reclamacións que Alcántara considera que o goberno saínte, presidido por Rajoy, atenderá xa nos primeiros meses de mandato.
O secretario confederal de Negociación Colectiva lembrou que grazas ás mobilizacións promovidas pola CIG en 2009 -14 folgas provinciais de sector- conseguiuse un incremento salarial do 5,5%. “Iso é o que quere a patronal evitar e esta reforma trata da descompoñer ese ámbito e debilitalo”.
Denunciou os acordos interconfederais de negociación colectiva asinados por CCOO e UGT, xunto coa patronal. Acordos onde se limitan os incrementos salariais, quedando mesmo por debaixo do IPC. “Para este ano pactaran un incremento do 2,5. Un acordo que agora á patronal xa non lle vale”.
Alcántara sinalou que a prevalencia dos convenios de empresa afectan, sobre todo, aos traballadores das pequenas e medianas empresas, porque estas poderán mudar todo o relativo a salario, xornada, horario e tempo de traballo, réxime de traballo a quendas, calendario de vacacións e mesmo en materia de conciliación. “A non ser que o convenio a nivel estatal ou autonómico determine que non se poden mudar certos aspectos”.
Diante desta nova situación explicou que o traballo sindical terá que dirixirse cara a provocar un novo escenario, “fortalecendo o ámbito galego, limitando os convenios de empresa e dándolle continuidade aos convenios provinciais”.
Extraido de Avantar
Etiquetas:
CIG NACIONAL,
Isolux Corsán
Os traballadores/as do naval continúan polas rúa de Fene as mobilizacións masivas en demanda do dique flotante
Nesta ocasión, e seguindo o calendario de mobilizacións acordado, os traballadores e as traballadoras da empresa principal en Ferrol e da industria auxiliar trasladáronse en autobús até a outra beira da ría para xuntarse co persoal do estaleiro do Perlío, de onde saíron, logo das dez da mañá, en manifestación cara ás portas do Concello de Fene.
Ao igual que aconteceu a pasada semana, unha representación do persoal accedeu ao interior da casa consistorial para manter un encontro do alcalde de Fene, Gumersindo Galego, do Partido Popular, ao que trasladaron as súas reivindicacións e ao que demandaron que poña en marcha todos os mecanismos que estean na súa man para esixir a construción do novo dique flotante.
A este respecto, un dos voceiros da CIG de Ferrol e membro da sección sindical da CIG en Navantia, Manel Grandal, criticou o desinterese amosado pola Consellaría de Industria ante os problemas do naval, pois aínda non contestou á solicitude cursada pola representación dos traballadores/as o pasado mes de xuño para manter unha reunión.
Esta infraestrutura, lembran dende a CIG de Ferrol, permitiría paliar de xeito inmediato o problema da falta de carga de traballo nos estaleiros (xa que daría ocupación durante algo máis de dous anos) e a longo prazo posibilitaría aos estaleiros da ría de Ferrol estar presente no mercado de reparación de buques ao máximo nivel de competitividade. Neste senso, subliñan que este sector de reparacións e carenas ten unha gran demanda na actualidade e preséntase como un negocio capaz de garantir viabilidade ás instalacións de Fene e Ferrol.
Neste contexto, Grandal lanzou unha chamada de atención ao goberno galego e estatal sobre a necesidade de centrar esforzos nun sector clave para a comarca, do que dependen 17.000 empregos. “Aquí non existen alternativas económicas”, advertiu, “o naval é a única industria que está amortecendo a caída do emprego; a xente nova que traballa está indo para o naval, incluso os traballadores/as que proceden de servizos ou construción”.
Non obstante, dende a Sección Sindical da CIG en Navantia teñen subliñado en numerosas ocasións que a non construción do dique flotante deixaría fóra deste mercado aos estaleiros ferroláns, xa que o actual dique carece de capacidade suficiente para atender aos buques de maior tamaño; minguando deste xeito as posibilidades de futuro para o sector.
As protestas trasládanse até Compostela
O calendario de mobilizacións acordado polas asembleas de traballadores/as continuará o vindeiro 19 de outubro cunha protesta polas rúas de Compostela. Ademais, as organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG teñen convocada unha gran manifestación o domingo 6 de novembro en defensa do emprego e do sector naval. A marcha partirá ás 12:00 horas dende o Inferniño baixo o lema “Polo emprego e o futuro da comarca. O naval é fundamental. Carga de traballo xa”.
Extraido de Avantar
Etiquetas:
CIG METAL,
CIG NACIONAL,
Isolux Corsán
Assinar:
Postagens (Atom)