Porqué o 1 de maio
Os feitos que deron lugar esta celebración están contextualizados nos albores da revolución industrial nos Estados Unidos.
A fins do século XIX Chicago era a segunda cidade de EE.UU. Do oeste e do sureste chegaban cada ano por ferrocarril miles de gandeiros desocupados, creando as primeiras vilas humildes que albergarían por centos de miles de traballadores.
Ademais, estes centros urbanos acolleron a emigrantes vidos de todo o mundo o longo do seculo XIX.

A revolta de Haymarquet
O 1º de maio do 1886 a folga pola xornada de 8 horas estalou de costa a costa nos EE UU. Mais de 5.000 fabricas foron paralizadas e 340.000 taballadores sairon a rua
En Chicago concentráronse na praza de Haymarket máis de 20.000 persoas que foron reprimidas por 180 policías uniformados.Para reprimir os traballadores, a burguesia urdiu un plan de probocacion e fixo estalar unha bomba na praza.
A bomba estalou entre os policías producindo un morto e varios feridos. A policíaDeclarouse o estado de sitio e o toque de queda detendo a centenares de traballadores que foron golpeados e torturados, acusados do asasinato do policía.
Estes feitos represivos foron apoiados por unha campaña de prensa con citas como:
Que mellores sospeitosos que a plana maior dos anarquistas. ¡Á forca os brutos asasinos, rufiáns vermellos comunistas, monstros sanguinarios, fabricantes de bombas, xentuza que non son outra cousa que o atraso de Europa que buscou as nosas costas para abusar da nosa hospitalidade e desafiar á autoridade da nosa nación, e que en todos estes anos non fixeron outra cousa que proclamar doutrinas sediciosas e perigosas!
A Prensa reclamaba un xuízo sumario por parte da Corte Suprema, e responsabilizando a oito anarquistas e a todas as figuras prominentes do movemento obreiro.
O 21 de xuño de 1886, iniciouse a causa contra 31 responsables, que logo quedaron en 8. As irregularidades en xuízo foron moitas violándose todas as normas procesais de forma e de fondo, tanto que chegou a ser cualificado de xuízo farsa. Os xulgados foron declarados culpables. Tres deles foron condenados a prisión e cinco á forca.

Prisión
* Samuel Fielden, inglés, 39 anos, pastor metodista e obreiro téxtil, condenado a cadea perpetua.
* Óscar Neebe, estadounidense, 36 anos, vendedor, condenado a 15 anos de traballos forzados.
* Michael Swabb, alemán, 33 anos, tipógrafo, condenado a cadea perpetua.
* Óscar Neebe, estadounidense, 36 anos, vendedor, condenado a 15 anos de traballos forzados.
* Michael Swabb, alemán, 33 anos, tipógrafo, condenado a cadea perpetua.
A matar na forca
O 11 de novembro de 1887 consumouse a execución de:
*Georg Engel, alemán, 50 anos, tipógrafa.
* Adolf Fischer, alemán, 30 anos, xornalista.
* Albert Parsons, estadounidense, 39 anos, xornalista, esposo da mexicana Lucy González Parsons aínda que se probou que non estivo presente no lugar, entregouse para estar cos seus compañeiros e foi xulgado igualmente.
* Hessois Auguste Spies, alemán, 31 anos, xornalista.
* Louis Linng, alemán, 22 anos, carpintero para non ser executado suicidouse na súa propia cela.
Relato da execución por Xosé Martí, corresponsal en Chicago do xornal A Nación de Bos Aires (Arxentina):

...saen das súas celas. Danse a man, sorrín. Lenlles a sentenza, suxéitanlles as mans por detrás con esposas, cínguenlles os brazos ao corpo cunha faixa de coiro e póñenlles unha mortalla branca como a túnica dos catecúmenos cristiáns. Abaixo está a concorrencia, sentada en ringleira de cadeiras diante do cadalso como nun teatro... Firmeza no rostro de Fischer, pregaria no de Spies, orgullo no do Parsons, Engel fai un chiste á mantenta do seu capucha, Spies grita: "a voz que ides sufocar será máis poderosa no futuro que cantas palabras puidese eu dicir agora». Báixanlles as capuchas, logo un aceno, un ruído, a trampa cede, os catro corpos caen e se balancean nunha danza espantable...
O Crime de Chicago custou a vida de moitos traballadores e dirixentes sindicais; non existe un número exacto, pero foron miles os despedidos, detidos, procesados, feridos de bala ou torturados.
A maioría eran inmigrantes: italianos, españois, alemáns, rusos, irlandeses, xudeus, polacos e eslavos.

A revindicación laboral das 8 horas
Unha das reivindicacións básicas dos traballadores era a xornada de 8 horas. O facer valer a máxima oito horas para o traballo, oito horas para o soño e oito horas para a casa.
Neste contexto producíronse varios movementos, en 1829 formouse un movemento para solicitar á lexislatura de Nova York a xornada de oito horas.
Anteriormente existía unha lei que prohibía traballar máis de 18 horas, salvo caso de necesidade. Se non había tal necesidade, calquera funcionario dunha compañía de ferrocarril que obrigase a un maquinista ou fogonero a traballar xornadas de 18 horas diarias debía pagar unha multa de 25 dólares.
A maioría dos @obreiro estaban afiliados á Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo, pero tiña máis preponderancia a American Federation of Labor, Federación Estadounidense do Traballo, inicialmente socialista (algunhas fontes sinalan a orixe anarquista). No seu cuarto congreso, realizado o 17 de outubro de 1884, resolvera que desde o 1 de maio de 1886 a duración legal da xornada de traballo debería ser de oito horas. En caso de non obter resposta a este reclamo, iríase a unha folga. Recomendaba a todas as unións sindicais a tratar de facer promulgar leis con ese contido en todas as súas xurisdiccións.
Esta resolución espertou o interese de todas as organizacións, que vían que a xornada de oito horas posibilitaría obter maior cantidade de postos de traballo (menos desocupación).
Eses dous anos acentuaron o sentimento de solidariedade e acrecentou a combatibilidade dos traballadores en xeral.
En 1886, o presidente de Estados Unidos Andrew Johnson promulgou a chamada Lei Ingersoll, establecendo as 8 horas de traballo diarias. Ao pouco tempo, 19 estados sancionaron leis que permitían traballar xornadas máximas de 8 e 10 horas (aínda que sempre con cláusulas que permitían facer traballar aos @obreiro entre 14 e 18 horas). As condicións de traballo eran similares, e as condicións en que se vivía seguían sendo insoportables.
Como a Lei Ingersoll non se cumpriu, as organizacións laborais e sindicais de EE.UU. mobilizáronse. A prensa cualificaba o movemento en demanda das oito horas de traballo como «indignante e irrespectuoso», «delirio de lunáticos pouco patriotas», e manifestando que era «o mesmo que pedir que se pague un salario sen cumprir ningunha hora de traballo».
A consecución da xornada laboral de 8 horas
A finais de maio de 1886 varios sectores patronais accederon a outorgar a xornada de 8 horas a varios centenares de miles de obreiro. O éxito foi tal, que a Federación de Gremios e Unións Organizadas expresou o seu xúbilo con estas palabras: «Xamais na historia deste país houbo un levantamento tan xeral entre as masas industriais. O desexo dunha diminución da xornada de traballo impulsou a millóns de traballadores a afiliarse ás organizacións existentes, cando ata agora permaneceran indiferentes á axitación sindical».
Etiquetas:
De interés
O Presidente do Comite de Empresa de EMESA e entrevistado na Radio Galega
O presidente do Comité de Empresa de Emesa foi entrevistado na radio Galega no espazo da Crónica de Economia, levado polo coñecido xornalista Emilio Blanco que se pode escoitar nesta emisora as 21:00 de luns a venres, neste espazo se interesaron pola situación da nosa empresa facendolle unhas preguntas a Andrés Rodríguez .
Etiquetas:
Prensa
A nota de prensa nos medios
A nota de prensa do Comité de Empresa nos medios de Comunicación escrita:
Preme nas imáxes e accede os xornais.

Xornal El Ideal Gallego.
na sección "Área Metropolitana"
na sección "Área Metropolitana"
No xornal da rede Noticias Galicia.
En Avantar.
Etiquetas:
Prensa
Nota de prensa do Comité de Empresa despois dos despidos do venres dia 27 de marzo
O Comité de Empresa de Elaborados Metálicos EMESA SL filial do Grupo Isolux Corsan quere facer público o sentimento de rabia e malestar que existe entre o mesmo e dentro dos traballadores polo despido este venres 27 de marzo de 22 compañeiros coa alegación por parte da empresa de non dar o perfil para traballar na mesma, razón que obviamente non e valida nin verdadeira pois a maioría de estes compañeiros eran indefinidos e algún deles levaba mais de 30 anos o servizo da mesma, tendo demostrada sobradamente a súa profesionalidade.
Estes traballadores estiveron traballando na empresa dende que a empresa estaba afincada no polígono da Grela na Coruña sendo propiedade do Banco Pastor, estes despidos crean neles unha situación complicada pois a maioría pasan dos cincuenta anos e na actualidade teñen unha difícil inserción no mercado laboral dada a súa idade.
A estos compañeiros súmanse os case que cincuenta que se despediron nos últimos meses alegando a falla de traballo, apesar de ter unha carteira de pedidos de decenas de millons de euros, todo elo dentro de un contexto de negociación colectiva no que a empresa aposta e pide dentro da mesa de negociación unha extensión do tempo de traballo coa inclusión de un cuarto turno e desviando o traballo a subcontratas, incluso dentro da própia empresa.
Dende o Comité de Empresa sabemos que esta unha forma de precarización das condicións laborais dos traballadores dentro da empresa, todos os traballadores de EMESA esiximos a readmisión de estes compañeiros na empresa xa. O Comité de Empresa comunica a postergación das negociacións do Convenio Colectivo que estaban tendo lugar ata agora e convocatoria de mobilizacións para defender os postos de traballo que en EMESA existen.
Este e o momento de defender os postos de traballo por parte das empresas non o de despedir traballadores, estes despidos so atenden a intereses ocultos que tentan especular cos postos de traballo para enriquecer na situación actual a grupos como Isolux Corsan.
O grupo Isolux Corsan xunto coa Dirección de EMESA despide a traballadores sen outro interese que o do lucro a conta do traballo e a vida dos traballadores, y isto non e admisible nin socialmente nin laboralmente, diante de estas actitudes so atoparan a os traballadores e a sociedade enfronte.
Si a empresa quere enfrentarse ao Comité de Empresa, traballadores e as Seccións Sindicais teraos enfronte y en loita.

Comunicados Comité de Empresa
Assinar:
Postagens (Atom)