



Páxina 1 ----------- Páxina 2 ------------- Páxina 3 ----------- Páxina 4




Páxina 5 ----------- Páxina 6 ------------- Páxina 7 ----------- Páxina 8
Fai clic en cada unha das imaxes para facelas máis grandes
Descargao en PDF premendo aquí.








A CIG-Metal vén de gañar as eleccións sindicais nos talleres que a empresa Montajes Cruz, S.L. ten no polígono da Gándara, en Ferrol, celebradas o pasado 19 de febreiro. Os representantes dos traballadores elixidos deberán agora abordar coa dirección da empresa unha proposta de modificación de horarios laborais.
O pasado dia 9 de febreiro tivo lugar a presentación da plataforma de Convenio Colectivo coa dirección da empresa na que se acordou que as xuntanzas para a negociación terían lugar todos os mércores as 11:30 na sala de xuntas do Comité de Empresa, e de salientar que dita xuntanza xa debería de terse producido a finais do mes de xaneiro foi retardada pola Dirección da Empresa polo feito de que Lino Fojo, Director de xestión de Recursos Humanos de Isolux Corsán quería asistir a mesma.
O luns 9 de febreiro ás 10 da mañá no hall principal do hospital do Meixoeiro de Vigo, concentrarase o persoal de limpeza e mantemento deste centro hospitalario, adscrito ás empresas Valoriza e Isolux Corsan Servicios s.a. Esta é unha das primeiras mobilización, destes traballadores que repetirase de non modificarse a situación actual, o comezo da folga indefinida está fixado para o 23 de febreiro.
Despois dos incumplimentos continuados por parte da Dirección da empresa tanto no tocante a os 29 compañeiros que tiñan que pasar a ter contrato indefinido,como o compromiso da mesma na contratación dos compañeiros que foron despedidos ate xullo do ano pasado e que sabemos que non todos foron chamados apesares de que dende entón houbo moitas contratacións, da falla de saude laboral dentro do taller no tocante a acumulación de gases no ambiente a pesares de ter unha sentencia xudicial na se obriga a empresa a instalar na factoria un sistema de extracción para a eliminación dos gases producidos pola soldadura, arco aire, etc..., todo elo sumado a presión que están a soportar os compañeiros que traballan na sección de eólico os que se lles chegou a suxerir que entraran media hora antes e sairan media hora despois para que as máquinas non pararan de funcionar, indo esto contra a xornada laboral do traballador que e de 8 horas e non 9, cousa que xustificaron co conseguinte "lles serán pagadas como horas extra". Como se pode suxerir que serán horas extra cando acto seguido se lle consulta a cada un por parte de un xefe de sector e se lles pide xustificación da sua negativa a facelas.
A CEOE solicitaba, hai pouco máis dunha semana¸ a suspensión temporal do libre mercado para afrontar a crise. Tras daquela sorpresa regresaban esta semana á súa dialéctica habitual demandando unha vez máis abaratar o despedimento e moderar os salarios. Propostas ás que se sumaba o propio Banco de España, que incluía ademais eliminar as cláusulas de revisión salarial ou acelerar procesos de privatización e liberalización de sectores como o de Servizos. Entre mentres, a crise comeza a afectar a Galiza sen que se estean a adoptar medidas para que a súa repercusión na clase traballadora sexa mínima. Suso Seixo analiza nesta entrevista a actual situación e adianta a posta en marcha dunha campaña da CIG que comezará xa a principios do mes de outubro.Nova xornada de paro xeralizado no sector do Metal na comarca de Vigo, que tivo un importante seguimento nas zonas industriais e que foi moi maioritario no naval. De novo, desde as sete e media da mañá os traballadores do sector xuntábanse nas portas dos estaleiros e nas principais zonas industriais. Desde as zonas dos estaleiros de Vulcano e Barreras sairon en marcha até a Praza do Rei, onde se lles unirían máis traballadores que proviñan doutros piquetes.
Asi, en manifestación polo Paseo das Camelias volveron ser milleiros os traballadores que participaban desta mobilización, e que se concentraban pouco despois das dez da mañá fronte aos xulgados.
Na sala nº1 do Penal tiña lugar o xuízo contra estes catro traballadores, no que se volveu demandar a "libre absolución" destes compañeiros. É de salientar as contradicións nas que entraron os policias nas súas declaracións neste xuízo, asi como a sorpresa que supuxo que finalmente se personara neste proceso xudicial o concello de Vigo reclamando 19 colectores, pero sen apresentar ningún tipo de peritaxe ao respecto.
Fontes xudiciais sinalan que o máis probábel é que a sentenza deste xuízo non sexa pública até dentro dun mes.
Ao remate deste xuízo, tivo lugar unha asemblea fronte aos xulgados, na que interveu Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal e na que sinalou que"é importante que continuemos atentos, porque agora o xuízo quedou visto para sentenza, e atentos, porque neste ano temos negociación do convenio provincial".
Malvido lanzou unha mensaxe tanto para os traballadores e traballadoras presentes como para os empresarios:"esta convocatoria de folga non foi un fraude de lei, e a convocatoria si que era para estar aqui hoxe cos catro compañeiros, porque todos nos estabamos a sentir xulgados e no banco de acusados, e non é fraude de lei porque a patronal sabe que os maiores incumpridores do convenio son eles, e a ver cando dunha vez por todas temos a algun deses incumpridores e estafadores sentados no banco de acusados".
Malvido adiantou que "queda por diante un ano complexo, unha negociación complicada , e aínda que é certo que hai crise, pero non é menos certo que esta crise non a xeramos os traballadores, e imos pelexar como sempre, e teremos que estar na rúa outra vez para pelexar por un convenio digno".
Cándido Gónzález, traballador da Naval Xixón e membro da Corrente Sindical de Esquerdas de Asturies, participou tamén nesta asemblea final e amosou a súa satisfacción "por compartir esta xornada de loita contra a represión", e subliñou que "isto é un exemplo de solidariedade e asi é como se debe de loitar". Cándido engadiu que "en Asturias temos os mesmos problemas , porque a clase obreira estamos a ser vítima da represión por loitar contra un sistema fracasado, e póñennos condenas por defender os nosos dereitos, e a nós condenáronnos a tres anos de prisión, ao compañeiro Morala e a min, que tamén está aqui, e grazas á solidariedade e á loita na rúa en vinte días tiveron que poñernos en liberdade. Ese é o exemplo a seguir, o apoio solidario da clase traballadora cara calquera compañeiro que vaia ser xulgado é moi importante, porque se queren xulgar a un que nos xulguen a todos".