Resolución da CIG ante os últimos acontecementos na empresa

Este xoves dia 11 de xuño tivo lugar unha xuntanza do comité de Empresa co Director de Recursos Humans no que se nos comunicaron algunhos dos cambios que tiveron lugar na empresa nos últimos dias, o remate da mesma o Director de Recursos Humáns explicoulle o Comité de Empresa a necesidade de que se lle permitíra que en determinadas circunstancias puntuales se lle permitira por razóns de urxencia en algúns traballos que se deixara vir os sabados a alguns traballdores para que non se atascara o parque de loxistica da empresa, e non se conxestionara a sección de eólico, a esto o comité lle respostou que se valoraría a situación.

Xa despois de que se marchara o Director de Recursos Humans no Comité de Empresa se escomezou a valorar o tema de se eso era factible, e se sendo necesária a asistencia de ditos traballadores seria mais lóxico permitir que viñera calquera traballador ou só os precisos para que non parara o traballo na factoría.

Dito debate concluiu sen chegar a ningunha conclusión. Alguns delegados plantexáron que se votara esa posibilidade de facer horas extras dende ese mesmo intre pois non crian que esta situación dira mais de si e que de todas maneiras se podería retomar a folga de horas en calquera intre.

Esta votación tivo como resultado unha maioria de votos a favor de facer as horas extraordinárias, algun deses votos de delegados da CIG, acto seguido e o sair de dita xuntanza puidemos comprobar o malestar que causou dita votación entre os traballadores, en vista do cal se estimou que se debería consultar os mesmos para determinar o parecer dos traballadores no tema, cousa que foi contestada pola Sección Sindical de CCOO con Indignación pois estimaban que se deberon abrir as horas extras en base a votación do Comité de Empresa sen a consulta pertinente os traballadores.

Nesta forma de actuar os delegados da CIG caimos en vários erros:

1º – Non se debeu votar dita prosta ese mesmo dia, debeuse agardar a tomar unha postura única ante dita proposta.

2º – Non se debeu votar dita proposta sen antes contrastar a posición dos afiliádos e do taller ante a mesma.

3º – Non se debeu votar dita proposta sen estudiar cal sería o abxetivo final da mesma, e cales eran os intereses que movian dita proposta.

Ante estes tres grandes erros o redor de a xuntanza do dia 11 e como resposta as inquedanzas dos afiliados e traballadores de EMESA os delegados dos traballadores eleitos na lista CIG e mais o Delegado Sindical tomaron tres decisións.

1ª - Os delegados da CIG non voltará a aceitar votacións que non estiveran plantexadas con aterioridade e valoradas polos mesmo antes de calquera xuntanza, tanto sexa coa Dirección de EMESA como do propio Comité de Empresa.

2ª - Os delegádos da CIG en respeto as inquedanzas dos traballadores e afiliados da mesma retomará a posición de non facer horas extraordinárias entanto o traballo en EMESA e a propia situación económica da empresa non estean garantidos.

3ª - Os delegados da CIG asumen e asumirán as decisións asemblearias dos afiliados como se veu facendo ate agora, respetarán as decisións maioritárias de todos os traballadores e as reflexarán dentro do Comité de Empresa e nas negociacións coa Dirección da Empresa.

4ª - Os delegados da CIG asumen esta falla de coordinación, este erro, e as consecuencias que se deriven do mesmo e así llo trasladaron en xuntanza do Comité de Empresa os demais delegados e Seccións Sindicais, o fin último da CIG e os delegados eleitos pola mesma e o de representar o mais fielmente posíbel os afiliados e os traballadores de EMESA así como o de informar fielmente e con todos os medios o seu alcance, como viñeron facendo ate agora.

Así tentamos facelo dende hai un ano, e así se fará no futuro. Este e o único obxetivo da CIG, nin poder, nin obxetivos de carácter persoal.