Remata o verán e nada novo no horizonte

Compañeir@s chegamos a setembro, e a situación da empresa segue igual. Os prognósticos feitos no mes de febreiro estanse a confirmar. O parón en eólico esta cada vez mais cerca, a empresa o sitúa a remates do outono, e a carga de traballo para estrutura durara un pouco mais.

Confirmado o cambio de director, esperamos que na presentación o comité de empresa, traia con el o plan de viabilidade que xa lle pedimos o outro director e o conselleiro delegado de Isolux en Madrid.

Nos aspectos sociais, este ano non se ten avanzado, e mais podemos afirmar que quedaron parados. Por un lado non se deron nin categorías nin niveis, os indefinid@s que se tiñan que ter feito no mes de setembro do ano pasado, fixéronse no me de abril e despois dunha sentencia da inspección de traballo, a raíz da denuncia posta polo comité de empresa.

As vacacións do sector eólico crearon unha tensión forte entre o comité, os traballador@s e a empresa ( temos que dicir que o chegar o remate de xuño, acordouse unha solución razoable ).
O convenio, que se comezou a negociar no mes de febreiro, esta practicamente igual que no comezo. A CIG segue sen local, a pesar da sentencia da inspección de traballo que di: SE requiriu a empresa para que adecúe as instalacións, facendo as obras necesarias para que tódalas seccións sindicais dispoñan dun local para uso exclusivo de similares características.

E por ultimo , e non menos importante, os despedimentos de persoal de taller, por primeira vez en moito tempo o numero de persoal da fabrica baixa substancialmente dos 300 traballador@s.