O Comité de Empresa manda paralizar a adesión da empresa o servizo de prevención Mancomunado

O Comité de Empresa recibiu o dia 9 de xullo un escrito no que se lle comunicaba a intención da empresa de entrar a formar parte do servizo mancomundao de prevención do grupo Isolux Corsán, carta que foi contestada pedindo a cancelación de dita adesión por non terselle comunicado nin cunsultado o Comité de Empresa como manda nopunto 2 do artigo 21 do R.D 39/1997 do 17 de xaneiro que pararan dita adesión ata ter consultado co Comité como manda esta regulación e ternos explicado as razóns e o funcionamento de tal servizo.


Preme an imaxe para poder ler o comunicado do Comité de Empresa.

O Comité de Empresa queixase a dirección de persoal da falla de cumplimento do Convenio en temas como a contratación ou as quendas de traballo

Preme na imaxe para facela grande e leer o escrito






A CIG solicita un local e material para poder traballar en EMESA

A CIG solicitou de forma oficial a dirección de persoal de EMESA un local onde poder traballar así como o material para poder traballar no mesmo.

Hoxe pola mañá a Sección Sindical da CIG en EMESA puxo en coñecemento do director de recursos humanos a obriga de este departamento de asignar un local a esta Sección sindical asi como diverso material de oficina un PC con conexión a internet e unha liña de telefono.

Ainda que non se fixera de forma oficial si que se tratara persoalmente coa dirección de persoal para a dotación de esta Sección Sindical que agora mesmo conta con 6 delegados dos traballadores, un delegado Sindical e un numeroso grupo de afiliados.

Cando se lle plantexou a dirección de persoal, esta negouse e ofreceunos darnos un arquivador con pecho para o noso uso na sala de xuntas, como e evidente nos negamos a esta oferta e agora lle plantexamos oficialmente a nosa solicitude agardando que nos comunique cales serán os prazos para darnos ese local que nos corresponde por ley e dotalo dos medios que a empresa ten.

Preme na imaxe para ver a solicitude en grande:

Posición da CIG respecto da sinatura do Acordo pola Competitividade 2008-2011

O 13 de novembro de 2006 o Consello Confederal da CIG acordaba abandonar as mesas de diálogo social para un Acordo Galego polo Emprego. As razóns que daquela levaban á central a deixar estas mesas son as mesmas polas que non participou na sinatura do chamado Acordo pola Competitividade 2008-2011.

Malia non formar parte das Mesas de Diálogo Social para un Acordo Galego polo Emprego, a CIG manifesta que, a pesar de ser a segunda central sindical de Galiza, nin sequera recibiu unha copia do devandito Acordo pola Competitividade para coñecer o seu contido e poder valorar, de vagar, o seu alcance.

Alén diso, e tendo en conta a escasa información da que, a estas alturas, dispón, a CIG salienta o paradoxo que supón que no seo das Mesas para un Acordo Galego polo Emprego se asine un ‘Acordo pola Competitividade’, co que iso implica.

Neste sentido, Consuelo Martínez, secretaria confederal de Organización sinala que “cada vez que falamos de competitividade parece que a única forma de sermos competitivos é contendo ou baixando os salarios, flexibilizando as condicións laborais e as xornadas e aumentando, polo tanto, a explotación directa sobre o traballador”. Fronte a isto lembra que, para a CIG, o que se debería propiciar é “a mellora da produción e da calidade do produto, non que sexa máis barato porque se reducen os custos de produción a custo de rebaixar as condicións laborais”.

Continuar a ler premendo aquí....

Os delegados de prevención comunicanlle a empresa as graves eivas de seguridade na obra do túnel de hélices

Os delegados de prevención electos polo Comité de Empresa na súa última xuntanza, despois das queixas comunicadas a estes por moitos dos traballadores que están na obra do túnel de hélices, comunicaronlle o venres 4 de xullo a empresa despois de unha xuntanza de urxencia algunhas das graves eivas de seguridade que existían nesta obra, o comunicado que lle foi entregado a empresa foi o seguinte:

A atención da Dirección de Persoal de Elaborados Metálicos EMESA S.L.


Os delegados de prevención poñen en coñecemento da Dirección da Empresa que a dia de hoxe constatamos na obra do túnel de hélices que os traballadores que están manipulando as carretillas eléctricas elevadoras “patos”, non teñen a formación pertinente para manexa ese tipo de maquinaria , o que representa un risco grave tanto para a súa seguridade como para a dos demais traballadores.

Asemade manifestamos que os contrapesos que se están a utilizar para o equilibrio das pezas nesa mesma obra, poden ter un grave perigo de desprendemento por non estar comprobado que as soldaduras realizadas poden resistir o peso dos mesmos, así como a falla de existencia de un protocolo de seguridade para as manobras con estas pezas.

------------------------------------

Unhas horas despois de este comunicado o técnico de prevención da empresa puxo en coñecemento dos mesmos que o tema dos contrapesos as soldaduras xa foran miradas e que se reforzarían as mesmas, que no tema dos "patos" se impartiría no menor prazo de tempo un curso sobre estes e que xa se estaba a elaborar o protocolo de seguridade.

Dende a CIG nos congratulamos da celeridade coa que se lle buscou solución, aínda que eventual en algúns casos, a este tema e agardamos que no futuro estas graves eivas de seguridade nos se produzan, xa que nesta mesma obra se tivo que comunicar hai dúas semanas que os viradores que se estaban a utilizar so podían cargar coa metade do peso das pezas que sostiñan, iso si tamén podemos dicir que nese caso foi parada a obra e colocados uns viradores axeitados o peso das pezas que soportaban.
Consideramos que este tipo de problemas non chegarian se fose presentado no seu momento un protocolo de seguridade para esta obra.

Xuntanza do Comité de seguridade e saude

O pasado xoves dia 3 de xullo tivo lugar a primeira xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde en EMESA .

Por razóns da falta dos directivos da empresa que teñen representación neste comité o que tería sido a primeira xuntanza do mesmo foi simplesmente unha xuntanza informal na que se nos comunicou o grande aumento que experimentaron os accidentes laborais con baixa na empresa respecto do ano pasado a estas mesmas datas, con un aumento de mais de un 50% sendo 52 os accidentes co baixa no 2008 ate o mes de xuño contra 24 que se produciran no ano anterior ate esas mesmas datas.

Dende a CIG non entraremos en valorar tan negativa cifra xa que sabemos que son moitos os factores que inflúen nese incremento dos accidentes e consideramos que tamén para este tema ha de servir a nosa entrada no comité de empresa, marcámonos como prioridade a vixiancia de este tema así como a comunicación das eivas de seguridade que apreciemos a empresa, consideramos que a seguridade e a saúde e algo que nos incumbe a todos , tanto traballadores como empresa e creemos que con colaboración e entendemento poderemos participar de forma activa na mellora das condicións de seguridade e saúde laboral na nosa empresa.

Para o asesoramento neste tema o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG púxose ao noso dispor asistindo a esta xuntanza o Técnico Superior en prevención da Unión Comarcal da Coruña Fernando Solla, co cal puidemos dar unha volta polas instalacións internas y externas do taller para que coñecera a empresa mais a fondo e así axudarnos de cara as propostas que poidamos facer para a mellora da seguridade en EMESA e para asesorarnos no traballo diario neste eido
Dende a Sección Sindical da CIG queremos darlle as grazas pola súa disposición a axudarnos e pola súa implicación con nos dende o primeiro intre.

A información precisa 5º voceiro da CIG de EMESA (xuño)



Preme nas páxinas para facelas mais grandes

Podes descargalo en PDF preme aquí.