Xuntanza do Comité de seguridade e saude

O pasado xoves dia 3 de xullo tivo lugar a primeira xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde en EMESA .

Por razóns da falta dos directivos da empresa que teñen representación neste comité o que tería sido a primeira xuntanza do mesmo foi simplesmente unha xuntanza informal na que se nos comunicou o grande aumento que experimentaron os accidentes laborais con baixa na empresa respecto do ano pasado a estas mesmas datas, con un aumento de mais de un 50% sendo 52 os accidentes co baixa no 2008 ate o mes de xuño contra 24 que se produciran no ano anterior ate esas mesmas datas.

Dende a CIG non entraremos en valorar tan negativa cifra xa que sabemos que son moitos os factores que inflúen nese incremento dos accidentes e consideramos que tamén para este tema ha de servir a nosa entrada no comité de empresa, marcámonos como prioridade a vixiancia de este tema así como a comunicación das eivas de seguridade que apreciemos a empresa, consideramos que a seguridade e a saúde e algo que nos incumbe a todos , tanto traballadores como empresa e creemos que con colaboración e entendemento poderemos participar de forma activa na mellora das condicións de seguridade e saúde laboral na nosa empresa.

Para o asesoramento neste tema o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG púxose ao noso dispor asistindo a esta xuntanza o Técnico Superior en prevención da Unión Comarcal da Coruña Fernando Solla, co cal puidemos dar unha volta polas instalacións internas y externas do taller para que coñecera a empresa mais a fondo e así axudarnos de cara as propostas que poidamos facer para a mellora da seguridade en EMESA e para asesorarnos no traballo diario neste eido
Dende a Sección Sindical da CIG queremos darlle as grazas pola súa disposición a axudarnos e pola súa implicación con nos dende o primeiro intre.

Nenhum comentário: