Os delegados de prevención comunicanlle a empresa as graves eivas de seguridade na obra do túnel de hélices

Os delegados de prevención electos polo Comité de Empresa na súa última xuntanza, despois das queixas comunicadas a estes por moitos dos traballadores que están na obra do túnel de hélices, comunicaronlle o venres 4 de xullo a empresa despois de unha xuntanza de urxencia algunhas das graves eivas de seguridade que existían nesta obra, o comunicado que lle foi entregado a empresa foi o seguinte:

A atención da Dirección de Persoal de Elaborados Metálicos EMESA S.L.


Os delegados de prevención poñen en coñecemento da Dirección da Empresa que a dia de hoxe constatamos na obra do túnel de hélices que os traballadores que están manipulando as carretillas eléctricas elevadoras “patos”, non teñen a formación pertinente para manexa ese tipo de maquinaria , o que representa un risco grave tanto para a súa seguridade como para a dos demais traballadores.

Asemade manifestamos que os contrapesos que se están a utilizar para o equilibrio das pezas nesa mesma obra, poden ter un grave perigo de desprendemento por non estar comprobado que as soldaduras realizadas poden resistir o peso dos mesmos, así como a falla de existencia de un protocolo de seguridade para as manobras con estas pezas.

------------------------------------

Unhas horas despois de este comunicado o técnico de prevención da empresa puxo en coñecemento dos mesmos que o tema dos contrapesos as soldaduras xa foran miradas e que se reforzarían as mesmas, que no tema dos "patos" se impartiría no menor prazo de tempo un curso sobre estes e que xa se estaba a elaborar o protocolo de seguridade.

Dende a CIG nos congratulamos da celeridade coa que se lle buscou solución, aínda que eventual en algúns casos, a este tema e agardamos que no futuro estas graves eivas de seguridade nos se produzan, xa que nesta mesma obra se tivo que comunicar hai dúas semanas que os viradores que se estaban a utilizar so podían cargar coa metade do peso das pezas que sostiñan, iso si tamén podemos dicir que nese caso foi parada a obra e colocados uns viradores axeitados o peso das pezas que soportaban.
Consideramos que este tipo de problemas non chegarian se fose presentado no seu momento un protocolo de seguridade para esta obra.

Nenhum comentário: