Posición da CIG respecto da sinatura do Acordo pola Competitividade 2008-2011

O 13 de novembro de 2006 o Consello Confederal da CIG acordaba abandonar as mesas de diálogo social para un Acordo Galego polo Emprego. As razóns que daquela levaban á central a deixar estas mesas son as mesmas polas que non participou na sinatura do chamado Acordo pola Competitividade 2008-2011.

Malia non formar parte das Mesas de Diálogo Social para un Acordo Galego polo Emprego, a CIG manifesta que, a pesar de ser a segunda central sindical de Galiza, nin sequera recibiu unha copia do devandito Acordo pola Competitividade para coñecer o seu contido e poder valorar, de vagar, o seu alcance.

Alén diso, e tendo en conta a escasa información da que, a estas alturas, dispón, a CIG salienta o paradoxo que supón que no seo das Mesas para un Acordo Galego polo Emprego se asine un ‘Acordo pola Competitividade’, co que iso implica.

Neste sentido, Consuelo Martínez, secretaria confederal de Organización sinala que “cada vez que falamos de competitividade parece que a única forma de sermos competitivos é contendo ou baixando os salarios, flexibilizando as condicións laborais e as xornadas e aumentando, polo tanto, a explotación directa sobre o traballador”. Fronte a isto lembra que, para a CIG, o que se debería propiciar é “a mellora da produción e da calidade do produto, non que sexa máis barato porque se reducen os custos de produción a custo de rebaixar as condicións laborais”.

Continuar a ler premendo aquí....

Nenhum comentário: