28 de Maio elección de delegados ao Comité de Empresa de EMESA

Este 28 de maio os traballadores e traballadoras de EMESA estamos chamados a votación dos que serán os nosos representantes no Comité de Empresa para os próximos 4 anos.

Votar os teus representantes no Comité non e so unha garantía de que os teus problemas como traballador na empresa serán atendidos e as túas propostas escoitadas senón que marcará un novo comezo para a forma de enfocar a representación sindical dentro da empresa votar unha candidatura como a CIG dentro destas eleccións non e so unha mostra de inconformismo coa forma que ate o de agora se veu facendo a túa representación senón que a asistencia a esta votación maracará a diferencia entre unha forma ou outra de levar este Comité de Empresa, como todos sabemos aínda que no pasado non se respetara as maiorías son as que marcan o camiño a seguir e a liña que levará o comité que saia das próximas elección, por esta razón o acudir a mesa de votación todos poderemos asegurar que esta liña cambie ou non .

Dende a Sección sindical da CIG en EMESA estamos certos da nosa entrada no Comité de Empresa, esta apreciación sabemos que e compartida por todos os traballadores de EMESA, pero esta entrada pasa por acadar o maior numero de votos para así acadar un numero de delegados suficientes para realizar este cambio de forma real e non so no feito de achegarvos información todos os meses, senón no de poder cambiar moitas cousas na forma de levar este comité, a CIG ten intención de poder refacer este creando un comité dialogante tanto cos traballadores como coa empresa, un comité que faga fincapé na solución de problemas e non no traslado dos mesmos os traballadores, o Comité non pode crear enfrontamentos ficticios entre os traballadores xa que os nosos problemas son os mesmos, sabemos que a unión de todos e o unico fin e o maior traballo que pode ter este.

O voto a CIG e un voto de cambio evidentemente, pero este cambio, sabemos que non vai ser instantáneo nin doado o cambio ten que ser progresivo e se acadará con moito traballo e esforzo persoal por parte dos delegados que formen o comité.


No anterior voceiro o que foi o numero 3 da CIG dende a súa constitución como sindicato dentro de EMESA vos expuxemos cales eran os nosos compromisos con vos , todos eles os levaremos adiante sexa cal sexa a composición do futuro Comité.

Un voto maioritario a CIG supoñerá que estes cambios se poidan facer de forma efectiva en un prazo de tempo relativamente curto, considerar que xa son suficientes os apoios que temos e caer en un erro pois cada voto conta e un voto pode supoñer un delegado menos.

Cada voto e importante individualmente, e este 28 de maio non podes esquecer exercer este dereito e fundamental para os teus intereses no futuro e a forma de representalos.

Nos como CIG somos e seremos a mera transmisión das túas inquedanzas ao comité e en consecuencia a empresa, seremos portavoces dos vosos intereses como representantes vosos que somos e respetaremos cada unha das vosas decisións.

Por ti, por todos, o 28 de maio acude a votar.

Sección Sindical da CIG en EMESA

Nenhum comentário: