O noso compromiso cos traballadores

A CIG presentase en EMESA por primeira vez as eleccións para os delegados no comité de empresa, este feito non pasa desapercibido a ninguén na empresa e fainos tomar conciencia da importancia de esta candidatura , que se presenta con novas forzas e nova xente para levar adiante, debater e na medida do posíbel solventar moitos dos problemas que os traballadores temos na empresa e como non para axudar a que o funcionamento da mesma sexa mais dinámico e acadar así que o noso entorno de traballo e os nosos traballos melloren dia a dia.

Este feito non e impedimento para o normal funcionamento da empresa, pretendemos aportar solucións non facer fincapé en problemas, pretendemos que o noso traballo diario camiñe cara o obxectivo de crear xunto coa dirección da mesma un mellor entorno de traballo, uns traballadores mais unidos e o incremento de melloras sociais no noso entorno laboral redundarán nunha maior productividade e un incremento da satisfacción dos traballadores tanto cos seus empregos como con todo o que o redor deles se move.

Sabemos que esta e unha tarefa difícil e longa pero asumímola con total normalidade e con gañas de traballo, non con queixas e desconfianzas, creemos que co noso traballo diario podemos acadar co tempo moitas melloras, sabemos que as horas sindicais que nela se nos dan non son moitas pero demostraremos que o incremento das mesmas non será mais que un incremento nas melloras que podemos aportar, ningún delegado que saque a CIG empregará esas horas sindicais para si, senón para o traballo por todos que debe de desenvolver, delo daremos conta nas nosas informacións xa habituais a dia de hoxe.

Informaremos puntualmente de todo canto traballo desenvolvemos dentro da empresa e fora dela, facendo así que as incertidumes que a dia de hoxe temos todos por causa dos bulos que pola mesma circulan habitualmente despois de reunións do comité deixen de ser bulos e se informe realmente de todas as cousas que nos afectan.

Axudaremos na medida do posíbel a todos os traballadores da empresa sen ter en conta rangos nin pertenza a unha ou outra central sindical así como a todos os que non estean afiliados a ningún sindicato, estamos abertos a que calquera traballador se achegue a calquera dos nosos delegados para plantexarlle os problemas ou inquedanzas que teña, e tentaremos informalo ou axudalo se está na nosa man.Estaremos abertos o dialogo con todas e todos os representantes dos traballadores para acadar melloras para os mesmos, a nosa función e unir a os traballadores para entre todos acadar melloras para nos e para a propia empresa.

Sabemos que aportando solucións podemos crear un mellor entorno de traballo, e para elo nos reuniremos habitualmente e faremos asembleas tanto para os nosos afiliados como para o conxunto dos traballadores da empresa, onde nos poderán plantexar problemas e solucións que poñéndoos en común farán que mellore o noso entorno de traballo.

Respetaremos fielmente os dictamens que os traballadores tomen en asemblea, sen manipulacións e con transparencia democrática esa e a nosa única forma de traballo, consideramos que as asembleas de traballadores son a mellor forma de vincular e inmplicar os mesmos nos seus empregos e melloralos.

Non entramos en EMESA para dar problemas senón para aportar solucións que melloren as condicións dos nosos empregos e da empresa.

O verdadeiro e único fin da CIG e a mellora social e laboral dos traballadores e traballadoras galegos e sabemos que co noso esforzo e a túa implicación poderemos acadalo, o camiño e longo pero xa escomezamos a andalo, axúdanos e implicate na mellora social e laboral de Galiza.

Un saúdo e grazas por confiar na CIG

Nenhum comentário: