Nota de prensa do Comite de Empresa ante os últimos despidos

O comité de Empresa de Elaborados Metálicos EMESA SL quere facer publico o malestar que existe entre a plantilla da empresa polo despido de dous compañeiros e a afirmación da mesma de mais despidos nos próximos dias, estes despidos son xustificados por parte da Dirección de EMESA coa baixa do traballo da sección de estrutura, diante de esa afirmación o Comité de Empresa so pode dicir que estos despidos non son xustificables, pois EMESA está a subcontratar moitas das obras que ten en carteira a outras empresa.

Este tipo de movementos responden sen dúbida a intención de ISOLUX CORSAN e da Dirección de EMESA de paralizar a sección de estrutura.

As obras feitas por EMESA adquiriron fama internacional por levar adiante algún dos proxectos mais complicados do arquitecto Santiago Calatrava, obras como O Turning Torso de Suecia, a estación de Lieja en Bélica, a Cidade das artes e das Ciencias de Valencia, e moitos outros de este arquitecto, así como moitas outras obras entre elas a Ponte de Rande que saiu dos talleres de EMESA.

Isto demostra sobradamente a profesionalidade da plantilla de esta empresa.

A mala ou nula xestión que están a facer o grupo ISOLUX CORSÁN asi como a dirección de EMESA está a deixar a sección de estrutura sen traballo, enviándo este a outras empresa para xustificar o peche de esta sección.

EMESA está a entregar traballos que non pasan os controis de calidade que pasan os realizados na propia factoria de Coirós e que non son feitos na mesma, estes traballos requiren de reparacións de última hora para poder pasar os controis de calidade dos nosos clientes, demostra esto último as reparacións que se fan en moitas das pezas feitas fora de EMESA en portos como o de Ferrol ou as reparacións a pe de obra que os nosos compañeiros de empresa están a facer en Orán (Arxelia) neste mesmo intre, esto tira por terra a imaxe da empresa e en consecuencia a dos profesionais que aquí traballamos, con elo están a tentar a paralización desta sección que lle deu renome internacional a EMESA para fins que escapan a os intereses da propia empresa e entran nos da mais pura e dura especulación.

O Comité de Empresa parou a realización de horas extraordinarias en protesta por estes despidos e dos que poidan vir próximamente, asimesmo solicita da dirección que se escomece a cargar de traballo a esta sección traendo para a factoría de Coirós as obras que se están a subcontratar, pois non aceitará que se especule dende o grupo ISOLUX CORSAN nin dende a propia EMESA cos postos de traballo.

O corte de horas extraordinarias será o primeiro paso pero o Comité de Empresa non desbota continuar coas súas protestas con outras accións para a defensa dos postos de traballo da empresa.



Preme na imaxe para ver as imaxes a mais tamaño.

Nenhum comentário: