Nota de prensa do Comité de Empresa despois dos despidos do venres dia 27 de marzo


O Comité de Empresa de Elaborados Metálicos EMESA SL filial do Grupo Isolux Corsan quere facer público o sentimento de rabia e malestar que existe entre o mesmo e dentro dos traballadores polo despido este venres 27 de marzo de 22 compañeiros coa alegación por parte da empresa de non dar o perfil para traballar na mesma, razón que obviamente non e valida nin verdadeira pois a maioría de estes compañeiros eran indefinidos e algún deles levaba mais de 30 anos o servizo da mesma, tendo demostrada sobradamente a súa profesionalidade.

Estes traballadores estiveron traballando na empresa dende que a empresa estaba afincada no polígono da Grela na Coruña sendo propiedade do Banco Pastor, estes despidos crean neles unha situación complicada pois a maioría pasan dos cincuenta anos e na actualidade teñen unha difícil inserción no mercado laboral dada a súa idade.


A estos compañeiros súmanse os case que cincuenta que se despediron nos últimos meses alegando a falla de traballo, apesar de ter unha carteira de pedidos de decenas de millons de euros, todo elo dentro de un contexto de negociación colectiva no que a empresa aposta e pide dentro da mesa de negociación unha extensión do tempo de traballo coa inclusión de un cuarto turno e desviando o traballo a subcontratas, incluso dentro da própia empresa.


Dende o Comité de Empresa sabemos que esta unha forma de precarización das condicións laborais dos traballadores dentro da empresa, todos os traballadores de EMESA esiximos a readmisión de estes compañeiros na empresa xa.
O Comité de Empresa comunica a postergación das negociacións do Convenio Colectivo que estaban tendo lugar ata agora e convocatoria de mobilizacións para defender os postos de traballo que en EMESA existen.

Este e o momento de defender os postos de traballo por parte das empresas non o de despedir traballadores, estes despidos so atenden a intereses ocultos que tentan especular cos postos de traballo para enriquecer na situación actual a grupos como Isolux Corsan.


O grupo Isolux Corsan xunto coa Dirección de EMESA despide a traballadores sen outro interese que o do lucro a conta do traballo e a vida dos traballadores, y isto non e admisible nin socialmente nin laboralmente, diante de estas actitudes so atoparan a os traballadores e a sociedade enfronte.

Si a empresa quere enfrentarse ao Comité de Empresa, traballadores e as Seccións Sindicais teraos enfronte y en loita.

Podes descargar a nota de prensa premendo aquí.

Nenhum comentário: