Os/as traballadores/as das Caixas convocan concentracións o en defensa do emprego e dunha caixa galega

Ás 19:00 horas nas subdelegacións do Goberno en Lugo e Ourense e no edificio da Xunta de Vigo, e ás 20:00 horas diante da Delegación do Goberno en A Coruña.

Diante da situación de incerteza xerada polo debate sobre o futuro das caixas galegas, os traballadores e as traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova acordaron, nas asembleas celebradas nas distintas comarcas, convocar concentracións o vindeiro 23 de marzo na defensa do emprego e a prol dunha caixa galega forte que garanta o futuro financeiro do noso País. As protestas terán lugar ás 19:00 horas diante das subdelegacións do Goberno de Lugo e Ourense, así como no edificio administrativo da Xunta en Vigo. En A Coruña a concentración realizarase diante da Delegación do Goberno ás 20:00 horas.

Ante a incerteza xerada polo debate sobre o futuro das caixas galegas; as iniciativas avaladas polo goberno central para transformar estas entidades en bancos privados e deslocalizalos cara a Madrid; as ameazas veladas do Banco de España (un supervisor ineficiente que está actuando cun sesgo claramente político e discriminatorio); diante de quen pretenden que sexan os xestores das entidades quen decidan en última instancia o futuro financeiro do País despois de que unha e outra Caixa recibiran inxentes axudas públicas; e para exixir que eses mesmos xestores dean a cara diante dos cadros de persoal e expliquen a situación e se senten a negociar a alternativa de futuro, os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova teñen acordado convocar concentracións en todas as comarcas o vindeiro martes 23 de marzo. As mobilizacións, adoptadas no decurso das asembleas de traballadores/as convocadas nas distintas cidades, terán lugar en Lugo e Ourense ás 19:00 horas, diante das respectivas Subdelegacións do goberno. A mesma hora está convocada unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, mentres que en A Coruña a concentración será as 20:00 horas diante da Delegación do Goberno en Galiza. Os traballadores e traballadoras fan un chamamento a aquelas persoas e organizacións preocupadas polo futuro financeiro do País e polos postos de traballo para que se sumen a estas concentracións, que son un primeiro paso na defensa das caixas de aforros. Para que Galiza conte cando menos cunha caixa que xestione os aforros dos galegos e galegas para xerar riqueza e emprego no País, e para evitar que a crise provocada polos especuladores da banca privada remate coa privatización das únicas entidades financeiras baixo control público.

Dende a CIG-Banca subliñan que Galiza non pode quedar sen caixas de aforros de seu pola decisión do Goberno central, amparado no Banco de España. Está en xogo o futuro financeiro do País e os postos de traballo directos e indirectos vinculados a Caixa Galicia e Caixanova.


Extraido de AVANTAR

Nenhum comentário: