Xuntanza no Concello de Betanzos

Xuntanza produtiva no Concello de Betanzos onde fumos recibidos polo Alcalde e representantes de BNG e Cidadans por Betanzos, onde saiu o compromiso de apoio os traballadores de EMESA mais polo futuro da factoria de Coirós.
Compromiso que se materializará en unha moción no próximo pleno do Concello de Betanzos o martes 17 de decembro.

Na xuntanza a maiores de terlle exposto a história e obras que fixeron de EMESA un dos lideres mundiais en fabricación de estructuras singulares, falouse da posibilidade de cara a futuro de diversas obras que están en licitación e onde as corporacións, parlamentos e gobernos poden facer que exista biabilidade de cara a futuro na empresa, unha delas que foi comentada e a de ampliación da ponte de Rande, obra feita por esta empresa e que está en licitación para ser levada adiante.

Dende a CIG temos que dar as grazas pola disposición que tiveron os grupos asistentes pois deron todas as facilidades para esta xuntanza.

Nenhum comentário: