NOTA DE PRENSA 7 DE XANEIRO DE 2014



ISOLUX CORSÁN ABOCA A EMESA A UN ESCURO E INCERTO FUTURO

Os traballadores/as de EMESA en asamblea este venres 3 de xaneiro deron un non rotundo e definitivo as medidas presentadas pola empresa, e encomendaron a esta a que de querer levalas adiante sexa a xustiza a que decida sobre as mesmas.

O Comité de Empresa salienta a falla total e absoluta de disposición a negociación da dirección de EMESA e o grupo Isolux Corsán, que fixo efectiva a ameazar do aumento do numero de despedimentos se os traballadores non aceptaban o ERTE e o despedimento colectivo nas condicións da dirección da empresa, que despediu a 46 traballadores despois de ter afirmado 30 e facendo un ERTE de 12 meses cando chegou a falar de 8 meses.

Non  ofreceu complemento algún nin garantías de futuro para os traballadores/as os que pretende aplicar o ERTE, xa que non presenta ningún plan de biabilidade.

Non ofrece ninguna garantía na devolución das prestacións dos traballadores/as, traballadores que xa perderon case que a totalidade das mesmas nos 4 ERE sucesivos que remataron no 2012 e que de levarse adiante este ERTE quedarían sen prestación por desemprego, quedando estes sin prestación económica de ningún tipo. 

O despido colectivo como tal de traballadores/as, ten como única pretensión a precarización dos postos de traballo na empresa, que viu como nos últimos anos se despediron de diferentes formas a preto de 200 traballadores/as.

O Comité de Empresa e os traballadores/as, consideran que a plantilla de EMESA non está sobredimensionada, e que este é como os outros un DESPIDO SELECTIVO, demostrao o feito de que durante o pasado ano houbo mais de 120  traballadores/as de ETT a maiores da plantilla existente.

 Este DESPIDO SELECTIVO non se consensuaron nin se expuxeron criterios ningúns de selección, demostrando que estes son a dedo e por intereses que van mais aló da biabilidade da empresa, a practica totalidade dos menores de 50 anos  persoal que de continuar supoñerian o seu futuro.

O Comité de Empresa levará adiante as medidas xudiciais e sindicais precisas para tumbar o despedimento Colectivo e ERTE plantexado pola empresa, medidas lesivas para os traballadores/as que nos últimos 48 meses xa sufriron 24 meses de ERTE e que de ir adiante este supoñeria que de 60 meses estiveran 36 en ERTE.

Esta situación demostra que en EMESA estas medidas se está a convertir en una mala costume de aforro e precarización da dirección, mais que una medida extraordinária para a súa biabilidade, medidas que so serven para os escuros propósitos do grupo Isolux Corsán e a Dirección de EMESA, e que supoñen unha fraude a actual lexislación laboral.

Comité de Empresa
Elaborados Metálicos EMESA SL

Nenhum comentário: