O grupo Soil contra a negociación Colectiva e os dereitos dos traballadores



O Comité de Empresa de Elaborados Metálicos EMESA S.L. quere denunciar a ruptura das negociacións por parte da empresa e o descolgue de Convenio Colectivo no día de onte 21 de xaneiro.
A patronal comunicou o Comité de Empresa que apartires de onte mesmo o Convenio Colectivo que rexía laboralmente na empresa decae e todos os traballadores pasan a o Convenio Colectivo de Siderometalurgia provincial, en una decisión autoritária e individual por parte de esta.

EMESA foi vendida por parte do Grupo Isolux Corsán ao Grupo Soil o pasado día 28 outubro comunicando a este comité dita venta o día 29 de outubro nunha carta e con unha mera presentación dos novos propietarios o Comité, sin comunicación alguna por parte do grupo Soil sobre intencións de cambiar as condicións laborais da empresa, non foi ata semanas despois que os novos propietarios comunicaron que tiñan intención de abordar a reforma do Convenio, continuando coas negociacións que se iniciaran a principios de ano por mero formalismo ante un ERTE que durou ata xullo de 2015 e con bolsas de horas e sin traballo a vista dende esa data ata final de ano.

A patronal, o grupo Soíl, plantexou una eliminación das melloras sociais que o Convenio propio de EMESA tiña e non cedeu nesa ambición dende o minuto un, apesares de que o Comité de Empresa mostrouse aberto a conxelar parte de esas condicións ata final de ano ou mesmo conxelar o Convenio Colectivo ata 2017 e negociar un novo cando o grupo estivera xa asentado e a empresa coa nova propiedade empezara a funcionar, a patronal en ningún intre entrou a negociar e limitouse a agardar a que o periodo de ultraactividade rematara este pasado día 20 para comunicar o descolgue o día 21, aproveitando a reforma laboral e causando a discriminación que se dará entre uns traballadores e outros no futuro, e a merma nos seus dereitos.

A vista de esta forma de actuar, o Comité de Empresa quere mostrar o seu malestar coa dirección do Grupo Soíl por despois de ter comprado EMESA non entende que acto seguido e de forma autoritária se descolgue do Convenio que tiñámos rachando as negociacións e tensando e deteriorando de forma innecesária as relación laborais na empresa.

Comité de Empresa

Nenhum comentário: