Grande éxito da primeira asemblea de traballadores da CIG

En dias pasados tivo lugar a primeira asemblea de traballadores de EMESA no local que a CIG ten en Betanzos, esta reunión foi aberta a todos os traballadores e traballadoras tanto afiliados a CIG como non, nela se lles expuxo a todos os asistentes cales son os obxectivos primordiais da CIG de cara as próximas eleccións.
Despois de expoñerse diversos temas marcouse como prioridade a información a tod@s os traballadores e traballadoras de EMESA ante a falla continua da mesma que existe actualmente, a grande maioría dos traballadores e traballadoras de EMESA non se enteran ou se lles da información con contagotas das cousas que son faladas nas xuntanzas que os seus representantes teñen coa dirección da empresa.

Tamén tiveron oportunidade todos de expoñer diversos problemas que ven actualmente na empresa e de poñelos en común cos demais compañeiros, finalmente se falou do tema principal do dia que son a próxima elección de delegados e se escomezou a formar candidatura a mesma, para a cal se ofreceron moitos dos presentes e que se rematará en próximos dias con unha xuntanza de todos os compañeiros que se ofreceron para ir na lista de candidatos da CIG.

Dende a CIG temos que dar as grazas pola asistencia a esta asemblea, tanto pola cantidade de compañeiros que asistiron a mesma como pola vontade de todos tanto afiliados como non afiliados por axudar e colaborar co noso sindicato para poder mellorar as condicións de traballo en EMESA.

Nenhum comentário: