O proceso asembleario garante fundamental da CIG

A CIG como grupo de traballo ten para o seu funcionamento como sistema o asemblearismo, neste proceso todas as decisións son tomadas en asemblea polos seus afiliados, dende os nosos cargos de responsabilidade ata as liñas de traballo a seguir en cada centro de traballo para acadar os obxectivos que se marquen.
Este sistema fai que os nosos representantes nos comités de empresa leven adiante as propostas que previamente se toman en asemblea por parte dos nosos afiliados, acadando desta maneira que as inquedanzas dos traballadores sexan levadas directamente dende eles a os órganos de dirección das empresas.

A claridade e a transparencia son a nosa forma de traballo diario e esta se reflectirá tamén no traballo que os nosos representantes levan e levarán a cabo no seu traballo en EMESA, informando a tod@s en todo momento das propostas que levemos adiante.
Os delegados e enlaces da CIG en EMESA atenden e atenderán a calquera traballador sexa ou non afiliado a mesma pois nos traballamos non so para os nosos afiliados, senón para todos os traballadores.

Os nosos obxectivos fundamentais son a mellora progresiva xeral, individual e colectiva dos intereses dos traballadores e traballadoras e do conxunto da sociedade galega, mellora tanto das condicións laborais como da calidade de vida.

Loitamos contra toda forma de racismo, xenofobia, ou prexuízo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade, idade, lingua, relixión, opinión política, opción social, posición social ou económica, orixe étnica, nacional e cultural.

Entendemos que todas as decisións que tomemos devén ser democráticas e fomentamos a participación sindical así como nas asembleas de afiliad@s e traballador@s e que as decisións por estes tomadas son soberanas independentemente respecto de calquera organización ou institución, no que conviven distintas sensibilidades e xeitos de entender a sociedade, considerámonos unha organización transformadora.

Nenhum comentário: