Constituese o Comité de Empresa de EMESA no que a CIG levará a Presidencia e a Secretaria do mesmo

Onte as 15:30 se celebrou a primeira Asemblea do Comité de Empresa de EMESA na que se decidiron os cargos de presidente e secretario do mesmo, que quedaron nos nosos compañeiros Andrés Rodríguez como Presidente do Comité e Alberte Muíño como Secretario do mesmo.
Os cargos foron elixidos cos votos a favor dos delegados da CIG (6), votando en contra CCOO (4) e absténdose UGT (3).

Tamén se falou na mesma das diferentes comisións punto no que a CIG ofreceulles as diferentes centrais sindicais un reparto igualitario con un delegado para cada unha de elas , CCOO rexeitou a oferta aducido que os delegados da CIG eran suficientes para levar todas as comisións sós e que a única na que tiñan interese era a de seguridade na que estaban dispostos a estar.
UGT aceitou a proposta e se ofreceu a traballar en todas as comisións.
Por razón da negativa de CCOO quedou pendente a comisión de seguridade xa que a decisión que tomaran os afiliados da CIG fora un delegado para cada comisión e agora teremos que consultarlles se coa negativa de CCOO están dispostos a darlles o delegado en seguridade, nas demais comisións colaborarán CIG e UGT para o seu traballo nas mesmas quedando pendente para a próxima xuntanza neste mes de xuño a de seguridade.

Tamén se acordou levarlle a empresa unha serie de cuestións sobre a carga de traballo e os últimos despidos así como sobre o futuro da propia empresa, que se levarán na propia presentación do comité coa dirección da empresa.

Nenhum comentário: