O comité de empresa de Draka Cables encadéase durante dúas horas para reclamar unha "recolocación digna"

Os nove traballadores que conforman o comité de empresa de Draka Cables permaneceron encadeados durante dúas horas en dous silos de almacenamento de plástico situados nas instalacións da empresa, na localidade de Mos, para reclamar unha "recolocación digna" dos 100 empregados da planta, que ten previsto pechar este ano.

O presidente do comité e delegado da CIG, Alberto Míllara, cualificou de "tomadura de pelo" a última reunión mantida coa empresa, celebrada o mércores 4 de maio, na que a dirección mantivo a súa oferta de recolocación a través da empresa de recursos humanos BPI.

Neste sentido, Míllara considerou que esta proposta é "unha vergonza" xa que prevé reubicar ao persoal en postos por seis meses, co 80 por cento do salario base e en empresas ubicadas nun radio de até 50 quilómetros da actual nave de Draka. Por isto, o representante dos traballadores exixiu condicións "dignas" para os 100 traballadores, todos indefinidos, que actualmente traballan na planta.

Continuar a ler en Avantar.

Nenhum comentário: