O venres 27 de xuño tiveron lugar as eleccións sindicais en Viza, nas que a CIG gañou por maioría absoluta. Estes comicios eran eleccións parciais ao pasar de máis de 500 empregados nesta factoría. Escollíanse en Viza, empresa auxiliar da automoción situada no Porriño, tres delegados a maiores polo aumento do persoal, e pasar de 500 traballadores e traballadoras. A CIG contaba xa nesta empresa coa maioría simple, mais foi a través destas eleccións parciais como conseguiría a maioría absoluta no comité.
Avaliación moi positiva
Desde a sección sindical da CIG neste centro de traballo valoran moi positivamente estes resultados e analizan que "se debe ao traballo feito desde o 2003 como forza maioritaria no comité, sempre loitando na defensa dos intereses dos traballadores".
Resultados
CIG 168 votos.................... 7 delegados
CCOO 119 votos................... 5 delegados
UGT 24 votos..................... 1 delegado
CUT 18 votos..................... sen representación
Brancos 8 votos
Nulos 1
Nenhum comentário:
Postar um comentário