A CIG avalía os novos datos de desemprego como a “consolidación da progresión da crise”

Logo de coñecer os novos datos sobre a situación do desemprego, nos que se reflicte que o paro subiu en Galiza no mes de agosto un 2,09 por cento, co que se superaron as 150 mil persoas desempregadas, a CIG realizou unha avaliación pública dos mesmos. Así, ao rematar o mes de agosto, segundo os datos do INEM, buscaban traballo no noso país 152.437 persoas, 3.119 máis ca no mes de xullo.
Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, analizaba que "estes datos amosan que se consolidan os datos de progresión da crise e que se comeza a notar como unha constante xa no desemprego, primeiro a caida do consumo, e a consecuencia diso a repercusión que ten no emprego".

Alcántara subliña que "na Galiza, aínda que a repercusión e a súa porcentaxe é menor, comparada co Estado, o certo é que o paro estrutural é maior, e a porcentaxe é algo superior ao 12%, o que nos sitúa en máis dun punto na media do Estado, sen contar tamén con que aquí moitos dos nosos traballadores e traballadoras están fora do país, e non están contabilizados como desempregados/as, porque senón estaríamos a falar dunha outra porcentaxe, moito máis escandalosa". SIGUE...Continuar a ler en Avantar (xornal dixital da CIG)

Nenhum comentário: