Comezan as negociacións do convenio colectivo

O pasado dia 9 de febreiro tivo lugar a presentación da plataforma de Convenio Colectivo coa dirección da empresa na que se acordou que as xuntanzas para a negociación terían lugar todos os mércores as 11:30 na sala de xuntas do Comité de Empresa, e de salientar que dita xuntanza xa debería de terse producido a finais do mes de xaneiro foi retardada pola Dirección da Empresa polo feito de que Lino Fojo, Director de xestión de Recursos Humanos de Isolux Corsán quería asistir a mesma.

Finalmente esa asistencia non se produciu, cousa que lle foi recriminada a Empresa xa que a xuntanza nos termos que se fixo o dia 9 podería ter sido dúas semanas antes e desa maneira xa se terían iniciado as negociacións, nesta xuntanza outro dos puntos que se mirou foi o de quen sería o secretario da mesa de negociación, propoñendo o Comité de Empresa a Juan Naveira e aceptando esta proposta a Dirección da Empresa.

A Dirección da Empresa desestimou xuntarse o mércores 11 xa que precisaba polo menos de unha semana para “estudar” a proposta do Comité de Empresa e solicitou que a xuntanza tivera lugar o seguinte mércores dia 18 ao que o Comité de Empresa accedeu.

Na xuntanza que tivo lugar o mércores dia 18 a Empresa a palabra mais salientable da mesma foi “non”, iso si dito este de moitas maneiras diferentes.
A proposta mais salientable por parte da empresa foi a da cuarta quenda de traballo o que foi respostado por parte de todos os representantes dos traballadores dicíndolle ó Director de Recursos Humanos que esa proposta non era admisible e que tal proposta nin se negociaría.

Despois de isto a parte Empresarial repetiu varias veces que na situación actual este Convenio non era admisible aseveración que foi respostada polo Comité explicándolle que a perda de poder adquisitivo que tiveran os traballadores o ano pasado non se vira compensada pois o IPC interanual que mostrou o goberno non era un IPC real y con elo os traballadores viran mermado o seu poder adquisitivo, dito isto se lle pediu que a empresa mostrara as súas propostas, empezando a mesma a comentalas artigo por artigo.

En liñas xerais son as seguintes:

Pediu un convenio por dous anos 2009-2010

Negouse a indemnización por eventualidade ante o despido de 16 dias por ano traballado.

Negouse a redución da xornada anual e propuxo os dous anos a mesma que temos ata agora.

Negouse ao plus de Asistencia e Puntualidade.

Negouse ao plus de locomoción.

Negouse os 21 mais tres dias de Nadal e a indemnización por non poder disfrutar as vacacións cando as tes pedidas e propuxo que as mesmas sexan disfrutadas 50% en verán e 50% en inverno.

Negouse o 5% de incremento salarial e propuxo un 2% sen revisión o 2009 e IPC previsto con revisión para o 2010.

Chegados o artigo 31 a empresa pediu poder continuar a xuntanza e as súas propostas o seguinte mércores dia 25 o que o Comité accedeu e deu por rematada a xuntanza de ese dia.

Nenhum comentário: