A CIG gaña as eleccións sindicais nos talleres de Montajes Cruz, S.L. de Ferrol

A CIG-Metal vén de gañar as eleccións sindicais nos talleres que a empresa Montajes Cruz, S.L. ten no polígono da Gándara, en Ferrol, celebradas o pasado 19 de febreiro. Os representantes dos traballadores elixidos deberán agora abordar coa dirección da empresa unha proposta de modificación de horarios laborais.
logo CIG Metal

O proceso electoral, no que se escollían 3 delegados de persoal, rematou co seguinte resultado:

CIG-Metal: 2 representantes
USTG: 1 representante


Segundo explicou o secretario comarcal da Federación do Metal. Emilio Fernández, os recentemente elixidos representantes dos traballadores teñen enriba da mesa unha proposta da dirección da empresa para modificar os horarios de traballo.

Fernández sinala que esta decisión empresarial foi a que motivou aos traballadores a dotarse dos representantes legais que lle corresponden “e que deben defender os seus intereses colectivos”, xa que dende a dirección de Montajes Cruz indicaran que deixarían aparcado este conflito até que non se elixise a representación legal.

Nenhum comentário: