Medidas contra a crise

Estamos diante de unha crise económica profunda na que a crise financieira e apenas a punta do iceberg dunha crise de sobreprodución e de baixo incremento da economía a nivel mundial.
Esta crise económica e produto dun sistema económico neoliberal, que asentou o seu crecemento na des regularización dos mercados de bens, servizos e capital, na apropiación por parte das oligarquías das empresas e servizos públicos , na precarización do mercado do traballo, no fomento dunha economía especulativa e ficticia.
Temos que manter a loita sindical, política e ideolóxica a todos os niveis, hai que ofrecer alternativas e promover accións, mobilizacións e revindicacións que fagan posíbel que esta crise de modelo económico se salde de forma favorábel a clase traballadora.
Dende a CIG propomos a adopción de medidas inmediatas:
1ª Recursos e fortes investimentos públicos en investimento produtivo e en gasto social.
2ª Mellora das rendas salariais, e creación de un salario de inserción social.
3ª Creación de un ente de creto publico galego que xestione os recursos destinados as empresas e familias.
4ª Fomento da vivenda pública e de protección oficial.

Propomos tamén outras medidas de carácter mais estrutural:
1ª Nacionalización dos sectores financieiro y enerxético.
2ª Modificación do actual réxime fiscal cara a un sistema mais progresivo.
3ª Eliminación dos paraísos fiscais.
4ª Modificación do actual sisteman de contratacións cara a un modelo mais estábel.
5ª Promoción de unha lei galega de Caixas de Aforro que reforce o seu carácter social e a súa implicación no sistema produtivo galego.
6ª Elaboración de un plan de emprego galego con medidas en materia de política industrial, infraestruturas, I+D, emprego público, servizos sociais.
Diante da gravidade da situación, a CIG asume a necesidade de loitar por un modelo socioeconómico novo.
Hai que redefinir o modelo de acumulación de riquezas e quen ten que ser beneficiario da mesma.

Nenhum comentário: