Xuntanza con Pedro Rubine

O dia 12 xuntouse co xefe de fábricas de Isolux Corsan unha representación dos Sindicatos CIG e UGT, falaron en nome de estes Andrés Otero preguntando ao Sr. Pedro Rubine polos motivos e os tipos de directrices que se levaron adiante para os despidos de 22 compañeiros a os que se lle suman os dous do mes anterior e os que tiveron lugar a principios do ano pasado.
Así mesmo se lle afirmou que os experimentos levados a cabo polos responsábeis de produción , o único que estaban acadando e que aumente a presión sobre os traballadores, creando un mal ambiente e a falla de motivación por parte dos mesmos.
Se lle plantexou que dende o Comité de Empresa non se entende como unha empresa como EMESA tende a diminuirá súa capacidade de produción por culpa de estes experimentos e que isto so repercute negativament e nos traballadores que non teñen culpa dos experimentos pero si sofren as consecuencias dos mesmos.
EMESA perante anos foi unha escola de profesionais, e unha referencia importante no curriculum das persoas que dela saian, aspecto que se perdeu na actualidade xa que se priorizan as contratacións externas na fabricación xerando cagadas como as de Orán, catenarias doAVE, etc.
A resposta do Sr Rubine, foi a de perderse no labirinto dos números xa dados con anteriridade, na xuntanza do Comité de Empresa co Sr. Calderón, director de EMESAo 9 de febreiro.
Os datos mais salientábeis foron o recoñecemento do mal que saíra a obra de Orán, el mesmo púxolle o apelativo de “cagada” e a previsión de facturar 111 millóns de Euros este ano; nos preguntámonos, como?.
En ningún intre entrou no que os traballadores nos preocupa, xustificando as medidas da empresa na millora dos balance económicos cando estamos a ver que a empresa segue igual, e mais segue a contratar traballadores.

Nenhum comentário: