Mobilizacións polos 22 despedimentos de EMESA

Despois de ter acordado a grande maioría dos compañeiros a denuncia de despedimento improcedente e de axudarlles en todo o que estivo na nosa man a CIG de EMESA comezou as mobilizacións l evando e s t a s a manifestación deACoruña do 1º de maio que tivo como lugar de saída a praza de Vigo e de chegada os xardíns de Mendez Núñez nos que se leu a xa habitual arenga onde se mentou por parte do compañeiro Paulo Carril, Secretario Comarcal da CIG a situación dos nosos compañeiros despedidos, despois de isto e Como xa se acordara no Comité de Empresa e se comunicou a todos os traballadores en asemblea procedeuse a dúas concentracións o dia 13 de maio diante da delegación de traballo con ocasión do acto de conci l iación de es tes traballadores e a empresa e a outra por parte dos compañeiros que estaban de mañá na empresa diante do edificio de oficinas, na concentración que tivo lugar no SMAC e de salientar o apoio que nos brindaron os nosos compañeiros da CIG da comarca de A Coruña dende o Secretario Comarcal da CIG, Paulo Carril a Alfredo Bocija Secretario da Federación do Metal da Coruña, e Eduardo Caamaño Secretario de Organización da CIG Metal de Coruña así como os diferentes secretarios de case que todas as Federacións da CIG que alí estiveron apoiando a os nosos compañei ros. Despois de terse concentrado procederon a cortar o tráfico perante uns minutos, na concentración que tivo lugar en EMESA e a que asistiron a grande maioría dos compañeiros, e na que a Empresa nos impediu a entrada ao edificio de oficinas, procedeuse a letura de un comunicado en apoio a estes compañeiros e aludindo a actual falla de comunicación entre a empresa e os traballadores e traballadoras así como se fixo fincapé na falla de respeto que esta estaba a ter por todos os que nela traballamos.
Estas mobilización tiveron un grande seguimento na prensa escrita si como en radios que se achegaron a concentración de Coruña e entrevistaron o presidente do Comité.
E de salientar a repercusión mediática que estamos a ter en todas estas revindicacións que fixemos dende o mes de febreiro, isto lle da as nosas revindicacións saída cara a sociedade e nos fai estar presentes na retina da xente, proba delo e a grande cantidade de coñecidos que se achegan a os delegados da CIG a preguntarnos pola situación actual da empresa.

Nenhum comentário: