Aberto o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís

Terán preferencia os/as nenos/as xa matriculados que desexen renovar praza

A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar. Poderán solicitar praza as nais, pais ou representantes legais dos/as nenos/as residentes en Galiza, e que teñan nacido no momento de presentar a solicitude, que cumpran o requisito de teren cumpridos os tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2010.
Non obstante, poderán eximirse do límite de idade as crianzas de integración, logo do ditame da equipa de orientación especifica.

Reserva de praza:
As familias con nenos/as xa matriculados/as que desexen renovar praza deberán gozarán de preferencia para a adxudicación de praza.
Para a reserva de praza é requisito estar ao día no pagamento das mensualidades na data de presentación da solicitude.

Cubrir anexo I
Solicitudes de novo ingreso:

As prazas adxudicaranse por esta orde:
• Fillos e fillas do persoal que preste servizo na propia escola infantil.
• Solicitudes con irmá/án cunha praza renovada no centro que se solicita.
• As prazas vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida polo baremo do anexo III.
Para os ingresos de máxima urxencia reservarase un 5% das prazas do centro.

Cubrir anexo II
Solicitudes fora de prazo.

Con carácter excepcional poderán presentarse solicitudes fora de prazo nos seguintes casos:
• Nacemento da crianza en data posterior ao prazo de presentación de solicitudes.
• Cambio do concello de residencia familiar.
• Outras circunstancias apreciadas motivadamente polas delegacións de igualdade e benestar.

Prazo de presentación:
a. Para reservar praza e novo ingreso: do 11 ao 31 de Marzo de 2010, ambos os dous incluídos.

Lugar de presentación:
• Delegacións Provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
• Mediante o formulario electrónico na páxina http://benestar.xunta.es. Sendo obrigatorio neste caso a presentación dos formularios nos correspondentes rexistros antes ou despois do prazo sinalado.


Extraido de AVANTAR

Nenhum comentário: