Eduardo Caamaño convértese no novo Secretario Comarcal da CIG-Metal de A Coruña

A V Asemblea Comarcal da CIG-Metal de A Coruña elixiu o pasado sábado 26 de xuño a Eduardo Caamaño como novo secretario. A candidatura encabezada por Caamaño foi a única presentada e conseguiu o respaldo unánime dos delegados/as tanto na votación para a Secretaría como na elección dos membros da Executiva Comarcal e dos representant
es da comarca no Consello Confederal e na Dirección Comarcal.
Así, a nova Executiva comarcal da CIG-Metal de A Coruña queda composta polas seguintes persoas:

-Eduardo Caamaño Lestón

-Francisco Xavier Rioboo Núñez

-Alfredo Bocija Serantes

-Xosé Manuel Rei Meirama

-Germán Regueira Lista

-Aurelio Bello Rodríguez

-Juan M. García Martínez

Caamaño vén tomar o relevo ao compañeiro Alfredo Bocija, quen durante os últimos 12 anos estivo á fronte da Federación na comarca de A Coruña. Non obstante, Bocija abandonou a Secretaría en cumprimento dos estatutos da CIG que limitan a per
manencia no cargo a un máximo de tres mandatos. A nova Executiva agradeceu o traballo desenvolvido por Bocija durante todo este tempo, no que a CIG-Metal en A Coruña experimentou un medre considerábel no número de afiliados/as e delegados/as.

Durante a súa intervención, Caamaño destacou que “esta é unha Executiva de continuidade” que vai proseguir na liña de traballo iniciada hai catro anos, que ten levado á central a acadar case o 30% da representación sindical, incrementando a mesma 7 puntos porcentuais dende 2006.

O novo secretario comarcal do Metal realizou un chamamen
to aos delegados/as presentes na Asemblea á participar nos procesos electorais (a partir de xaneiro iniciarase o período concentrado de eleccións sindicais) co obxectivo de converter a CIG-Metal na primeira forza sindical da comarca.

Así mesmo, Eduardo Caamaño animou aos asistentes a participar na asemblea nacional de delegados/as que a Confederación ten convocada o vindeiro 1 de xullo,
dentro do calendario de mobilizacións previas á
folga xeral que a CIG está a desenvolver.

Nenhum comentário: