O Comité de Empresa denuncia a subcontratación de traballos

O Comité de Empresa de EMESA denunciou onte a subcontratación de traballos da obra de ampliación do aeroporto de Lavacolla.
Despois de dita denuncia os delegados da CIG do Comité de Empresa puideron contrastar que un xefe de taller de EMESA visitou a empresa na que foron subcontratados os traballos para ver a súa evolución.

EMESA está a pasar un ERE temporal que afecta a todos os traballadores da mesma, este ERE remata o dia 22 de xullo, pero a Dirección da empresa presentou dias atrás outro ERE temporal que afectaría a toda a plantilla por outros oito meses, tendo a dia de hoxe o taller con unha actividade mínima que pasa porque están a traballar so unha cuarta parte dos traballadores de taller.

Con este panorama a Dirección da empresa ten a desvergonza de subcontratar traballos a empresas externas tendo a súa plantilla no paro.

O Comité de Empresa esixiulle a Dirección que ditos traballos sexan feitos na empresa e que se incorporen a factoría de Coirós os operarios precisos para o desenvolvemento dos mesmos.

Dita denuncia foi feita o responsábel de RRHH así como o de Produción e foi posta en coñecemento do Xefe Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, que actualmente está a estudar a proposta da empresa de ese segundo ERE que lle afectaría a todos os traballadores de EMESA para que tome as accións pertinentes para que dita situación non se dea.

E de salientar que dita situación se da despois de que os traballadores de EMESA en Asemblea se negaran a aceptar as propostas da empresa de cara a este segundo ERE e nas que non se lles querían garantir unhas rotacións equitativas que solventaran a discriminación que sufriron perante o primeiro ERE no que algúns traballadores traballaron mais de 200 dias cando outros non chegaron a traballar mais de 14 dias, situación que se da o entender dos traballadores para afogar a moitos dos mesmos rematándolles a prestación por desemprego.

Nenhum comentário: