A CIG outorga o III Premio do Día da Clase Obreira Galega aos traballadores e traballadoras de Atento

Os traballadores e as traballadoras de ATENTO foron os galardoados na III edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, co que a CIG quere recoñecer a loita levada a cabo polo persoal desta empresa durante o ano pasado. O premio tamén pretende ser unha homenaxe a todos os/as traballadores/as do telemárketing, un sector especialmente precarizado e vítima constante dos procesos de deslocalización. Así mesmo, fíxose unha especial mención a labor desenvolta polas seccións sindicais de Cedonosa, Ingermarga e Ferroatlántica.
Premios 10 de marzo 2009 III
Juan Carlos Brañas e Dolores Sánchez, delegado e delegada en Atento, recibiron o Premio do Día da Clase Obreira Galega en nome dos seus compañeiros/as.

O acto, que tivo lugar este 11 de marzo, contou coa participación de representantes sindicais e destacados persoeiros de organizacións políticas, culturais e sociais do País. O Secretario Xeral, Suso Seixo, que foi o encargado de entregar o premio aos delegados/as de Atento, destacou a difícil situación que se vive no sector do telemárketing e as continuas loitas en defensa do emprego e polo estabelecemento dunhas condicións dignas que se viñeron rexistrando durante o ano pasado. “Este premio quere distinguir a labor de traballo da CIG nun sector no que se dan condicións realmente precarias”, afirmou.

Continuar a ler en Avantar...

Nenhum comentário: