Sae un novo número do "Novas do Metal", desta volta centrado na loita contra a reconversión na automoción

O segundo exemplar do Boletín Informativo da CIG Metal de Vigo, o Novas do Metal vén de sair e está a ser difundido nos centros de traballo do sector da comarca. Neste número os temas principais son o chamamento á convocatoria de manifestación do 10 de marzo na cidade de Vigo, a situación do automóbil e outras novas de interese. A boa acollida do primeiro número, asi como a vontade de mellorar a comunicación entre os traballadores, para que se coñeza o que está a pasar no sector, foron algunhas das consecuencias positivas que trouxo este voceiro.
Novas do Metal febreiro

"Novas do Metal" ten unha tiraxe de 6.500 exemplares. No número do mes de febreiro salienta na súa capa a convocatoria do 10 de marzo, Dia da Clase Obreira Galega, e realiza un chamamento a participar nos actos convocados pola CIG en defensa do emprego, pola reindustrialización e contra a reconversión no sector do automóbil.

A folga do 5 de febreiro, en apoio aos catro traballadores do Metal que foron xulgados nesta data, é outra das novas de relevancia neste voceiro, na que se analiza tamén a importancia da solidariedade.

Analise dos ERE's

Ademais analízase que é un ERE e as consecuencias que ten, asi como a situación destes expedientes nas empresas da automoció.

Por último, realizase unha explicación do comezo das negociacións do Convenio Provincial do Metal de Pontevedra.

Disponibilizamos pdf's

Ao final desta nova podedes descargar os arquivos pdf co contido ao completo deste novo número do "Novas do Metal". Boa lectura!

Nenhum comentário: