Concentración no Xulgado contra a represión e de apoio aos dous afiliados da CIG acusados pola carga do 1º de Maio de 2005

Máis de 70 delegados e delegadas da CIG conxentráronse o 12 de marzo desde as nove e media da mañá ás portas do Xulgado de Vigo, para amosar a súa solidariedade con Xabier e Alberte, traballadores do Metal da comarca de Vigo e afiliados á CIG, que foran detidos na brutal carga policial do 1º de maio do 2005, e aos que a Fiscalía solicitaba dous anos de cadea por atentado contra a autoridade e unha multa por lesións. Finalmente, o xuízo, previsto para ás dez da mañá non se chegou a celebrar, xa que a Fiscalía propuxo un acordo global no que rebaixou a solicitude, e fixouse unha condena de seis meses por resistencia, que son conmutábeis a 1.800 euros de multa.
Xuizo 1ºmaio represion II
Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG de Vigo, comparecendo diante dos delegados e delegadas ao remate do xuízo.

Os dous afiliados da CIG, Xabier, presidente do Comité de Empresa de Viza, e Alberte, traballador de Metalships, estaban chamados a comparecer o 12 de marzo ás dez da maña no Xulgado do Penal nº 3. Ían ser xulgados polos feitos que aconteceron na manifestación do 1º de maio do 2005, na que houbo unha brutal carga policial, mentres se estaba a ler o discurso final habitual. Por este motivo realizouse unha concentración de apoio e solidariedade de delegados e delegadas da CIG da comarca de Vigo, contra a represión ao sindicalismo nacionalista.
Continuar a ler en Avantar...


Nenhum comentário: